Skip to Content

2º de Primaria

Exposición Gaudí

Hoxe, os nenos e nenas de 2º presentaron ante o alumnado e profesorado de todo o colexio todo o que aprenderon durante este curso sobre a vida e obra de Gaudí.

Mirade cantas cousas nos contaron!

Saída a San Cibrao

Os nenos e nenas de 1º Ciclo fixemos unha saída a San Cibrao na que visitamos o Museo Provincial do Mar, o Faro de Punta Atalaia e fixemos unha emocionante viaxe de volta en tren. Aprendimos un montón de cousas, superamos algún que outro medo ás alturas, disfrutamos da viaxe en tren...

Día Mundial da Saúde

Con motivo do Día Mundial da Saúde, que se celebra hoxe 7 de abril, recibimos no noso cole a visita dunha nutricionista, Alba Vila.

Alba explicounos moitas cousas  que debemos tratar de poñer en práctica para estar sans: comer moitas froitas e verduras, polo menos 5 ao día, almorzar ben antes de vir ao cole e facer exercicio, etc.

 
Foi unha charla moi interesante. Grazas Alba!

RECANTOS CON ENCANTO.

Un momento que nos encanta a todos os nenos e nenas de segundo é o momento dos recantos. Seguimos aprendendo cousiñas pero de tal xeito que aprendemos sin apenas darnos conta. Amosámosvos algúns dos nosos recantos favoritos.

Distribuir contido


by Dr. Radut