Skip to Content

DESPEDIDA CURSO 2019-20: A NOSA PEQUENA HOMENAXE A TOD@S VÓS

  Rematou un curso diferente...ao longo destes meses reinventámonos tod@s: profes, alumnado e familias. Rematamos unha etapa sin festas de fin de curso, nin abrazos de despedida. Esperamos que nos servira para darnos conta do importante que é a familia, pero tamén os amig@s, as apertas, os bicos...en difinitiva, o contacto e a empatía social e emocional. 

   Felicitámosvos a tod@s, especialmente @s peques, polo traballo realizado, polo esforzo extra, polo valentes que sodes... e mentras comeza un verán cheo de incertidume de cara a unha nova etapa que comezaredes con moita ilusión o vindeiro curso, queremos, dende a nosa casa, mandarvos a nosa pequena homenxe a tod@s vós, por todos os momentos compartidos nestes dous cursos; as risas, os choros, as felicitacións e as riñas, as saídas e excursións, os días especiais, os xogos no patio, os contos da biblio...e tamén por todos eses momentos que nos quedaron por compartir e desfrutar. 

SODES UNS/UNHAS CAMPEÓNS/CAMPEONAS!!!! Adicado a todos os nenos e nenas de segundo e ás súas familias. Esperamos que vos guste: 

 
 

 



blog | by Dr. Radut