Skip to Content

Vista Alegre News

Fai unhas semanas na ventá da clase da Xirafa B apareceu un niño de velutinas. Tras dar aviso ao 012, uns operarios viñeron retiralo, sendo o alumnado desta clase consciente en todo momento do proceso. Ante tal suceso, mestres e alumnos puxéronse a investigar sobre esta especie de vespas e tempo despois, quixeron compartir co alumnado de 3º o seu traballo. Os nenos e as nenas de 3º asistiron encantados á exposición e quedaron abraiados co moito que sabían sobre a materia.  

Por iso acordaron a creación dun programa documental entre ambos niveis. A grabación do programa realizámola hoxe. Como?

Pois o primeiro paso foi convertir a clase nun plató de televisión coa técnica croma, é dicir, como fan na tele, utilizando unha saba verde e facendo maxia!!

Como en calquera programa necesitabamos organizarnos: xornalistas e entrevistados, as preguntas que se farían, as respostas que se darían... e moito silencio e concentración!

Aquí tedes o resultado final, un programa especial adicado ás vespas velutinas que chamamos VISTA ALEGRE NEWS e que agardamos vos guste, porque seguro que repetiremos!!



blog | by Dr. Radut