Complementarias

LOLA DE PENELAS. UNHA MULLER PARA O 8 DE MARZO

08/03/2016 12:15
Europe/Madrid

8  DE  MARZO

CONMEMORACIÓN  DO  DÍA  DA  MULLER  A  TRAVÉS  DA  FIGURA  DE  LOLA  DE  PENELAS

(OLEIRA  DE  GUNDIVÓS)

 

PREMIOS DO CONCURSO DE CONTOS "UN JUGUETE, UNA ILUSIÓN" (19-1-2016)

    Xa chegaron os premios do XII Concurso Solidario de Contos "Un juguete, una ilusión" para os nosos finalistas de 1º e 2º de Primaria.
 
 
Aquí podedes ver a estes alumnos posando felices coa recompensa ao seu esforzo e traballo:
 
 
 
 
 
 
 

   O premio consistía en varios xoguetes de campaña mais unha copia do seu conto "Todos contra o cambio climático"

   
      Tamén houbo un agasallo para a biblioteca, un xogo de dominó de Rik e Rok, os protagonistas do conto.
 
 
    A continuación, deixámosvos os recortes dos xornais que se fixeron eco desta noticia:
La voz de Galicia, 21/01/2016
El Progreso, 21/01/2016

CONCERTO DIDÁCTICO SANTA CECILIA: MÚSICA TRADICIONAL (20-11-2015)

     Para celebrar a festividade de Santa Cecilia, hoxe no colexio tivemos un concerto didáctico.

    Como os nenos e nenas de Sober están moi acostumados aos instrumentos da banda; nesta ocasión decantámonos por instrumentos galegos tradicionais: gaita e percusión.

 

   Neste concerto acompañáronnos catro membros da Escola Municipal de Gaitas de Monforte de Lemos e explicáronnos moitas cousas da gaita, do pandeiro, da pandeireta, das culleres, do bombo e do tamboril.

   Nos seguintes enlaces podedes volver a escoitar algunhas das pezas que tocaron:

 

 

PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS - 2015

    Un ano máis a Educadora Social do servizo de Prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte, Luisa Astray; estivo no noso colexio co programa "FUMATAS" no que un dos obxectivos principais é que os nenos e nenas desenvolvan hábitos e actitudes saudables.

   

    Neste obradoiros o tema principal é o tabaco. Ademáis de darlles información sobre esta substancia, realizan experimentos nos que poden observar como o feito de fumar perxudica gravemente a nosa saúde.

   

    Tamén fixemos prácticas de como poderían rexeitar os ofrecementos de tabaco cando están nun grupo e invítaselles a que sexan uns bos axentes de saúde para animar aos adultos fumadores que teñan ao seu carón a que deixen de fumar.

 

- OBRADOIROS: CARTAS DE AMOR (17 - 11 - 2015)

    Hoxe no centro desenvolvéronse os obradoiros CARTAS DE AMOR impartidos por Dona Gloria Isabel Serrato Azat e promovidos pola Secretaría Xeral de Igualdade a través do Concello de Sober.

 

    Nestes obradoiros traballouse na educación pola igualdade efectiva entre homes e mulleres realizanto actividades co alumnado que lles fixeron reflexionar sobre os roles de cada quen: oficios, xogos, ditos...

 

 

   Os alumnos de Educación Infantil, traballaron a partir do conto "A princesa diferente"

    Hai non moito tempo, e nun lugar non tan afastado, vivía unha princesa que se chamaba Alba Aurora, a cal tiña unha fermosa cabeleira negra a media melena, o suficientemente longa como para que non se lle enredase nas ramas das árbores ás que lle gustaba subir polas mañás para ver o amencer antes que ninguén.

    Alba Aurora era moi delicada e amable; pero tamén moi áxil e deportista e encantáballe ir a escalar todos os sábados montañas ou ir a acampar na praia.

    Un día escoitou un ruído na súa ventá.

    - Quen será? -  preguntouse.

    Era nada máis nin nada menos que o Príncipe Azul que viña a rescatala; segundo lle explicou.

    - Pero a rescatarme de que? - preguntou Alba Aurora

    - Non sei - dixo algo desorientado o Príncipe Azul - quizais dun bruxo malvado ou dun dragón malhumorado ou dun ogro enorme?

    - Pero se non coñezo ningún bruxo malvado, ningún ogro enorme e, peor aínda, ningún dragón malhumorado! Ademais se así fose, seguro que xa houbese encontrado eu mesma a forma de liberarme" - dixo Ala Aurora.

    O Príncipe moi triste ao decatarse de que non tiña que facer nada, dispúxose a baixar pola ventá por onde subira pero Alba Aurora preguntou:

    - Coñeces a muralla chinesa?

    - A muralla chinesa? Pois non! - exclamou o Príncipe.

   E nin ben rematou de dicir que non, ela colleuno do brazo, baixaron xuntos pola ventá, subiron na moto e fóronse xuntos a coñecela.  Así foi como a princesa diferente e o Príncipe Azulforon a percorrer o mundo e se fixeron amigos.

   E colorín colorado, este conto ten comezado...

(Educando en Igualdade. Guía para Educación Infantil

Realizado por FETE - UGT en colaboración co Instituto da Muller e o Ministerio de Igualdade)

 

  Para ver máis imaxes desta actividades preme no seguinte enlace:

GALERÍA  DE   FOTOS

CARTAS DE AMOR

17/11/2015 10:00
Europe/Madrid

Desde a Secretaría Xeral de Igualdade e a través do Concello de Sober,

chéganos o obradoiro "Cartas de Amor" impartido por Dona Gloria Isabel Serrato Azat.

 

Neste obradoiro para nenos de Infantil e Primaria, intentarase concienciar aos nenos e nenas da igualdade se sexos.

PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

18/11/2015 11:00
Europe/Madrid

    Luisa Astray (encargada da Unidade Asistencial de Prevención de Drogodependencias de Monforte de Lemos) achegarase ao noso centro para falar cos rapaces e rapazas do 3º ciclo sobre os riscos e tipos de dependencias; sobre todo o tabaquismo.

PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

11/11/2015 11:00
Europe/Madrid

    Luisa Astray (encargada da Unidade Asistencial de Prevención de Drogodependencias de Monforte de Lemos) achegarase ao noso centro para falar cos rapaces e rapazas do 3º ciclo sobre os riscos e tipos de dependencias; sobre todo o tabaquismo.

DESDE O MAR Á FARMACIA - 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

    Por última vez neste curso, hoxe veu a visitarnos María Isabel Nieto Prieto, farmacéutica en Sober.

   Esta vez foron os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria os que escoitaron atentamente a charla científica axeitada ao seu nivel de coñecemento sobre produtos naturais de orixe marítimo con actividade farmacolóxica: "Desde o mar á farmacia"
    

 

    Durante este charla divulgativa o alumnado tivo oportunidade de descubrir moitas datos sobre a investigación en laboratorios, e a continuación puideron dialogar, preguntar, aclarar dúbidas...directamente coa nosa ponente; incluso reflexionar sobre que eles poden ser futuros investigadores .
 
   Tamén puideron levar a cabo unha actividade práctica: elaboración de Sales de baño para o que tiveron que seguir correctamente as nocións e as medidas indicadas por María Isabel tanto no proceso de elaboración como no envasado e etiquetado achegándose así ao método científico.

 
 

 

    Aos nenos e nenas gustoulles moito observar os exemplares de algas e outras especies mariñas disecadas que María Isabel nos trouxo.
 
Só nos queda agradecerlle a nosa farmacéutica particular a súa xentileza á hora de compartir con nós a súa sabiduría e o seu tempo.
 
MOITAS  GRAZAS  E  ATA  O  PRÓXIMO  ANO!!
Distribuir contido