I CROP COMARCAL (17 - Maio)

    A biblioteca do noso colexio, como centro dinamizador da vida escolar; acaba de acoller a I Crop Comarcal.

    Unha crop é unha xuntanza de persoas que fan scrapbooking; é dicir calquera cousa que se vos poda ocurrir que se pode facer con papeis e outros materiais decorativos. Concretamente, nesta crop a profesora Manoli Navarro foi a encargada da parte de scrap na que fixemos un álbum con papeis musicais; ademais, nesta crop tamén existiu un taller de costura impartido por Loli López no que se fixo unha cobertura de tela para o álbum.

    Para empezar, temos que pintar os cartóns que temos nos nosos kits e que servirán de tapas para o álbum:

Kit de material  Pintando as tapas do álbum

    Unha vez que temos as tapas pintadas empezan os talleres en sí; por un lado temos o taller impartido por Manoli Navarro que, como xa dixemos, se encarga da parte de scrap e de confeccionar o álbum con papeis; e, por outro lado, o taller de Loli no que se coserá a cobertura de tela.

O taller de Manoli  O taller de Loli

    Ata houbo un sorteo de material de scrapbooking e artesanía donado polas propias talleristas e por casas comerciais como Cantón de Monforte de Lemos.

Sorteo

   Para rematar, mostrar as fotos do proxecto que levamos a cabo; resultado de todo un día de traballo:

 

    Se queredes saber máis cousas sobre scrap ou ver algunhas das fermosas cousas que se poden facer, non dudedes en visitar o blog da nosa tallerista no seguinte enderezo:

Ese rincón del corazón