Skip to Content

10ª SEMANA. ACTIVIDADES 2º E.P.

  Ola peques, comeza outra semana e con ela unha nova proposta de actividades. Xa sabemos que cada vez costa máis poñerse a traballar, que estades cansados e que parece que o cole queda moooooi lonxano, pero debemos seguir repasando un pouquiño, neste caso un caderno interactivo de mates. Esperamos que vos esté resultando máis ameno e motivador facer o traballo online, ainda que sabenos que algunhas fichas da semana pasada deron problemas coas correccións, xa que depende moito da configuración da ficha no propio programa: orden das palabras, maiúsculas, espazos, tildes, sílabas...

 

Carpeta de aprendizaje: Relación entre los objetivos y los ...

   A maneira de entrar é igual que a semana pasada. Dende esta entrada do blog, empregades o voso nome de usuario e contraseña. Agora apareceranvos adxuntados o caderno de lengua castellana da semana pasada, para aquel@s que teñan algo pendente, e dous cuadernillos de mates con estes títulos: 

   -Para empezar:  cuadernillo para esta semana de mates. Con este cuadernillo é suficiente. 

  - Para continuar: aquel@s que rematen o anterior, e queiran seguir repasando algunha cousiña de mates, poden acceder a este caderno e ir elexindo as tarefas que máis lles chamen a atención. 

 

 

    

  

Identificación de alumno/a

Usuario: 

Contraseña: 

Proporcionado por Live Worksheets

 

     Queremos tamén deixarvos aquí unha proposta de Edicións Tralarí que nos pareceu moi fermosa nestes momentos. Chámase O ABRAZÓMETRO e consiste en crear unha ferramenta que nos permite abrazar a alguén que xa fai que non vemos, ou a quen queiramos, respetando a distancia de seguridade. Só tes que seguir as instruccións e levalo cando saias de paseo. Recordade mandarnos unha foto do voso abrazo!!!!

    

    Ademáis, deixámosvos aquí dous vídeos cunha compilación dos traballiños que fustes mandando de "Rosalía e o mar" e "As nosas miradas". Esperamos que vos guste ver algún dos vosos traballos e dos compañeir@s. Graciñas por ir mandando as fotos: 

 



blog | by Dr. Radut