Skip to Content

Actividades extraescolares

GRADUACIÓN ALUMNADO 6ºEI e 6ºEP

Hoxe foi un día moi especial no noso colexio xa que celebramos o acto de graduación do alumnado que cambia de etapa. Por un lado, o alumnado de 6ºA e 6ºB de Educación Infantil que deixan atrás a súa etapa inicial no cole, logo de tres cursos no centro.

 

Por outro, o alumnado de 6º A e 6ºB de Educación Primaria, que darán un paso máis grande aínda, deixando o noso centro, tras nove anos entre nós, para comezar a súa etapa no instituto. Esperamos que leven a súa mochila cargadiña de bos recordos e grandes aprendizaxes. Asegurámoslles que os imos botar moito de menos e desexámoslles moita moita sorte na súa nova andaina. O VISTA sempre terá as portas abertas para todas e todos vós. 

 
 

Aquí vos deixamos o vídeo homenaxe que preparamos con todo o noso agarimos para eles no que ademais de ver canto cambiaron, podemos recordar algúns dos seus momentos no colexio.

E xa por último, o vídeo que preparon bailando para despedirse do colexio.

Agradecer a colaboración da ANPA do centro na organización do acto e nos detalles que se ofreceron ao noso alumnado.

RETO 4: LIXO. O lixo que xeramos!

Desde o día 21 de marzo comezamos a depositar o lixo que imos xerando no centro en distintos colectores que nos prestaron no Concello para ser conscientes da cantidade e tamén da importancia de separalo correctamente, algo que aínda nos está costando.

A idea era que antes das vacacións puidesemos entre todos observar e pesar a cantidade total, pero como o tempo non o permitiu, o alumnado de 4ºA foi o encargado de realizalo.

O obxectivo desta actividade era concienciarnos e buscar solucións para tratar de reducir estas cantidades e por outro lado, compartir os nosos datos cos dos nosos socios europeos para comparalos.

Estes foron os datos obtidos no cole durante estes 15 días:

 

En maio volveremos facer outra pesada, esperando que a cantidade sexa inferior.

Agradecemos ao Concello que nos trouxera os colectores e tamén a Julio, que colaborase con nós nesta actividade!

Aprendemos sobre reciclaxe

Da man de Begoña e María José (de Gaia) o alumnado de 5º e 6º particiou nunha sesión de formación e xogo sobre os resíduos e os tipos que hai, a importancia dos 3R e empregalos da forma correcta "REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR" para evitar xerar tanto lixo e dos distintos colectores que hai (orgánico, de restos, de papel e cartón, de envases de vidro, de envases de plástico e outros máis específicos como o punto limpo, de lámpadas, de aceite, pilas...) e o lixo que debemos depositar en cada un deles e tamén o que non. Despois fixemos un xogo para poñer a proba o aprendido.

De seguro que isto contribuirá a concienciar mellor ao alumnado e as súas familias para ser máis respectuosos co medio ambiente. 

Grazas polo voso tempo e o moito que nos axudades e ensinades sempre! 

PDI: FRIENDS FOR OUR PLANET! CHALLENGE 3: PRESERVING NATURE

Xa rematamos a 1ª parte do proxecto deste curso. Fixemos un sinfín de actividades relacionadas coa natureza: investigamos sobre árbores, oficios, animais, espazos naturais... Ademais todas as conmemoracións xiraron arredor dela. Aquí podedes ver un pequeno resumo!

Agora xa estamos inmersos no reto 4 que versará sobre o lixo e como reducilo, pero para ver os resultados aínda teremos que esperar un pouco máis... O que vos podemos asegurar é que será unha avaliación moi completa, xa que recibiremos unha visita moi especial....
Distribuir contido


by Dr. Radut