Skip to Content

12ª SEMANA. ÚLTIMA SEMANA, CHEGAN AS VACACIÓNS

  Ola peques, chegamos á que sería a derradeira semana de cole na que estaríamos tod@s nervios@s preparando o festival de fin de curso, a semana de entrega das notas, de despedidas, de alegrías porque comezan as vacacións. 

  Esta semana non vos imos propoñer actividades novas, sabemos que xa estades cansos, pensando no verán e na praia. Ainda que hai que andar por ahí con moito sentidiño, xa apetece tomar un descansiño. Así, podedes ir rematando os cuadernillos interactivos que tedes adxudicados na páxina de Liveworksheets, entrando coa mesma conta de usuario e contraseña que tedes dende o principio. 

  Aqueles que queirades seguir repasando un pouquiño durante o verán podedes retomar calquera das propostas feitas ao longo destas semanas neste blog, xa que vos quedarán ahí colgadas para que volvades a elas cando queirades. Tamén vos deixamos un cuadernillo interactivo de repaso global para que, durante as vacacións, non olvidemos o que fumos aprendendo estes meses. 

 

 
 
 

Identificación de alumno/a

Usuario: 

Contraseña: 

Proporcionado por Live Worksheets

  A guía de recomendacións lectoras non podía faltar para o verán. Tamén está publicada no "Blog de Libruxa". Recordade que é moi importante a estas idades ler un pouquiño todos os días xa que favorece a comprensión lectora, o ritmo lector, a ortografía e, como non, a imaxinación e creatividade dos nos@s nen@s. 

    Queremos despedirnos de vós e desexarvos un moi bo verán. Disfrutade, divertídevos e para o ano empezaredes unha etapa nova e diferente. Tamén queremos agradervos ás familias a vosa comprensión nestas últimas semanas nas que vivimos unha chea de cambios aos que non estamos acostumados e na que tod@s, como profesionais e como familia, tivemos que reinventarnos e readaptarnos. Graciñas. 

 



blog | by Dr. Radut