SAN VALENTÍN 2014: A HISTORIA DE DON PEDRO E DONA INÉS DE CASTRO

    Este ano o día de San Valentín coñeceremos a historia de amor de D. Pedro I rei de Portugal e Dona Inés de Castro, filla dos condes de Lemos e a única raíña da historia que reinou despois de morta.

    Esta historia aconteceu aproximadamente polo ano 1350.

A  HISTORIA  DE  DON  PEDRO  E  DONA  INÉS

Hai moitos anos, no pequeno reino de Portugal, vivía un príncipe chamado Pedro.

Pedro creceu ata que os seus pais, os reis de Portugal, mandárono  casar coa bela e doce Constanza. Pero cando Don Pedro coñeceu a Dona Constanza, tamén coñeceu a súa prima Dona Inés que a acompañaba para a voda.

Don Pedro e Dona Constanza casaron nunha fermosa voda; pero en realidade os príncipes non se amaban verdadeiramente como nos contos de fadas, pois a Pedro non lle gustaba Constanza. O príncipe Pedro amaba a Inés de Castro, a prima da súa esposa.

Os anos pasaron e Constanza estaba cada vez máis triste, ata que un día morreu ao dar á luz un bebé chamado Fernando.

Despois da morte de Constanza, Pedro e Inés puideron estar xuntos e dese amor naceron catro fillos.

Máis non acabaron aquí os problemas desta parella de namorados senón que aínda tiñan un problema moi grande: a Don  Alfonso IV, pai de Don Pedro e rei de Portugal non lle gustaba Dona Inés. Por iso, mandou a tres asasinos para que a mataran mentres Pedro estaba de caza.

Cando Pedro chegou a casa da súa cazaría, atopou o seu amor caído no chan, xa sen vida.

D. Pedro quedou destrozado, pero nin por iso cruzou os brazos. Mandou matar os asasinos e ordenou que fosen construídos dous túmulos magníficos, un para Inés e outro para cando el morrese, que foron colocados no fermoso Mosteiro de Alcobaça.

Cando Pedro chegou a ser rei de Portugal, mandou desenterrar a Dona Inés. Vestiu os seus esqueleto cun traxe de noiva e casou con ela facendo que aínda que estivese morta chegara a ser Raíña de Portugal.

Co paso do tempo, D. Pedro fíxose maior e morreu e os dous amados puideron finalmente durmir o sono eterno, fronte a fronte, nos brazos do belo e encantado Mosteiro de Alcobaça.

 

    E se vos gusta máis a poesía aquí tedes un poema escrito por uns nenos portugueses que conta esta historia en verso:

Dona Constanza chegou

e Dona Inés a acompañou

Pedro despois de que a mirou

perdidamente se namorou.

 

 Na Quinta das Bágoas

encontros secretos marcaban

xuntos paseaban

e ás escondidas se namoraban.

 

Dona Constanza morreu

cando Don Fernando naceu

Pedro e Inés xuntos continuaron

e a Don Alfonso enfadaron.

 

 Mentres  Don Pedro cazaba

Dona Inés en casa cos fillos estaba

Don Alfonso a oportunidade aproveitou

e matala a uns asasinos mandou.

 

D.Pedro, decidiu a Doña Inés vingar

e aos dous asasinos conseguiu matar

Tras morta a coroou Raíña de Portugal.

 

En Alcobaça, dous túmulos mandou construír,

Onde agora están a durmir!

    Aquí os deixamos unhas fotos de todos os nenos e nenas do colexio traballando sobre esta historia.

Traballando na biblioteca  Traballando na biblioteca

Traballando na biblioteca  Traballando na biblioteca

   Esperamos que esta historia vos parecese interesante sendo como era ela de Monforte onde existe unha rúa co seu nome.

corazón san valentín