Skip to Content

2º de Primaria

7ª SEMANA. MINI-PROXECTO DE CIENCIAS. 2º E.P.

  Ola de novo peques, xa vamos pola 7ª semana de traballiño. Espero que sigades todos ben e con ánimo, agora que xa podemos saír un pouquiño á rúa. 

  Esta semana imos a aprender xuntos en familia experimentando e divertíndonos xa que para realizar esta actividade necesitamos a supervisión dun adulto. A proposta é un pouquiño diferente, e debedes de facela tod@s. Imos experimentar, facer hipótesis, anotar observacións e finalmente, chegar a unha conclusión. 

Libro de colorear, médico y enfermera ilustración de libro de colorear médico y enfermera y más banco de imágenes de colorear libre de derechos

       Temos que responder á seguinte pregunta: 

Como se pode obter o sal que usamos para cociñar?

   Para iso imos facer un pequeno experimento: 

- Podemos ir á praia e recoller nunha botella auga salgada. Aqueles que non teñen a oportunidade de ir á praia, moi sinxelo, collen auga doce e bótanlle un pouco de sal mariña. 

-  Vaciamos a auga salgada nun ou varios recipientes fondos e deixámolo nun lugar onde lle dea ben o sol. Noutro recipiente colocamos auga doce. 

 - Ao longo dos días/semanas iremos observando que sucede cos dous tipos de auga. No caderno de observación que vos deixamos a continuación teredes que ir anotando todo o proceso deste experimento. 

 - Unha vez rematado e completado o caderno de observación, debedes de gravar un vídeo cortiño onde expliquedes coas vosas palabras o proceso deste experimento: que fixéstedes primeiro, que observástedes ao longo dos días, ao final que pasou e cales foron as vosas conclusións. 

  O vídeo tédelo que mandar ao noso correo que vos recordamos: 2curso.alegre.vista@gmail.com

 

   CADERNO DE OBSERVACIÓN para descargar:   

 

    Tamén vos deixamos neste symbaloo, algúns vídeos con información que seguro vos resultará moi útil para obter datos importantes:

   

  Resumimos a actividade: 

- Unha parte práctica de experimentación e investigación: facer o experimento coa auga salgada.

- Unha parte escrita: tempo de observación: Como pequenos científicos tedes que ir completando o caderno de observación cada dous ou tres días para rexistrar as vosas observacións e experiencias

- Unha parte de expresión oral: tempo de reflexión: gravar un vídeo explicando o experimento e as conclusións ás que se chegan.

   Para aquel@s nen@s aos que vos chegan as copias impresas á casa, podedes ir escribindo a evolución do experimento nunha libreta e cando vos cheguen as copias do caderno de observación xa o ides pasando a limpio para que quede máis clara a presentación, xa que a entrega de copias a domicilio se fai cada 15 días e non vos chegaría esta semana. 

     Tamén podedes sacar algunha foto do experimento para enviarnola por mail ou para incluíla no caderno de observación.  

                                           

                        LETRAS GALEGAS 2020

CENTRO GALEGO DE VALENCIA | CGV (1966-2020)

 

- Dende o cole propoñemos a actividade que está colgada na páxina principal da nosa páxina web. Animádevos a participar continuando o vídeo que empezado pol@s profes: 

CEIP Plurilingüe Vista Alegre BURELA |

-  dende o blog de Libruxa podedes atopar diferentes actividades e lecturas en galego por si queredes botarlles un vistazo. 

A BIBLIOTECA DE LIBRUXA | CEIP Plurilingüe Vista Alegre BURELA

   Aquí vos deixamos dous enlaces:

- actividades online do seminario galán para 1º e 2º de E. P. 

  http://seminariogalan.org/inicio/ver/464

  http://seminariogalan.org/inicio/ver/466

  http://seminariogalan.org/inicio/ver/463 

 

- lecturas e contacontos en galego online ou para descargar:

 http://bibliotecaceipvistaalegre-burela.blogspot.com/2020/05/letras-galegas-lectura-en-galego.html

 Para ir rematando, noraboa aos tres gañadores de 2º da actividade das adiviñas literarias "a ruta do libro 2020" para conmemorar o Día do Libro. Libruxa está preparando un pequeno agasallo para vós e máis para o resto de participantes.

 Tamén darvos as grazas pola vosa participación na actividade proposta para o Día Mundial da Arte. A verdade é que fixestes unhas recreacións moi traballadas e imaxinativas. Aquí vos deixamos o enlace ao blog de Libruxa por si queredes botarlle unha ollada ao vídeo: 

http://bibliotecaceipvistaalegre-burela.blogspot.com/2020/04/dia-mundial-da-arte.html

 Boa semana!!!!!

6ª SEMANA. NOVAS PROPOSTAS PARA 2º E.P.

    Ola peques, comeza outra nova semana e colgamos novas propostas de actividades que esperamos vos resulten entretidas ao mesmo tempo que vos axudan a repasar. 

    Recordámosvos que podedes enviarnos ao correo de 2º nivel fotos de actividades que vaiades facendo, preguntarnos dúbidas que teñades con algunha delas, que incluso podedes retomar propostas que vos puideron quedar pendentes doutras semanas xa que quedan ahí colgadas na táboa da primeira entrada. 

