Día das Letras Galegas

Día das Letras Galegas

MARÍA VICTORIA MORENO: Certame de Investigación

    Rematado maio, remata tamén o Mes das Letras Galegas e o prazo para participar no Certame de Investigación sobre a autora homenaxeada este ano, María Victoria Moreno.
 
    Neste certame, propuxémoslle ao alumnado unha batería de preguntas sobre a súa vida e a súa obra. Dependendo do nivel ao que ían dirixidas, as repostas ás preguntas podíanse encontrar nos carteis recibidos ou a través da rede.

  Hoxe fixemos entrega dos premios ao alumnado correspondente, NORABOA!!!!
 

CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS (16/5/2018)

   A Escola de Música de Sober organiza cada ano un concerto para conmemorar o Día das Letras Galegas. 
 
     Neste concerto a parte musical vai a cargo da Escola de Música, o Coro Berea, o Coro Infantil e o alumnado de Música e movemento.
 
 
   A parte relacionada coas letras, organízaa a Biblioteca Pública Municipal co noso alumnado que participou recitando textos de María Victoria Moreno entre cada actuación musical.
 
 
 MOITAS  GRAZAS  Á  ESCOLA  DE  MÚSICA  E  A BIBLIOTECA  PÚBLICA  MUNICIPAL
POR  CONTAR  CO  NOSO  ALUMNADO!!

I ESCALEIRA LITERARIA (12/5/2018)

     O sabado día 12 de maio, celebrouse no Centro Sociocultural de Sober a I Escaleira Literaria, un acto poético musical dedicado a María Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas.
    O acto comezou coa lectura e relatos de poemas con acompañamento instrumental. Participaron Carlos Rafael, Leticia Sáez, Moncha Prieto, Paco Ledo, Rosa García, Ramón Sandoval, Sara González, Xosé Lois García e a nosa directora Montse Rodríguez.
 
   Tamén participaron o grupo musical O Trícole, a Escola Municipal de Teatro e Sara González que interpretou un poema con danza. Rematou o acto o alcalde Luis F. Guitián.
 
   Para falarnos deste acto, tivemos nos estudios de Radiuvín a Moncha Prieto, Eva Ferreira e Neus Canadell.
 

  
   Moitas grazas por concedernos esta entrevista!!
 

AS FAMILIAS CONTAN EN RADIUVÍN (10/5/2018)

    Hoxe estrenamos en Radiuvín unha nova sección para a nosa radio: As familias contan en Radiuvín. Esta sección é unha variante da actividade As familias contan que sen ven desenvolvendo desde fai varios cursos na biblioteca do colexio.
 
   Estrenamos programa co recitado do conto en verso Can Branco, can negro do libro Eu conto, ti cantas...  de María Victoria Moreno;  autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.
 

Moitas grazas as familias de Carlota, Iria, Laura G., Valeria, Mara e dos irmáns Pablo e Hugo, Héctor e Darío, Laura e Lucas e Mencía e Candela!!  
 
Esperamos volver a escoitarvos pronto nesta radio!!

LETRAS GALEGAS 2018: ORIXE E BIOGRAFÍA DE MARÍA VICTORIA MORENO (4/5/2018)

     Acaba de comezar o mes de maio que é o mes no que celebramos o Día das Letras Galegas.
 
    Para conmemoralo iremos contándovos durante todo o mes cousas curiosas sobre este día e sobre María Victoria Moreno que é a escritora homenaxeada este ano.
 
    Neste primeiro programa das Letras Galegas 2018, o alumnado de 3º e 4º de Primaria fálanos sobre a orixe desta conmemoración e cóntanos a biografía de María Victoria Moreno que está publicada na páxina do Seminario Galán: seminariogalán.org
 
   Escoitade atentos!!
 

PRIMAVERA DAS LETRAS 2017 (15/01/2017)

   Acaba de chegarnos o diploma acreditativo da nosa participación no certame Contádenos o voso Día das Letras convocado pola Real Academia Galega dentro do Proxecto educativo Primavera das Letras.

  Este diploma viña acompañado dunha felicitación a toda a comunidade educativa  polo traballo feito a prol da difusión da figura e a obra de Carlos Casares e da nosa lingua e cultura.

LETRAS GALEGAS 2018

    O Día das Letras Galegas 2018, estará adicado a profesora e escritora María Victoria Moreno Marquez (1941 - 2005) segundo fixo público a Real Academia Galega que destacou á súa contribución á literatura en galego para os máis novos; tanto en literatura infantil coma xuvenil.
    María Victoria convértese na cuarta muller en ser homenaxeada co día das Letras Galegas en 55 anos de historia das mesmas.
 

   Esta muller extremeña, chegou a Galicia en 1963 como profesora e axiña asumiu a cidadanía galega e o idioma que enriqueceu coas súas publicacións tanto en narrativa como en estudos literarios, poesía e didáctica da lingua e da literatura.

 
  Seguro que para o próximo curso, habemos aprender moitas cousas sobre ela!

LETRAS E MÚSICA (19/05/2017)

   O venres celebrouse no Centro Sociocultural de Sober o Festival Letras e Música no que se entrelazaron actuacións musicais dos alumnos de música e movemento da Escola de Música de Sober, do coro infantil e do coro Berea con retallos da vida e da obra de Carlos Casares da man do noso alumnado a través do programa da Biblioteca Municipal Merenda con Contos.
 

    Ademais o alcalde fixo entrega dos premios do Certame de Narración e Debuxo das Letras Galegas 2017, que levaba por título O mundo que queremos.

   Os premios foron os seguintes:

CATEGORÍA C, DE 12 A 16 ANOS
 
1º Rocío González Jiménez
2º Herbert Trail Bates
3º Marco Martínez Rodríguez
 
 
 
CATEGORÍA B, DE 8 A 11 ANOS
 
1º Héctor Fernández González
2º Mara López Rivera
3º Henry Vila Rodríguez
 
 
 
CATEGORÍA A, ATA 8 ANOS
 
1º Xoán Pérez Fernández
2º Laura Gómez Grande
3º Senén Hernández Rodríguez
 
 
 
 
 
 
Este acto foi recollido polo xornal, El Progreso do día 20 de maio de 2017

O XOGO DOS OVOS

   A galiña azul de Carlos Casares que ten cinco plumas vermellas na á dereita, pon ovos de cores e di cocorocó e outra galiña da aldea que pon ovos normais e di cacaracá, mezclaron por erro os seus ovos.
   
   Para axudalas imos facer dous equipos e cada equipo axudará a unha galiña diferente.
   Por quendas, cada equipo tirará os dados e con tantos movementos como puntos obteña, terá que conseguir un dos seus ovos.  O xogo remata cando unha das galiñas recupere todos os seus ovos.

LETRAS GALEGAS 2017 - Os biblioaxudantes contan

   A sesión de hoxe de "Os biblioaxudantes contan" estivo dedicada a Carlos Casares.

   Marco, Rocío e Jazmin leron parte de "A galiña azul" para o resto do alumnado de Infantil e Primaria.

 

 
Distribuir contido