Música

ESTAMOS NO VERÁN - Xoan Cuiriel (14/6/2017)

    Hoxe tivemos no centro a Xoan Curiel para ofrecernos o espectáculo que leva o nome do seu Libro-Disco Estamos no verán.
   Durante esta actuación tivemos tempo para cantar e xogar mentres o autor nos contaba a historia da súa novela.
 
 
Moitas grazas ao Departamento de Cultura do Concello de Sober pola organización deste concierto.

CONCERTO DIDÁCTICO DA ESCOLA E DA BANDA DE MÚSICA (12/5/2017)

    A música non pode faltar no nosa Biblioteca Escolar Territorio das Artes. A Banda de Música e a Escola Municipal de Música de Sober, ofrecéronnos un concerto didáctico moi divertido: unha viaxe ao país de Musilandia.
 
 

 

   Ademáis algúns dos nosos alumnos puideron facer de directores da banda.
 

 

    Para rematar os alumnos de todos os centros participantes cantaron a canción "Los cacharros de mi cocina" con la banda de Música.

   Despois deste concerto, o noso centro recibiu a visita do CEIP Monte Baliño de Ferreira de Pantón que quedou a comer con nós e compartir un tempo de lecer.

 

 

MI TAMBOR - Canción infantil (3/4/2017)

    En Educación Musical, es nenos de Infantil están traballando as onomatopeias e os sons fortes e débiles coa canción "Mi tambor" e como aos Escornabots tamén lles gusta a música; fixemos un taboleiro que nos leva de animal en animal mentres cantamos a canción.

 

 
 

INSTRUMENTOS DE PEQUENA PERCUSIÓN

   Con esta actividade, tratamos de interiorizar o son dos instrumentos de pequena percusión facendo fincapé nas diferentes familias: parche, madeira e metal.
 
    Con esta finalidade elaboramos un taboleiro con códigos QR enlazados a vídeos cos sons destes instrumentos e imaxes dos memos.
 
    O alumno debe dirixir o escornabot a un código QR
 
 
A continuación terá que ler o código coa tablet. 
 
 
Para rematar, dirixirá o escornabot ao instrumento correspondente e tocamolo na clase.
 

DE QUE CHE VALE? - DÍA DA PAZ 2017

    A música non pode faltar na nosa Biblioteca escolar: territorio das artes. Por iso, acabamos de ter nela un encontro con Jesús Pareja, mestre de música do CEIP San Xoán de Filgueira de Ferrol, Musicólogo, compositor e Director do Coro da Universidade Sénior de Ferrol onde tamén é mestre de Linguaxe Musical.

Neste encontro, o compositor explicoulle ao noso alumnado moitos aspectos relacionados coa música e a composición de obras tanto para nenos como pop ou máis clásicas, e eles puideron preguntarlle as súas dúbidas ao respecto.

   A continuación, puidemos gravar con él a súa canción De que che vale? coa que queremos conmemorar o Día da Paz; porque tamén se pode traballar pola paz dende a música; así que como di o retrouso:
Cantemos unidos pola paz,
tiremos do mundo pola paz,
coidemos da vida pola paz,
fagámolo xuntos pola paz.
 
    Ademais neste retrouso, poñemos en práctica as ensinanzas de Lingua de Signos; nel pódese ver como o alumnado de Primaria signa a primeira parte de cada verso; e o de infantil a parte final "pola paz"
 
    Queremos agradecerlle ao autor a súa presenza desinteresada no centro e as súas verbas tan agarimosas.
 
Na GALERÍA  DE  FOTOS podedes ver imaxes da preparación do mural,
dos ensaios, do encontro e da gravación do vídeo

INSTRUMENTOS DE VENTO

     El laboratorio de los instrumentos de viento está completamente desordenado y necesita que un buen especialista vuelva a reunir cada instrumento con su sonido. Solo así podremos oír cómo suena un quinteto de viento

    Este recurso educativo creado por Obra Social "La Caixa" nos permite conocer mejor los principales instrumentos de viento de la orquesta. 

     ¿Te  atreves? Clicka en el enlace

EL LABORATORIO  DE  LOS INSTRUMENTOS  DE  VIENTO

FESTIVAL DE NADAL - 2016

    Xa podedes gozar das actuacións do festival que os nenos e as nenas do cole prepararon para este Nadal.

    Só tedes que premer no vídeo que queirades ver e desfrutar da panxoliña correspondente.

  Na GALERÍA DE IMAXES, podes ver varias fotografías que

recollen diferentes momentos das actuacións.

CONCERTO BENÉFICO - NADAL 2016

     Como cada ano, o alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme; participa no festival benéfico que se organiza no Centro Sociocultural de Sober en colaboración coa Banda de Música, a Escola de Música, a Banda Xuvenil e o Coro Berea.

     A continuación, deixámosvos o vídeo da actuación de este ano; na que os nenos e nenas cantan un popurrí de panxoliñas populares coa Banda de Música, o Coro Berea e alumnos da Escola de Música.

XORNADA DE CONVIVENCIA CO CEIP A GÁNDARA E ACTUACIÓN CORO BEREA (17/11/16)

   Hoxe tivemos unha visita especial: os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria do CEIP A Gándara coas súas profes.

   Viñan de visitar a Rectoral de Gundivós na que Elías lles explicou os segredos da olería e a Escola de Hostelería de Rosende.

   Foi un xantar moi divertido no que se puideron coñecer e compartir momentos de xogo.

     Despois do xantar, para conmemorar o Día de Santa Cecilia, patroa da música; todos asistimos a un concerto do Coro Berea onde o pasamos de marabilla.

     Desde aquí queremos agradecerlle a todos os seus membros así como á súa directora esta actuación desinteresada.

 

 Outros vídeos:

"Si ma ma ka"

"Ipharadisi"

    Antes de dar por rematada esta convivencia, foi tempo para o intercambio de agasallos entre as bibliotecas.

    O noso alumnado tiña preparado uns marcapáxinas conmemorativos desta data:

 

  E os nenos e nenas de A Gándara trouxéronnos varios xoguetes elaborados con materiais de refugallo e uns libros nos que nos falan sobre eles.

 

   

 

MOITAS  GRAZAS  POLA  VISITA!!

ESTAMOS  DESEXANDO  QUE  SE  REPITA, pero mentras tanto

podes recordar todas as imaxes deste día no seguinte enlace

GALERÍA DE IMAXES.

Distribuir contido