   Dentro duns días faremos as montaxes das actividades "Rosalía e o mar", "A miña mirada" dende a fiestra, a recreación dos cadros de Paul Klee ou das composicións de simetría... cos traballos que nos fustes enviando. Se alguén non os fixo ainda e se anima a facelos ao longo desta semana, aínda estades a tempo, así despois poderedes ver as vosas creacións no vídeo que colgaremos neste blog. 

     Tamén podedes seguir enviando esta semana as fotos coas vosas recreacións do Día da Arte dalgún cadro que elexistes ao correo da biblioteca de Libruxa: biblioteca.ceipvistaalegre@gmail.com

 

       1.- O MEU RINCÓN LITERARIO:  xogamos novamente coa poesía de Gloria Fuertes e intentaremos construír o seu poema "Supermercado en Animalandia" como se fose un puzzle onde temos que buscar e encaixar as rimas. Tamén con algúns poemas do libro "O meu gato é un poeta" do escritor galego Fran Alonso, axudándolle ao gato poeta a construír novos poemas, cambiando palabras, buscando rimas, e incluso preparándolle un "menú rimado" moi especial. 

 

     O MEU GATO E UN POETA | FRAN ALONSO | Comprar libro 9788499142111

 

  

 

  2.- SCATTERGORIES NUMÉRICO: Seguro que xa practicástedes a semana pasada cos scattergories de palabras polo que agora vos propoñémos varios scattergories ou Basta numéricos. Moi concentrad@s para poñer a proba a vosa axilidade e cálculo mental. 

 

 

 

   3.- Tamén vos propoñemos este novo xogo online da tabla do 100 que tantas veces empregamos na clase. Tedes que descifrar un código para desactivar a alarma. Para isto recordade o que significan os símbolos: 

 

simbolos-abn

 

   Desactiva la alarma en la tabla del 100 - Penyagolosa e-duca

Ao principio tedes un exemplo explicando cómo se xoga. Despois xa podedes empezar a xogar!!! Podedes facelo dende o ordenador, tablet ou móvil. 

 http://www.penyagolosaeduca.com/ca/desactiva-la-alarma-en-la-tabla-del-100/

      Cando xa teñades práctica podedes crear vós mesm@s o vosos códigos nun folio e xogar na tabla do 100 que tedes na casa. 

5ª SEMANA. PROPOSTAS PARA 2º E.P.

  Ola de novo, xa vamos pola 5ª semana de propostas de actividades para os nen@s de segundo. Recordarvos que son proposas para repasar e reforzar o traballado en clase ao longo do curso. Incluso se vos apetece retomar ou facer algunha das que xa se propuxeron pero ainda non fixéstedes, sen problema, xa que non desaparecen do blog. As entradas de todas as actividades que vamos colgando podédelas atopar sempre na tabla verde ao principio do noso blog. 

   Esperamos que esta semana sexa un pouquiño máis animada e menos estresante xa que por fin podemos saír á rúa, pouquiño tempo e tomando todas as precaucións que nos indican, pero algo é algo, e seguro que tod@s o estabades desexando. Ainda que seguro queredes xogar e falar cos vosos amig@s, temos que pensar que cada día queda menos, e pouco a pouco todo esto irá pasando e nos volveremos a xuntar, ir ao parque, xogar tod@s xuntos....

   

   1.- a primeira proposta chámase "binomios-trinomios fantásticos", unha maneira creativa e divertida de practicar a escritura a través de pequenos párrafos ou pequenas historias. 

   Lede con calma o pdf que vos deixamos a continuación xa que ahí está explicado en que consiste a actividada e como podedes facela. Despois aparecerán tres documentos para ir practicando que podedes imprimir, pero tamén podedes escribir o binomio ou trinomio na vosa libreta ou folio sen necesidade de imprimir o orixinal. 

 

 

   Practicamos primeiro con estes binomios e trinomios fantásticos xa feitos. Sería convinte que algúns estivesen escritos en castellano e outros en galego. Despois crearedes vós os vosos propios binomios-trinomios: 

 

 

 

 

   Agora que xa practicástedes bastante con binomios xa feitos, podedes facer os vosos propios seguindo os pasos que vos indicamos no pdf do principio. Tamén podedes usar este xogo de dados que vos propoñemos a continuación. 

 

 

2.- A segunda proposta trátase dun divertido xogo que seguro xogastes algunha vez: Scattergories de palabras. Con este xogo practicamos vocabulario, ao mesmo tempo que axilidade e rapidez mental. 

  Apareceranvos scattergories xa creados, para empezar a xogar, pero despois podedes poñer vós as categorías que queirades ou empregar as tarxetas que vos incluimos no documento (de 4 ou 6 categorías) coa tabla de scattergories para 4 ou para 6 categorías xa preparadas. Ao final, tamén vos aparece unha plantilla para ir anotando a puntuación, por si queredes utilizala.

 

 

   Esperamos que vos divirtades esta semana facendo estas propostas ou algunhas das anteriores. 

   Un abrazo virtual mooooooi grande das vosas profes!!!!

  

Distribuir contido


by Dr. Radut