Skip to Content

2º de Primaria

BENVIDOS A SEGUNDO!

Os nenos e nenas de segundo construímos unha tearaña entre todos que nos vai manter unidos durante todo o curso. Bo comezo!

Semana das Artes Plásticas na Mariña

Aquí podedes ver un resumo do traballo realizado por todo o centro para a "Semana das Artes Plásticas na Mariña".

O tema deste ano é precisamente "A Mariña", por iso no noso centro decidimos botar unha ollada ao noso arredor e fixarnos ben nas marabillas que tamén hai pola nosa zona e que non sempre apreciamos.

De feito cando cando as nosas profes nos amosaron unha silueta na clase tardamos en darnos conta de que se trataba... Confundimos as catedrais de ribadeo con pantalóns e zapatos, entre outras moitas cousas. 

Unha vez descuberto o monumento puxémonos a traballalo utilizando técnicas distintas. Para iso contamos coa axuda de tres artistas: Eva Rivas e Cristina Basanta.

 

Para ver todo o proceso, (de todo o cole )mirade o vídeo.

 

 

E nos vos esquezades de visitar a exposición con todo o noso traballo! 

SAÍDA POLA BURELA ANTIGA

O 12 de decembro os nenos/as do primeiro curso fixemos unha saída camiñando para visitar rinconciños da nosa Burela máis antiga que a maioría non coñecíamos. A fonte e o lavadero da Calle do Can, cabozos e a fonte da Vila do Medio (con parada improvisada no Belén da súa Igrexa) e os castiñeiros centenarios foron algúns dos lugares nos que estivemos. Unha longa camiñata que todos/as fixemos moi contentos!

REMATA O TRIMESTRE

O trimestre xa está rematando e é bo momento para recordar algunhas das cousiñas que fixemos dende que comezou o curso.

Empezamos saíndo no xornal no primeiro día de colexio. Fíxonos moita ilusión.

Coa chegada do outono decoramos a aula e o pasillo pintando follas con témperas e pincel.

Finger paint (pintura cos dedos) na case de plástica para pintar unha cabaza.

 

Actividades terroríficas no día de Halloween.

Gústavos o Turkey (pavo) que fixemos para o día de Thanksgiving?(Acción de Gracias).

As clases de 1º e 2º vamos facer un composteiro aproveitando os restos das comidas que traemos para comer no recreo. As monitoras de GAIA explicáronos como facelo. Gracias! Xa o temos no noso patio.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut