Skip to Content

11ª SEMANA. PROPOSTA DE 2º PRIMARIA

   Ola outra vez, unha nova semana despois deste pequeno festivo das festas. Cada vez queda menos e xa case está rematando o curso. Supoñemos que con este tempo de sol e agora que podemos saír un pouquiño máis xa non apetece moito poñerse a traballar, pero temos que intentar manter o ritmo de traballo e o repaso. Un pouco cada día, sin agobios nin prisas. Como vedes, nin o traballiño colgado en anteriores semanas, nin os cuadernillos interacitivos destas últimas, se van borrando. Siguen ahí para que se poidan retomar cando queirades. Incluso para repasar no verán. 

    Aquí vos deixamos a proposta de actividades para estes días que será un cuaderno interactivo de lingua galega. Simplemente aclararvos unha cousiña con respecto a algunhas fichas. Nesta ocasión apareceránvos algunhas actividades de escritura libre, como elaborar unha lista da compra, crear algunhas oracións, clasificar palabras, continuar unha historia, algunhas respostas ás lecturas... Nestes casos, as fichas están diseñadas como de "escritura libre", polo que esa parte non se autocorrixe cando lle dades a terminado. Revísámola nós cando entramos nos vosos cuadernillos, e si hai algo que correxir xa o escribimos na propia ficha, coma sempre. Na clase presencial, borraríase e volveríase a facer, xa que é algo natural do proceso de ensinanza-aprendizaxe, pero agora non fai falta que a volvades a facer, porque vos borra todo, si non queredes. Simplemente é para que vexades cal é o erro/fallo. 

 

 

Identificación de alumno/a

Usuario: 

Contraseña: 


Proporcionado por Live Worksheets

 

   A semana pasada propuxémosvos a actividade do ABRAZÓMETRO, que algúns xa fixéstedes e quedaron moi, pero que moi bonitos e orixinais. Esta semana, para aqueles que queirades deixar un pouquiño o ratón e o teclado do ordenador, e xogar coas vosas mans e unhas follas de papel deixámosvos algo de origami para que vos divirtades creando peixiños de diferentes maneiras: 

 

 

   Moooooooooi boa semana a tod@s!!!!!!!  Aquí vos deixamos tamén unha montaxe en formato libro con traballiños poéticos que nos fustes mandando. Así tamén aproveitamos un pouquiño para adicarlle tempo á lectura. Esperamos que vos gusten: 

 

 



blog | by Dr. Radut