Premios

ENTREGA PREMIOS PROVINCIAIS - CERTAME POESÍA NADAL (22/2/2019)

    Este ano dous dos nosos alumnos acadaron ambos accésits na Fase Provincial do certame de poesía infantil "Nadal 2018" convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo.
 
     Este venres foi a entrega de premios na que fixeron lectura dos seus poemas e ademais recibiron os seus agasallos.
 
 Cristian Dourado Rodríguez na Categoría A (ata 8 anos)
Aitana Cruz Rodríguez Casado na Categoría B (de 9 a 11 anos)
 
NORABOA!!!!
ESTAMOS   MOI  ORGULLOSOS   DOS   DOUS!!
 
 

SOBERICIAS: Premios do Certame de Nadal 2018

    Sobericias, o programa que che conta as mellores noticias céntrase neta emisión nos premios do Certame de Nadal convocado pola Biblioteca Pública Municipal de Sober nas modalidades de Poesías e Postais.
 
    Da man dos seus locutores, Xoán e Mara, coñeceremos todos os detalles deste certame e escoitaremos os poemas premiados na voz dos seus autores.
 

 

 

PREMIOS CERTAME DE NADAL DA BPM - 2018

   Todos os anos, o alumnado do noso colexio participa no Certame de Postais e Poesía que convoca a Biblioteca Pública Municipal polo Nadal. 
 
   Por iso, as postais dos nosos alumnos e alumnas están expostas no Centro Sociocultural de Sober durante as vacacións .
 
    A entrega de premios deste certame comezou coa actuación do grupo local O Trícole que nos agasallou con diferentes panxoliñas e Cantos de Reis tanto propios como recollidos na nosa zona ou doutras culturas.
 
   Despois o alcalde entregou os premios dos que o colexio recibiu un premio á participación, consistente nun diploma e un lote de libros para a nosa biblioteca. Recolleron o premio algúns alumnos do centro que estaban presentes neste acto.
 
 
    O acto foi publicado en varios xornais o día 3/01/2019:

El Progreso, 3/01/2019

 

La Voz de Galicia, 3/01/2019

 

Diario de Lemos, 3/01/2019

 

 
 
 

CERTAME DE NARRACIÓN LETRAS GALEGAS - 2018

   A nosa alumna, Laura Gómez, recibiu onte en Lugo o premio provincial recibido no Certame de Narración das Letras Galegas convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo que este ano levaba como título Como cambiou o conto ou como darlle unha volta ao conto tradicional
    Este certame ten lugar a través das Bibliotecas Públicas Municipais; por iso, nesta entrega estivo acompañada por Julia Fernández Garza bibliotecaria da Biblioteca de Sober quen tamén recibiu un diploma acreditativo do premio.
     No acto, Laura tivo que ler o conto da leiteira que re-escribiu de xeito que en vez de quedar sen nada como na fábula tradicional, a leiteira consegue vender o leite na feira e chegar a ser unha gran empresaria.
 
NORABOA  LAURA!!!

 

COMO CAMBIOU O CONTO... (8/6/2018)

    Hoxe entregáronse os premios do Certame de Debuxo e Narración das Letras Galegas convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo en colaboración coa Biblioteca Municipal aos seguintes alumnos:
 
NARRACIÓN
 

CATEGORÍA A: ata 8 anos

 
BRAIS RODRÍGUEZ ÁLVAREZ

 

CATEGORÍA  B:  de  9  a  11 anos
 
LAURA  GÓMEZ GRANDE
HÉCTOR FERNÁNDEZ GONZÁLEZ
AITANA CRUZ RODRÍGUEZ CASADO
 
 
 
DEBUXO
 
 
CATEGORÍA  A: ata 8 anos
 
MENCÍA  FERNÁNDEZ  RODRÍGUEZ
BRAIS  RODRÍGUEZ  ÁLVAREZ
CRISTIAN  DOURADO  RODRÍGUEZ
 
 
 
CATEGORÍA  B: de 9 a 11 anos
 
VERÓNICA TAMI GONZÁLEZ
UXÍA TRAIL BATES
LAURA RODRÍGUEZ FREIRE
 
 
 
Podedes  ver  todos  os  traballos  presentados  na  seguinte publicación
 
NORABOA  A  TODOS!!

IV CERTAME DE DEBUXO FEIRA DO VIÑO - ENTREGA DE PREMIOS

    Hoxe entregáronse os premios do IV Certame de Debuxo da Feira do Viño de Amandi sobre o cultivo da vide.
    Nesta edición participaron todos os alumnos de Primaria do noso centro xunto co alumnado de outros tres colexios da comarca facendo un total de 150 debuxos presentados.

