Complementarias

III ANDAINA ESCOLAR POLO CAMIÑO DE INVERNO (16/10/2018)

    Hoxe participamos na III ANDAINA ESCOLAR polo CAMIÑO DE INVERNO organizada pola Asociación Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra para divulgar este camiño entre os escolares.

    Nesta andaina eramos uns 1000 alumnos da nosa comarca e outras comarcas veciñas pertencentes a 20 centros escolares :

CEIP de Quiroga, Colegio Escolapios, CPR Plurilingüe Fed Torre de Lemos, Colegio Ferroviario, Colexio Novo, CEIP A Gándara, IES Daviña Rey, IES Río Cabe, Escola Oficial de Idiomas de Monforte de Lemos, CEIP de Bóveda, CEIP A Pobra Do Brollón, CEIP Currelos, CEIP Eloisa Rivadulla, CEIP Xoan de Requeixo, IES Val do Asma e, por suposto, o noso!!

 

   A saída foi en San Paio de Diomondi en O Saviñao, onde comezamos a andar aínda coa néboa da mañá sobre nós.

 

     A partir de ahí percorremos un tramo costa abaixo que discurre por unha calzada romana con vistas aos codos de Belesar entre bancais e viñedos.

   

     Cruzando o río Miño por Belesar atopámonos cunha pendente ascendente bastante acusada de 1,5 km ata que chegamos a Adega Vía Romana onde fixemos unha parada tomar un aire e un refrigerio aportado pola organización. Na Adega estaba unha unidade de Onda Cero facendo o seu programa en directo e tamén Televinte gravando un programa especial.

   

     Cun último esforzo, tamén costa arriba, chegaos ao destino final: San Pedro de Líncora!

 

    Desde o centro queremos rematar este resumo da actividade de hoxe FELICITANDO  A  TODO  O  NOSO  ALUMNADO  que foi quen de rematar os 6 km de percorrido sen importar as súas duras características!

ESTAMOS  MOI  ORGULLOSAS  DE  VÓS!!

PARABÉNS  POLO  VOSO  ESFORZO  E  POLO  VOSO  EXEMPLAR  COMPORTAMENTO!!

 MÁIS  IMAXES

CAMPAÑAS SOLIDARIAS

    Dúas representantes da Fundación Amigos de Galicia, estiveron hoxe na biblioteca falándonos da importancia do voluntariado e da solidariedade para axudar a cubrir as necesidades básicas das persoas carentes de recursos económicos e para acadar a súa integración social.

 

   Explicáronnos a importancia de campañas solidarias como as que se levan a cabo para recoller material escolar que se reparte a principio de curso ou a recollida de xoguetes polo Nadal. 

 

    E explicáronnos tamén que os tapóns que recollemos no colexio serven para axudar a nenos e nenas galegos que, por distintas problemáticas, necesitan atención diaria para poder mellorar a súa saúde e cuxas familias contan con escasos recursos.

 

    Sabedes que para xuntar 12.537 €  que custan 5 traxes de superheroes para nenos con transtornos neuromotores, se necesitan 47.782.453 tapóns?? Pois xa sabedes, se queredes colaborar, seguide traendo os tapóns das vosas casas!!

MÁIS  INFORMACIÓN

TALLER DE ILUSTRACIÓN CON IRIA IGLESIAS (Curso 2017/18)

    O alumnado que acudiu ao taller de ilustración e debuxo impartido por Iria Iglesias, fixo uns fermosos autorretratos dos que xa podedes disfrutar no corredor do colexio.

VII XIMNASTRADA (17-5-2018)

 

    O 17 de maio, celebrouse no pavillón do noso colexio a VII Ximnastrada do Concello de Sober na que participaron 150 ximnastas dos seguintes clubes:

- Asociación Deportiva Aixa de Sarria

- Clube Quicela de Monforte

- Clube de Ximnasia Rítmica do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober:

  Este evento foi recollido na prensa local do día seguinte que podedes ler aquí:

GALERÍA  DE  IMAXES

XORNADA DE CONVIVENCIA CEIP PLURILINGÜE SANTO ESTEVO DE PARGA (16/5/2018)

    O alumnado do CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga estivo o día 16 de maio de excursión no noso concello, coñecendo a nosa contorna.
 
 
   Unha das paradas fixéronna no colexio para levar a cabo unha pequena convivencia entre centros e, por suposto, bibliotecas do PLAMBE.
 
   De recordo desta visita, tiñamos preparados uns puntos de lectura conmemorativos.
 
   Para coñecer máis sobre a súa biblioteca, podedes visitar O fogar do Papalibros:
http://ofogardopapalibros.blogspot.com.es/
 

TALLER DE ANÁLISE SENSORIAL (12/3/2018)

   O alumnado de 5º e 6º de primaria participou nun taller de análises sensorial dirixido por Vinosacra.es e impartido polo sumiller Bruno Lovelle dentro da programación que o Concello fai para o Mes do Amandi.

   Neste taller o alumnado traballou na identificación de olores e sabores coñecidos por todos pero aínda así, non foi unha tarefa fácil de realizar.

 

  Esta actividade é unha das novas que se poden ler no xornal de hoxe.

CERTAME DEBUXO XXXVIII FEIRA DO VIÑO - 2018

Hoxe entregamos na biblioteca os debuxos do Certame de Debuxo da XXXVIII Feira do Viño de Sober que xa esperan o fallo do xurado xunto cos debuxos dos outros coles participantes.

 

MOITA  SORTE  A  TODOS!!

PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS (26/1/2018)

    Hoxe tivemos no centro unha nova sesión de traballo cos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria sobre os riscos e tipos de dependencias con Luisa Astray, educadora social e responsable de prevención da Unidade Asistencial de Prevención de Drogodependencias de Monforte de Lemos.

   Na sesión de hoxe, fixeron experimentos para comprobar o efecto do alquitrán nos pulmóns e no aire que respiramos.  Para isto, fixeron pasar auga a través de filtros de papel limpos e filtros de papel e impregnados cunha sustancia similar ao alquitrán; o resultado foi bastante esclarecedor. No primeiro a auga saía totalmente transparente mentres que no segundo o seu aspecto era sucio e de cor amarelo.

 

  Luisa tamén lles mostrou a cantidade de alquitrán que se acumula nos pulmóns dun fumador durante un ano e a súa visión non é nada agradable.

PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS: TABAQUISMO (19/01/2018)

   Como cada ano, Luisa Astray, educadora social e responsable de prevención da Unidade Asistencial de Prevención de Drogodependencias de Monforte de Lemos, adicará tres sesións de traballo aos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria sobre os riscos e tipos de dependencias.
 
 
    Nestes obradoiros o tema principal é o tacabo: riscos, consecuencias, composición... Ademáis de darlles información sobre esta substancia, realizan experimentos nos que poden observar como o feito de fumar perxudica gravemente a nosa saúde; sempre coa intención de que o noso alumnado non chegue a ser fumador.

PROXECTO PILOTO SNAPPET

    Este ano comezamos unha experiencia piloto co uso das tablets nas aulas de Primaria a través de SNAPPET (empresa que se dedica ao uso das novas tecnoloxías aplicadas á aula)

    O alumnado de 1º a 6º, traballará actividades de reforzo, apoio e ampliación para as materias de Matemáticas, Lingua Castelá, Lingua Galega e Inglés.

 

Distribuir contido