Día do Libro

Día do Libro

DÍA DO LIBRO (23 - ABRIL)

    O día 23 de abril, conmemoramos o Día do Libro.

Cartel Día do Libro

     Este ano, en colaboración coa Biblioteca Municipal do noso Concello; fixemos unha gravación dunha lectura compartida de El Quijote. Nesta lectura colaboraron os nosos alumnos e alumnas, os profesores, persoal non docente do centro, varios habitantes de Sober, a bibliotecaria, persoal do concello e ata o noso alcalde Luis Fernández Guitián.

    Para o visionado, contamos tamén coa presenza dos nenos do PAI. Mirade que atentos estivemos:

presentación   parte del vídeo  Visionado da cinta

Podedes ver este vídeo pinchando aquí

vídeo

    Despois coloreamos varios puzzles de D. Quijote e Sancho Panza para facer un mural para a nosa biblioteca:

Coloreando puzzles  Coloreando puzzles  Coloreando puzzles

Mural Día do Libro

Se queres pasar un rato divertido cos personaxes deste libro, podes pinchar no seguinte enlace.

Verás que ben o pasas


DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL ( 2 de Abril de 2013)

En colaboración coa Biblioteca Municipal celebramos o Día Internaciobal do Libro Infantil.
 Este día celébrase o 2 de abril xa que esta é a data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen

Día Internacional do Libro

     Para celebrar este día, contamos coa presenza do alcalde Luis Fernández Guitián que participou nos actos de lectura recitándonos o seguinte poema de Pat Mora:

Leemos juntos, tú y yo.
Vemos que las letras forman palabras
y las palabras se convierten en libros
que estrechamos en nuestras manos.

Oímos susurros
y ríos bulliciosos en sus páginas,
osos que cantan
graciosas melodías a la luna.

Entramos en misteriosos castillos
y de nuestras manos suben hasta las nubes
árboles florecidos. Vemos niñas valientes que vuelan
y niños que atrapan las estrellas.

Leemos juntos, tú y yo, dando vueltas y vueltas,
recorriendo el mundo con la alegría en los libros.

Poema de Pat Mora (Traducido por la autora)

O alcalde recitando un poema  O alcalde recitando un poema

    A continuación, os nenos do 3º ciclo contáronnos un contos de Andersen: O traxe novo do emperador e proxectouse o mesmo conto na pizarra dixital da biblioteca.

nenos do 3º ciclo  nenos escoitando o conto  visionado do conto

     Para rematar esta conmemoración, coloreamos e montamos varios puzzles deste conto e doutros moi coñecidos deste autor: O parruliño feo, A cerilleira, A sereíña, O soldadiño de chumbo... Con eles elaboramos un mural que colocaremos no corredor principal para recordarnos cada día a importancia da lectura.

Coloreando puzzles  facendo os puzzles

Mural

Ao día seguinte a nosa celebración saíu na prensa

reseña periodística

Ver máis imaxes desta celebración


Distribuir contido