Skip to Content

2º de Primaria

4ª SEMANA, ACTIVIDADES PARA SEGUNDO

   Ola de novo, como todas as semanas, deixámosvos aquí novas propostas para que vaiades facendo ao longo desta semana. A través do noso correo vemos que seguides facendo as actividades que vos propoñemos, ainda que nesta situación non é algo fácil, e polas fotos que mandades o resultado merece a pena. Recordámosvos enviar fotos daqueles traballiños que vos pedimos para así poder facer a montaxe e poidades ver o que están a facer tamén os vos@s compis: acróstico de Rosalía e o mar, a actividade "a nosa mirada", os cadros de Paul Klee, e algunha simetría creativa que fixérades. Estaremos encantadas de recibilas e seguro que vos vai a gustar despois velas. 

  -  A primeira proposta que vos facemos é sobre poesía: Lectura dalgúns poemas de Gloria Fuertes, que seguro vos soan, pero non só podedes ler, tamén podemos xogar con eles: recitalos en voz alta cambiando a voz, cambiar a rima buscando outras palabras que rimen e así construír un poema novo, mesturar versos de diferentes poemas e crear un poema totalmente diferente, ilustrar os poemas....Hai moitas posibilidades, a ver qué se vos ocorre!!!!  

     Gloria Fuertes tamén ten vairos poemas para debuxar. Na última folla atópanse algúns así que collede lapis e papel, pedídelle a alguén que vos lea o poema, e a debuxar!!! a ver que sae. Podedes xogar varios membros da familia e descubriredes cantos debuxos diferentes poden saír dun mesmo poema. 

     

 

   - A segunda proposta desta semana trátase de recordar algúns contidos de lingua e mates xogando con spinners (poden ser peonzas...). Non tedes que imprimir os modelos que vos aparecen no documento, pódese xogar perfectamente cun folio ou libreta. 

     Neste xogo tedes que poñer a proba a vosa rapidez mental e coñecemento de vocabulario, xa que teredes que escribir o maior número de palabras/números que vos indica na instrucción mentres o spinner estea xirando: 1, 2, 3, mans arriba!!! cando o spinner pare de dar voltas. 

      Ao final do documento, aparécevos unha plantilla en branco para que vós mesmos inventedes as instruccións para xogar: palabras de 4 sílabas, palabras que empecen e rematen pola mesma letra, palabras sinónimas, antónimas, polisémicas, números que teñan o 5 na decena, sumas que teñan como resultado o número 432...Hai infinitas posibilidades.  

       Incluso podedes xogar con algún membro da familia a ver quen escribe o maior número de palabras/números.  

  

      Esperamos que vos resulten divertidas e pasedes bos momentos en familia. 

      APUNTAMENTO: Este mes é o mes da arte (15 de abril) e o Día do Libro (23 de abril) que sempre celebramos no cole, polo que @s profes preparamos dúas actividades moi entretidas para facer na casa que seguro vos gustarán. Están xa colgadas na páxina principal do cole, despois da entrada dos diferentes blogs, e tamén no blog de Libruxa: https://bibliotecaceipvistaalegre-burela.blogspot.com/

     Animádevos a participar nelas porque seguro que vades aprender moito sobre arte e sobre literatura, e sobre todo vos vades a divertir.      

Actividades e recursos para a casa

 Actividades de xeometría.

3ª SEMANA CON NOVAS PROPOSTAS PARA SEGUNDO

    Ola peques, xa estamos de volta das vacacións de Semana Santa, ainda que un pouco diferentes e moooi caseiras. Seguimos dándovos ánimo e intentando que dentro do que cabe poidades ir facendo algunha cousiña que estariamos facendo tamén no cole. 

    Aquí vos deixamos as propostas para esta semana, esperamos que vos gusten e, ademáis de axudarvos a repasar, vos resulten entretidas. 

     Non olvidedes ir facendo o número protagonista e a palabra do día, ou escribir o voso diario e algunha historia, receita...das actividades propostas na primeira semana. 

    1.- un pouquiño de repasiño de mates:

 

 

 

 2.- Xogamos coas simetrías. Atoparedes diferentes técnicas para conseguir simetría. Pero primeiro imos repasar o que é a simetría: 

 

   E esta é a nosa proposta. O reto é ir paso a paso e intentar conseguir facelas todas: 

  

     

 

    Tamén podedes crear simetrías con materiais que teñades na casa: depresores, vasos, palliñas, pezas de construcción...sólo necesitades o chan. 

 

 

  3.- Paul Klee e os cadros do mar. Actividade de plástica na que se vos propón recrear un cadro do pintor Paul Klee con materiais que teñades na vosa casa. Poñede en marcha a vosa imaxinación e mans á obra!!!!

 

 

   Esperamos que desfrutedes destas propostas e vos axuden a pasar momentos entretidos en familia. Recordade enviar ao noso correo algunha foto do resultado final para facer a montaxe de vídeo.

2 DE ABRIL. DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

   Ainda que normalmente no cole celebramos o 23 de abril como o Día do Libro, quería recordarvos que hoxe, 2 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil ao coincidir esta data co nacemento do escritor Hans Christian Andersen. 

 

  Libruxa, dende a biblio do cole, pensou que vos gustaría celebrar este día dende as vosas casas...LENDO! polo que vos deixou no blog da biblio a súa particular selección para que poidades ir elexindo: ler, escoitar, recitar, rimar e incluso crear...

C.E.I.P  PLURILINGÜE VISTA ALEGRE - Burela

                    (preme na imaxe)

 Espero que vos guste  e pasedes un ratiño divertido en contacto "virtual" cos contos, sobre todo aquel@s que xa lesen estes días a maioría dos que tíñades nas vosas casas. 

     

   

Distribuir contido


by Dr. Radut