CONCERTO BENÉFICO - NADAL 2016

     Como cada ano, o alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme; participa no festival benéfico que se organiza no Centro Sociocultural de Sober en colaboración coa Banda de Música, a Escola de Música, a Banda Xuvenil e o Coro Berea.

     A continuación, deixámosvos o vídeo da actuación de este ano; na que os nenos e nenas cantan un popurrí de panxoliñas populares coa Banda de Música, o Coro Berea e alumnos da Escola de Música.