Día da Muller

DÍA DA MULLER: EU VOU COMIGO (Adaptación) 8-03-2021

    Desde o centro queremos sumarnos á conmemorarión do Día Internacional da Muller  e traballar a  favor da igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas facendo varias actividades ao longo da semana. 

 
   Este obxectivo entronca directamente co obxectivo 5 da Axenda 2030.
   

 

   Comezamos coa adaptación do libro  Yo voy conmigo  de Raquel Díaz Reguera feita polo alumnado de 1º e 2º de Primaria para reflexionar sobre a importancia de ser nós mesmos e a necesidade de non cambiar para agradar aos demais senon de querernos tal e como somos, cos nosos defectos e coas nosas virtudes porque para conmemorar este día hai que comezar por respectarnos e querernos a nós mesmos sen importar se somos do xénero masculino ou feminino. 

 

 

 

E agora que pensades?
 
Estades dispostos a cambiar a vosa forma de ser para gustar aos demais?
 
Vale a pena?
 
 

DÍA DA MULLER - 4º PROGRAMA (12/3/2020)

Hoxe realizamos a terceira actividade para conmemorar o Día da Muller 2020 e a Semana da Prensa deste ano.
  Na cuarta emisión o alumnado de 4º falounos sobre a vida e os logros acadados por outras catro mulleres da historia:
 

Pilar presentounos a Madonna,

Lucía expuxo a súa investigación sobre Coy Mathis,

Lucas presentounos ás Black Mammas

e Hugo escolleu á galega Rosalía de Castro.

 

   Para coñecer todo o que investigaron sobre a interesante vida destas mulleres podedes escoitar a cuarta emisión do programa DÍA  DA  MULLER 2020.

 

 

DÍA DA MULLER - 3º PROGRAMA (11/3/2020)

Hoxe realizamos a terceira actividade para conmemorar o Día da Muller 2020 e a Semana da Prensa deste ano.

 

    Na terceira sesión os alumnos de 3º que faltaban, presentados por Laura e Pablo, nos achegaron a figura doutras catro mulleres importantes na historia:
 
Mencía presentounos a Mary Anning,

 

Gareth expuxo a investigación de Cristian sobre Ashley Fiolek,

 

Darío presentounos a unha das primeiras heroínas de cómic: Capitana Marvel

 

e Iria púxolle voz ao traballo de Lucas Fernández que elixira a Isadora Duncan.

 

Para escoitar todo o que investigaron sobre a interesante vida destas mulleres podedes escoitar a terceira emisión do programa DÍA  DA  MULLER 2020
 

 
 

DÍA DA MULLER - 2º PROGRAMA (10/3/2020)

 Como dixemos onte, para conmemorar o Día da Muller e a Semana da Prensa deste ano realizaremos varias actividades na biblioteca que despois trasladaremos aos estudios de Radiuvín.

 

    Na segunda destas actividades varios alumnos de 3º presentados por Laura e Pablo, nos falaron sobre a vida e os logros acadados por mulleres da historia.
Gareth compartiu con nós á vida de Irene Fernández,
Liberdade e Valeria investigaron sobre Cleopatra,

 Yanira e Susana escolleron a Santa Teresa de Xesús

 e Gissela e Iria reamtaron falándonos sobre Mercedes Mariño.

 

Para saber máis sobre a interesante vida destas mulleres non dubidedes en escoitar a segunda emisión do programa DÍA  DA  MULLER 2020
 

 
 

DÍA DA MULLER - 1º PROGRAMA (9/3/2020)

   Para conmemorar o Día da Muller e a Semana da Prensa este ano realizaremos varias actividades na biblioteca que despois trasladaremos aos estudios de Radiuvín.
  Hoxe comezamos con Pablo Pérez e Laura Gómez falándonos do motivo da conmemoración deste día o 8 de marzo e as razóns polas que é necesaria.
 

  Despois o alumnado de 1º e 2º de Primaria leu o libro Las chicas pueden con todo de Caryl Hart (Ed. Cubilete)

Na seguinte emisión de Radiuvín podedes escoitar todo o que nos contaron e nos leron:

 

DÍA DA MULLER (8/3/2019): BONITAS

    Para conmemorar o Día da Muller deste ano, na biblioteca traballamos co libro Bonitas de Stacy McAnulty.
 
   Este libro trata de facernos reflexionar sobre os estereotipos que se atribúen ás "nenas bonitas". Botando man da ironía e do inxenio podemos ler frases de uso común á vez que vemos ilustracións que as contradín. 
 
    Deste xeito, as nenas poden elexir xogar a ser princesas ou piratas, xogar ao fútbol ou ás bonecas ou calquera outra cousa aínda que non sexa tradicionalmente feminina.
 
 
    O noso alumnado pasa a formar parte deste libro e das súas ilustracións, traballando co croma: unha tea verde que se substitúe despois pola imaxe escollida.
 
   Mirade atentos o vídeo que fixemos para que non perdades detalle da edición, veredes ás nosas nenas e, por suposto, aos nosos nenos que tamén son BONITOS!!
 

 

    Despois do visionado e de que as biblioaxudantes leran o conto na biblioteca, abriuse un debate e unha reflexión moi interesante entre todo o alumnado para chegar á conclusión de que TODOS   E  TODAS   SOMOS  IGUAIS!! que, aínda que é algo que xa sabiamos, sempre é bo recordalo.
 
