Nadal
FESTIVAL DE NADAL 2013
Como sempre en Nadal, chega o momento das vacacións e do noso festival para o que preparamos un montón de actuacións: teatro, panxoliñas...
Esperamos que vos gustase moito o noso festival para o que levabamos moito tempo ensaiando e recordámosvos que as nosas actuacións foron as seguintes:
- ED. INFANTIL: "Campana sobre campana" (Coreografía)
- 1º CICLO: "¿Quién será la estrella de Navidad" (Teatro)
- 1º CICLO: "El rock de la estrella" (Panxoliña)
- 2º CICLO: "La estrella de Navidad" (Teatro)
- 2º CICLO: "Abre as portas Xesús" (Panxoliña)
- 3º CICLO: "Diólogo de los ángeles" (Teatro)
- 3º CICLO: "Xesusiño está nas pallas" (Panxoliña)
- 2º e 3º CICLO: "Santa Claus is coming to town" (Panxoliña)
Esperamos que disfrutarades moito coas nosas actuacións e se queredes recordalas premede abaixo
ÁRBORE DE NADAL
Chega o Nadal e como cada ano queremos adornaremos a nosa árbore con adornos feitos por nós mesmos con materiais de refugallo: rollos de papel.
O primeiro é pintar os nosos rollos de cores diferentes e moita purpurina para que brilen.
Despois recortar, pegar, unir... en fin, todo o necesario para facer os nosos adornos que quedaron así de bonitos:
Este é o resultado final:
POSTAIS DE NADAL 2012
Cos mesmos materiais que utilizamos para a árbore de Nadal (chapas de botellas pintadas, cartóns e botóns) elaboramos as postais de Nadal coas que participaremos no concurso de postais da Biblioteca Municipal de Sober.
ÁRBORE DE NADAL 2012
Este ano para a época de Nadal, faremos unhas bonitas bólas para a nosa árbore con cartóns, chapas de botellas e botóns.
O primeiro é recortar os cartóns con forma de bóla e despois pintalos de cores alegres.Tamén pintamos de cores alegres as chapas de botellas que trouxeron os nenos.
Despois pegamos as chapas e os botóns nos cartóns para decoralos.
E xa temos unhas marabillosas bólas para a árbore de Nadal
PREMIOS NADAL 2012
Os alumnos e alumnas do colexio participamos no Concurso de Felicitacións e postais de Nadal da Biblioteca Municipal de Sober cunhas postais feitas con material de refugallo dentro do programa Voz Natura.
Con estas postais gañamos un dos premios colectivos da Biblioteca e o alcalde Luis Fernández Guitián foi o encargado de entregar os galardóns aos nenos que se achegaron ata a Biblioteca:
AGASALLO PARA A CLASE DE INFANTIL:
AGASALLO PARA OS ALUMNOS DE 1º CICLO:
AGASALLO PARA OS ALUMNOS DE 2º CICLO:
AGASALLOS INDIVIDUAIS:
O LUNS OS NENOS PUIDERON DISFRUTAR DOS SEUS AGASALLOS NA BIBLIOTECA DO COLEXIO:
FESTIVAL DE NADAL 2012
Como tódolos anos en Nadal, facemos o noso festival con teatro, bailes, panxoliñas... Ademáis tamén estamos moi ledos porque nos deron as vacacións e achéganse a Noiteboa e a Noitevella, os doces navideños (polovoróns, turróns...) e o máis esperado: os agasallos de Papá Noel e dos Reis Magos!
Esperamos que vos gustase moito o noso festival para o que levabamos moito tempo ensaiando,recordámosvos que as nosas actuacións foron as seguintes:
- ED. INFANTIL: "Mi burrito sabanero" (Coreografía)
- 1º CICLO: "Secuestraron a Papá Noel" (Teatro)
- 2º CICLO: "¿Quién es el verdadero protagonista de la Navidad? (Teatro)
- 3º CICLO: Un Nadal no Polo Norte (Teatro)
- 2º e 3º CICLO: "The Sata Claus song" (Panxoliña)
Esperamos que disfrutarades moito coas nosas actuacións, se queredes recordalas premede abaixo
VISITA PAPÁ NOEL 2012
No derradeiro día de cole, antes das vacacións, os nenos e nenas do colexio e os máis pequenos do PAI recibiron unha visita especial: PAPÁ NOEL!
Todos estaban moi emocionados pois xa levaban varios días esperando a que chegara, foi un momento moi fermoso e ledo no que os nenos e nenas recibiron unhas chuches e o calendario elaborado pola ANPA para 2013 coas fotos dos nosos alumnos.
VISITA DOS REIS MAGOS (Nadal 2012)
A través do programa "Lingua de Reis" organizado polo Servizo Galego de Normalización Lingüística e o Concello de Sober, os nenos do colexio e do PAI recibirón na biblioteca do noso centro a visita das súas maxestades de Oriente que viñan a recoller as cartas de tódolos nenos e nenas.
Os reis explicáronlles aos nenos que poden escribirlle en calquera idioma xa que eles entenden todas as linguas e, como non, o galego tamén.
VISITA PAPÁ NOEL 2011
Outro ano máis chega ao colexio Papá Noel cargado de ilusións, chuches e os calendarios que regala a ANPA
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »