Camiño do Pazo, s/n (Sober) Tfno. 982 87 08 41 e 982 87 08 42.

VISITA A GANDERÍA CASA DA ESCOLA (19-09-2019)

   Hoxe, grazas a invitación de Noelia e Diego, pais do noso alumno Darío e do noso ex-alumno Héctor; fomos de excursión á Gandería Casa da Escola en Gundivós. Unha gandería que pertence a OVICA (Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia).

    Na súa explotación gandeira teñen gando porcino e ovino nun réxime semiextensivo que consiste en que o gando está a maior parte do tempo en liberdade pero eles coidan de que non lles falte de nada.

    Nesta visita puidemos coñecer parte do seu traballo dedicado ás ovellas: desde ceibalas ata prepararlles a corte para cando volven do prado.

 

 

   Ademais tamén participamos na gravación do programa da TVG Cos pés na terra, onde recolleron a opinón da nosa directora e doutros alumnos do centro.

 

  

    Unha experiencia moi enriquecedora na que o alumnado aprendeu moitos aspectos relacionados coa cría e mantemento dos animais pero tamén nos serviu para reflexionar sobre a importancia do medio ambiente, do respecto aos animais e a natureza, da posibilidade de vivir no rural e da importancia de esforzarse para acadar o que nos propoñemos.

   Para rematar, os nosos anfitrións agasalláronnos cunhas pequenas ovellas de flocos de millo que fixeron as delicias do noso alumnado.

 MOITAS  GRAZAS  POR  ESTA  INVITACIÓN!!

VER  TODAS  AS  IMAXES  DESTA  EXCURSIÓN

 

REUNIÓNS COLECTIVAS INICIO DE CURSO (17/09/2019)

17  DE  SETEMBRO

    REUNIÓNS  COLECTIVAS  PARA  PAIS,  NAIS  OU  TITORES  DO  NOSO ALUMNADO  COS   SEUS  CORRESPONDENTES   TITORES  NAS  RESPECTIVAS  AULAS

 15:45 HRS: EDUCACIÓN INFANTIL, 4º, 5º  e  6º  DE  PRIMARIA

 16:15 HRS: 1º,  2º E  3º  DE  PRIMARIA

 

 

 

 

BENVIDOS!!

BENVIDOS AO  NOVO  CURSO  ESCOLAR  2018 / 2019

 

lápiz animado

 

O 11 de setembro no horario habitual (9:45 - 15:45);

 

comeza o novo curso escolar para Ed. Infantil e Primaria.

 

Os servizos de transporte e comedor funcionarán con normalidade desde

o primeiro momento para todo o alumnado.

 

 

Esperamos que veñades con moita ilusión despois de todo o verán, con entusiasmo

 

e cun montón de ganas de aprender cousas novas.

 

 

 

Estámosvos esperando... BENVIDOS!!

 

 

 

RETO LECTOR - VERÁN 2019

 
Pero non fagades trampas...
non vale coller  o  libro só para a foto!!
 

FESTIVAL FIN DE CURSO 2018/19

     Outro curso máis que remata...

     Para decirlle adeus ao 2018/19, preparamos un festival de fin de curso cheo de grandes actuacións de todos os nosos alumnos e alumnas que esperamos que vos gustaran moito.

     Se vos gustaron tanto como para repetir, podedes volver  a velas a continuación!!

 

 

 TAMÉN  PODEDES  ACCEDER  ÁS  FOTOGRAFÍAS  DO  FESTIVAL  NO  ENLACE:

GALERÍA  DE  IMAXES

PREMIOS AOS MÁIS LECTORES (21/6/2019)

   Como cada ano cando acaba o curso, desde o Equipo de Biblioteca facemos entrega duns agasallos aos nenos e nenas que máis libros da biblioteca do colexio len .

 
  NORABOA  A  TODOS!!

   ESPERAMOS  QUE  SIGADES  LENDO  NO  VERÁN!!!

 

VOLUNTARIADO DE LECTURA - A: DESPEDIDA 2019

    Unha das actividades coas que rematamos o curso é a despedida dos biblioaxudantes que forman parte do programa de Voluntariado de Lectura - A integrado dentro do programa Bibliotecas Escolares Solidarias.
 
   Neste acto facémoslles entrega dos diplomas enviados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social e das camisetas enviadas desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares.
 
MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  LABOR  DURANTE  TODO  O  CURSO!!
 
 
ALUMNOS  DE  6º.... DESEXÁMOSVOS  TODO  O  MELLOR  NO  INSTITUTO!!
 
ALUMNOS  DE  5º...  ESPERAMOS  VOLVER  A  CONTAR  CON  VÓS  O  VINDEIRO  ANO!!
 
Distribuir contido