A LINGUA A P(L)ACER

    No marco das actividades realizadas para conmemorar o Día do Libro contamos no centro coa compañía de teatro infantil 'A trastenda dos contos' que representou 'A lingua a p(l)hacer'.

    Esta  actividade chega dende o ciclo Cultura no Camiño, que patrocina nun 50% a Xunta de Galicia a través do AGADIC, e no outro 50 % o Concello de Sober.

    Nesta actividade, Caxoto, o gran director da Orquestra Poli-afónica de Santiago de Con-pistolas contounos a historia de Sabela; unha nena que quería aprender a tocar un instrumento pero non sabía cal. A través desta nena e deste conto; puidemos coñecer moitos instrumentos musicais.

  Caxoto

 

Esta actividade, foi noticia nos xornais da nosa comarca:

A  VOZ  DE  GALICIA:

O  PROGRESO

    A continuación podedes ver varios momentos desta sesión nos seguintes vídeos:

1. A orquestra poli-afónica formada polos nosos nenos:

2. A saia da Carolina interpretada con diferentes instrumentos:

- O birimbao:

- A ocarina:

- A frauta de nariz

3. Aquí tedes un par de vídeos sobre as castañolas:


4. Escoitamos un novo instrumento: a gaita

 

Máis vídeos estarán dispoñibles proximamente