Skip to Content

2º de Primaria

CONTO CONTADO

 

 Aquí vos deixamos un conto para escoitar sobre o coronavirus e a situación que estamos a vivir nestes momentos. Fixádevos na cantidade de figuriñas que se poden ir facendo cun só papel: 

 

 

2ª SEMANA. NOVAS PROPOSTAS

 

 Ola a tod@s de novo, espero que este confinamento estea sendo o máis levadeiro posible dentro do que cabe, con ánimo e sen desesperanza. Despois de ler os vosos correos, estamos ao tanto das vosas dúbidas, inquietudes e tamén suxerencias. Actualizamos hoxe as nosas propostas para ir facendo ao longo da vindeira semana. Botádelle un vistazo, vade elexindo a que máis vos guste para empezar e a seguir!!!!

  Para Mates:  

 

 

Para E. Plástica e Linguas: 

 

 Mandade algunha foto do resultado final desta actividade, para a montaxe en vídeo.

 Pero tamén hai que liberar enerxía e esta é unha boa oportunidade de mover o equeleto todos xuntos. Animádevos e a bailar un pouquiño!!!

 Premede na páxina que vos aparece abaixo e veredes 16 coreografías infantiles de pelis e cancións moi coñecidas por tod@s: 

http://www.ayudaparamaestros.com/2020/03/16-videos-just-dance-para-que-los-ninos.html

 

 Como suxerencia, tamén vos recomendamos ir recompilando todo o traballo que se vaia facendo na casa na carpeta dos nen@s e así, á volta, poidamos facer un "CADERNO DE BITÁCORA", xunto co material que cada un/unha aínda ten no cole das diferentes materias. 

  É importante que mandedes algunha foto, como algúns xa estades a facer, á nosa conta de correo daquelas actividades nas que se vos pida fotos, como a do acróstico de Rosalía ou algún acróstico que fagadas pola vosa conta, poemas ilustrados, algún libriño ou historia que xa rematárades (recetario, diario, contos...), a actividade das fiestras...así poderemos facer un vídeo para que tod@s vexan o que están a facer os seus compis. Seguro que tamén é moi motivador para ele/as ver as súas creacións colgadas no blog do curso. 

  Recordámosvos tamén que os blogs das especialidades tamén están actualizados con recursos e actividades que podedes consultar.

DÚBIDAS E PROPOSTAS

Estimadas familias, 

remitímosvos aquí dous correos electrónicos, un para 1º de E.P. e outro para 2º de E.P. , nos que vos podedes poñer en contacto con nós para resolver dúbidas, enviarnos fotos de traballos xa rematados como o da poesía, debuxos...para ir facendo algún vídeo e colgalo para que o vexan o resto dos compis...

1º E.P. : 1curso.alegre.vista@gmail.com

 

2º E.P. : 2curso.alegre.vista@gmail.com

 

  Ao longo desta semana iremos actualizando as nosas propostas nas distintas áreas. 

  Un saudiño a tod@s. 

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA.

Resultado de imagen de día da poesíaResultado de imagen de día da poesía

 

 

   Hoxe, 21 de marzo, conmemórase o Día Mundial da Poesía. Como soemos facer no cole para celebrar este día, intentamos propoñer aos nos@s nen@s unha actividade conxunta que relaciona o día da poesía, día de Rosalía e a temática do noso proxecto anual do centro, o mar. 

  Neste momento de cuarentena, nunca houbo tanto tempo para nós mesm@s, para a familia, para ler, para xogar cos nosos, para facer na casa cousas pendentes...para crear c@s nen@s poemas orixinais e creativos a través de xogos de palabras, rimas, ritmos, musicalidade...

    PROPOSTA 1:  Rosalía de Castro non ten moitos poemas marítimos ou sobre o mar, por iso decidimos, alá por xaneiro, partir dunha ilustración de Miguelanxo Prado titulada "Rosalía e o mar", que os pequeniñ@s de 3 anos de infantil xa estaban recreando en formato plástico para este día.

Resultado de imagen de rosalía e o mar

     O resto do alumnado de infantil e de 1º ciclo daríalle vida a través das palabras creando ACRÓSTICOS co nome de Rosalía con rimas relacionadas co mar. 

   Para isto, ahí vos deixo un pdf cunha plantilla para descargar ou copiar nun folio ou cartulina e facer o voso acróstico e, ao lado, unha pequena ilustración do mesmo:

 

     

 

  Así como algún exemplo de acrósticos para que vos poda axudar: 

 

Resultado de imagen de acrósticos ejemplosResultado de imagen de acrósticos ejemplos

 

Resultado de imagen de acrósticos ejemplos

 PROPOSTA 2: seleccionamos  algúns poemas  que están relacionados coa temática do noso proxecto anual de centro, o mar.

      As actividades que propoñemos son moi sinxelas :

 

  • Lede os poemas e animádevos a facer vós outro poema cambiando as rimas finais, elexindo unha estrofa e continuar con outra creada por vós, xogar cos versos e elexir varios ao azar de varios poemas e despois xuntalos para crear un novo... 
  • Tamén podedes facer unha ilustración ou debuxo dalgún dos poemas que máis vos gustou.

 

 

Animádevos a elexir unha destas dúas propostas, a xogar coa palabra Rosalía e as rimas do mar, as súas cores, sons, animais, oficios...Cando teñades listo o voso acróstico, poema ou ilustración enviade unha foto a esta dirección de correo e logo veredes un vídeo co resultado: 

2curso.alegre.vista@gmail.com

 

Distribuir contido


by Dr. Radut