Ola a todos/as!
Hoxe despois de almorzar e preparar o picnic, collimos o bus para ir a Zilvermeer, un paque de aventuras no que pasamos ratos moi divertidos co alumnado belga de 5º e 6º.
Pola mañá montamos en pedaletas acuáticas e karts, tamén xogamos ao minigolf.
Pola tarde, despois de comer, fixemos unha actividade de aventura, unha especie de circuito con probas de diferentes dificultades e todas por enriba dun lago. Ao principio parecíanos moi difícil pero a realidade foi que agás a máis difícil que poucos conseguiron superar sen darse un baño accidental, superámolas, superando os noso medos.
A verdade é que foi moi divertido!
Despois duchámonos e antes de marchar, divertímonos nunha zona de parque onde estaba o tobogán máis longo e Bélxica.
Ao chegar ao albergue estaba esperándonos gran parte do alumnado de 6º do GBS De Bosmier para xogar un ratiño e despedirse de nós.
Preparamos a equipaxe, limpamos un pouco o albergue e ceamos.
Besiños.