Skip to Content

Voz Natura

RECOLLENDO OS FROITOS...

   No 1º trimestre o alumnado de 1º ciclo fumos prantar verduras de tempada de inverno ao invernadoiro, coliflor e brócoli

   

 

   Esta semana, fumos recoller os nosos froitos, sobre todo brócoli, xa que parece que á coliflor estalle costando un pouquiño máis saír!!!

         

          

 

Amor á natureza

Coa chegada do mes do amor, no Vista o alumnado de cada clase creou, na medida das súas posibilidades, un ACRÓSTICO, que é unha composición literaria formada a partir das letras dunha palabra, cuxas letras se colocan en vertical e de cada unha delas sae unha nova palabra ou verso.

Dentro do noso reto 3 conservando e protexendo a natureza, Jan e Libruxa propuxéronnos que o acróstico tratara precisamente disto: de protexela, de coidala, que é a verdadeira forma de querela ben.

Cada grupo formou o seu acróstico partindo do nome da súa árbore. Botádelle un ollo!

 

Árbores e plantas do monte galego

Libruxa e Jan propuxéronnos ao comezo de curso que investigasemos sobre unha árbore ou planta que habita o monte galego. Cada nivel investigou sobre unha, elaborando o seu DNI e decorando a porta de entrada á súa aula. Aquí tedes o traballo realizado!

Invernadoiro enfeitizado

As plantacións de outono tiveron que esperar a novembro xa que o noso invernadoiro converteuse durante uns días nun cemiterio de criaturas mitolóxicas do bosque! 

Distribuir contido


by Dr. Radut