 

V CERTAME MULLERES DE LEMOS

   O alumnado de 5º e 6º de Primaria xa ten rematada a ilustración para o conto Genoveva González Prieto. Unha muller para o 8 de Marzo que facemos entre todos os centros de Primaria da Comarca de Lemos para conmemorar o Día da Muller, que este ano se dedicou a esta mestra do século XX do concello de Bóveda polo seu compromiso coa ensinanza na Galiza rural

   No noso centro tocounos ilustrar o seguinte texto:

 
Pasados tres anos dende a voda, no 1936, Genoveva decidiu presentarse a unha oposición para obter unha praza de mestra, oposición que posteriormente anularon polo que Genoveva tivo que continuar como mestra interina en Ferreiros.
 
Tocoulle xustamente o inicio da Guerra Civil, tempo de moito conflito que foi a causa da anulación da oposición. Nesta época moitos homes e mulleres sufiron e os seus dereitos foron arrebatados; ás mulleres, especialmente, pois se lles retiraron dereitos que alcanzaran con moito esforzo e volvían ser tratadas como se foran de segunda clase, precisando incluso da autorización por escrito dos seus maridos para realizar xestións administrativas. 
 
 

DÍA DA MULLER (2018)

Para conmemorar este día no colexio fixemos varias actividades:

- "Balbina López Somoza. Unha muller para o 8 de marzo": o Colectivo Lemos Le organiza cada ano o certame Mulleres de Lemos coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas relevantes na historia das Terras de Lemos. 
 
    O certame do ano pasado estivo dedicado a Balbina López Somoza, unha farmacéutica de O Saviñao do século XX, como muller pioneira da ciencia na nosa comarca.
 
   Unha das actividades deste certame é o obradoiro que se desenvolve en colaboración co CIM (Centro de Información á Muller) de Monforte de Lemos e que consta nun traballo de reflexión sobre a vida desta precursora científica e na elaboración dun libro que plasma en imaxes esta reflexión a través da súa vida.
 
    Esta mañá os alumnos de 5º e 6º asistiron a entrega deste libro no centro cívico de Monforte e ao visionado do mesmo.
 
 
- Visionado do conto "Balbina López Somoza. Unha muller para o 8 de marzo": pola tarde todo o alumnado puido escoitar o conto de Balbina na voz da xornalista Manola Porto e algún dos fragmentos da súa vida serviron para reflexionar sobre as dificultades da Muller nesa época:
 
    Despois cada alumno levou un símbolo da Muller dos deseñados polo alumnado de 3º e 4º de Primaria para lembrar o aprendido este día.
  
 
- Concurso de investigación Yo puedo ser: o programa educativo de sensibilización pola igualdade de xénero Yo puedo ser, fíxonos esta proposta de investigación que nos pareceu moi interesante.
    Os alumnos que participaron neste concurso de investigación, aprenderon moito sobre a historia da loita das mulleres para acadar a igualdade e fixeron partícipes aos demáis alumnos do que aprenderon. Como agasallo polo seu traballo, levaron un símbolo da Muller máis grande.
 

TRABALLANDO A IGUALDADE ENTRE SEXOS (Vídeo Día da Muller - 2017)

   Unha das actividades que se levaron a cabo o 8 de marzo no centro para conmemorar esta data foi un debate - coloquio para traballar a igualdade entre sexos como base fundamental na educación dos nosos nenos e nenas: igualdade legal en dereitos e deberes, igualdade cultural e igualdade social.
 
 
 
    A partir desta reflexión e do traballo feito no colexio, convocamos ás familias para que lles fixeran fotos aos seus fillos/as facendo algo que tradicionalmente se asociaría ao sexo contrario: tarefas da casa, tarefas na horta, oficios, xogos... reforzando a idea de que todas e todos podemos facer de todo como di a letra da canción escollida:
 
"Puedes hacer, lo que quieras hacer
sin importar que seas hombre o mujer"
 
 
 
MOITAS  GRAZAS  Á  COMUNIDADE  EDUCATIVA  E  ÁS  FAMILIAS QUE  COLABORARON !!

DÍA DA MULLER - 8/03/2017

     Para conmemorar esta data, os nenos e nenas do centro participaron en varias actividades:

    -  Acto conmemorativo do “8 de marzo, Día Internacional da Muller” na Praza de España: o alumnado de 5º e 6º de Primaria participoun nun acto no que a Concelleira de igualdade de Monforte de Lemos, Marina Douton Rajo: procedeu á lectura dun manifesto pola igualdade. Cada un dos participantes, levaba un cartel na man con lemas a favor da igualdade.
 
 
 
- Entrega do libro "Lola de Penelas. Unha muller para o 8 de marzo": o CIM entregou varios exemplares deste libro elaborado no obradoiro do mesmo nome que se levou a cabo nos centros escolares de comarca. Neste obradoiro, o alumnado fixo un traballo de reflexión dobre a vida das mulleres artesás galegas e plasmaron en imaxes esta reflexión a través da súa vida.

 
- Debate e reflexión sobre a igualdade entre sexos: este ano no colexio quixemos traballar a igualdade entre sexos como base fundamental na educación entre nenos e nenas. Igualdade legal en dereitos e deberes, igualdade cultural e igualdade social.

    Tamén convocamos ás familias para que lles fagan fotos aos seus fillos /as facendo algo que tradicionalmentes se asocie ao sexo contrario: tarefas da casa, tarefas na horta, oficios, xogos infantís...para elaborar unha presentación e que eles sexan conscientes de que todos e todas podemos facer de todo.

 
- Visionado do conto "Lola de Penelas. Unha muller para o 8 de marzo": rematamos os actos deste día co visionado deste conto; no que a xornalista Manola Porto puxo voz ao texto ilustrado polos nenos e nenas da comarca.
 
Distribuir contido