Agora que se achega a fin de curso, quería pedir a colaboración das familias do alumnado que estivo a facer tarefas do blogue:
Poderiades enviarme un correo electrónico cun pequeno resumo daquelas actividades que foron facendo as nenas e nenos ao longo destas semanas (tipo de actividades feitas, dificultades atopadas, actividades favoritas, etc)?
Agradezo a información facilitada, que servirá de axuda de cara a adaptación curricular do curso que vén.