DÍA DAS ESCRITORAS: YOLANDA CASTAÑO (19/10/2020)
Hoxe 19 de outubro, conmemoramos no colexio o Día das Escritoras que é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas coa intención de reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Co lema "O esforzo cotián das mulleres" desde a biblioteca do colexio en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal quixemos dedicarlle este día á escritora galega YOLANDA CASTAÑO ilustrando e recitando algúns poemas do seu libro Verdedades (Ed. Biblos).
Outro dos libros que traballamos foi Punver (Ed. Galaxia), un libro no que a autora conta as aventuras dun pequeno punki vermiño que non ten mal corazón pero é un desastriño.
Para coñecer a historia de Punver podedes escoitar o seguinte podcast no que Dunia e Julia narran as aventuras do vermiño nunha emisión de Lecturradio, o programa para escoitar lecturas na nosa radio.