 

  O gañador foi Alejandro Pérez López do Colexio Novo de Monforte. Ademais deste premio, o xurado concedeu accésits a Clay Anxo Randale Parquer do CEIP Monte Baliño (Pantón), Sofía Mendes González do Torre de Lemos (Monforte) e José Ángel Novoa López, do noso.

 
 
 
Esta actividade foi publicada nos seguintes medios:

OBRADOIRO AUDIOVISUAL: VOLUNTARIADO DE LECTURA - A

     Xunto con outras sete bibliotecas de colexios galegos, o equipo de Biblioaxudantes do noso centro foi seleccionado na convocatoria da VOLUNTARIADO DE LECTURA - A para o curso 2016/2017.
 
   Por esta selección, recibimos no centro un obradoiro audiovisual para o alumnado participante neste voluntariado das mans de gingko - comunicación e educación
 
 Neste obradoiro, Roi Guitián explicloulles aos biblioaxudantes que é e como facer un booktrailer.
 
 
     Unha vez familiariazos con este formato, a proposta foi elaborar o seu propio booktrailer. Para isto, por grupos elexiron un libro, fixeron o storyboard, fotografías, vídeos, crearon personaxes, animacións, voz en off... resumindo, todo o necesario para elaboralos!
 
 
 
 E así de impresionante foi o resultado deste obradoiro tan interesante
ao que seguro que lle sacamos moito partido en próximas produccións do centro!!
 
 
 
 
 
Moitas grazas a Roi de gingko comunicacións polas súas ensinazas e
por facer este obradoiro tan dinámico
 
Finalmente o día rematou coa entgrega de diplomas aos biblioaxudantes:

MOITAS  GRAZAS  A  ASESORÍA  DE  BIBLIOTECAS  POR  ESTE RECOÑECEMENTO!

GALERÍA  DE  IMAXES 

 

VOLUNTARIADO DE LECTURA - A (Centros Seleccionados)

ESTAMOS  DE  NORABOA!!
 
   Hoxe publicouse a resolución de 22 de maio da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se seleccionan os centros (en función das memorias de actividades correspondentes) destacados nas iniciativas contempladas no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, para o curso 2016/2017 e... O NOSO  CENTRO  É  UN  DOS  8  SELECCIONADOS!!!!

 

   Desde a Asesoría de Bibliotecas escolares organizarán no propio centro, un obradoiro audiovisual destinado ao alumnado voluntario participante da iniciativa.

   Ademais como actividade integrada nos programas de voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, o alumnado directamente implicado e responsable das actividades de voluntariado de lectura e de atención á biblioteca escolar, recibirá un diploma pola súa colaboración como acción de voluntariado cultural, así como material divulgativo e de apoio ao programa.

 

LETRAS E MÚSICA (19/05/2017)

   O venres celebrouse no Centro Sociocultural de Sober o Festival Letras e Música no que se entrelazaron actuacións musicais dos alumnos de música e movemento da Escola de Música de Sober, do coro infantil e do coro Berea con retallos da vida e da obra de Carlos Casares da man do noso alumnado a través do programa da Biblioteca Municipal Merenda con Contos.
 

    Ademais o alcalde fixo entrega dos premios do Certame de Narración e Debuxo das Letras Galegas 2017, que levaba por título O mundo que queremos.

   Os premios foron os seguintes:

CATEGORÍA C, DE 12 A 16 ANOS
 
1º Rocío González Jiménez
2º Herbert Trail Bates
3º Marco Martínez Rodríguez
 
 
 
CATEGORÍA B, DE 8 A 11 ANOS
 
1º Héctor Fernández González
2º Mara López Rivera
3º Henry Vila Rodríguez
 
 
 
CATEGORÍA A, ATA 8 ANOS
 
1º Xoán Pérez Fernández
2º Laura Gómez Grande
3º Senén Hernández Rodríguez
 
 
 
 
 
 
Este acto foi recollido polo xornal, El Progreso do día 20 de maio de 2017

PREMIOS CERTAME DE DEBUXO FEIRA DO VIÑO (24/3/2017)

    Hoxe na Casa da Cultura de Sober foi a entrega de premios do III Certame de Bebuxo Infantil da XXXVII Feira do Viño de Amandi que ten como finalidade elaborar un adhesivo para entregar na Feira do Viño a todas aquelas persoas que veñan a visitala e que está aberto a todos os escolares de Primaria da Comarca de Lemos.
 

    O alcalde fixo entrega do premio á gañadora que foi Candela Enríquez Buján de 7 anos do CEIP Monte Baliño de Ferreira de Pantón e que recibiu un premio de 150 € para material escolar.

 

   Todos o participantes recibiron  ademais un diploma e unha simpática bolsa co anagrama do certame.
 
Desde aquí tamén queremos transmitir e sumarnos ao agradecemento que o alcalde 
fixo a todo o alumnado pola súa participación nesta convocatoria!
Distribuir contido