Skip to Content

blogue deFuensanta

DÍA DA ÁRBORE

Este ano a celebración do “Día da árbore” foi especial para a nosa clase de 6ºB.

A Concelleira do Medio Ambiente de Burela e Begoña, a monitora de Gaia, entregáronnos unha chea de aromáticas, pois foron as protagonistas das adiviñas desta semana de celebración.

Durante este tempo, investigamos e coñecemos os pequenos segredos destas plantas e descubrimos a aromática que estaba agochada: O TOMIÑO¡¡

 

Hoxe aproveitando o bo tempo primaveral, ulimos, tocamos, clasificamos e por suposto, plantamos e regamos as plantas, formando un pequeno recuncho de aromáticas.

Que ben o pasamos¡¡

ASÍ CELEBRAMOS SAMAÍN

ASÍ CELEBRAMOS SAMAÍN

 

SEMANA DA MOBILIDADE

VISITA AO CONCELLO

A visita ao Concello de Burela foi moi interesante. Visitamos todas as instalacións do Concello e explicáronnos o seu funcionamento.

O que máis gustou foi a visita as instalacións da Policía Municipal  poder subir as motos e coches..

Pasámolo xenial!!!

 

 

BENVIDOS A UN NOVO CURSO

Un novo ano da comezo e con el novas ilusións e volta ao traballo.

Os nenos de terceiro están moi contentos. Teñen clase nova con todo o material novo e ademais... Vaia vistas!!

Esperamos que todos eles disfruten dun novo curso e aprendan moitas cousas...en especial ser boas persoas.

Un saúdo a tod@s.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut