3º ciclo

VISITA Á RESIDENCIA DE PORTO AVIEIRA

 

Hoxe foi un día moi emotivo para o club de teatro de 6º, porque puidemos compartir as nosas actividades cos usuarios da Residencia de Porto Avieira.

Representamos unha obriña de teatro, cantamos e bailamos unhas panxoliñas.

Tratáronos moi ben e pasámolo de marabilla. Fixéronnos un agasallo moi doce e nós correspondémoslles cunhas postais de Nadal.

Agradecerlle á Dirección e personal do Centro a boa acollida que nos deron. Foi unha experiencia para repetir!

                        

 

   

 

 

                    

CHARLA CIBERSEGURIDADE

Hoxe tivo lugar no colexio a segunda charla deste curso da Garda Civilchar dentro do Plan Director para a mellora da Convivencia nos Centros Escolares e os seus entornos. Nesta ocasión a temática foi a ciberseguridade para o alumnado de 5º e 6º. Estivemos reflexionando acerca de moitas cuestións, por exemplo o número de seguidores das RRSS (redes sociais) que non coñecemos persoalmente e cos que estamos compartindo imaxes ou informacións, que poden poñernos en perigo a nós mesmos e tamén ás nosas familias. Explicáronnos como usar as RRSS con seguridade e faláronnos dos perigos de internet. Pareceunos unha charla moi interesante e productiva. 

Club de Ciencia

Os retos desta semana estiveron relacionados con 2 fenómenos que ten a auga: a cohesión e a tensión superficial.

O 1º reto consistiu en colocar o maior número de gotiñas de auga enriba dunha moeda de 5 céntimos coa axuda dunha pipeta (fenómeno de cohesión).

                    

O récord estivo en 118 gotiñas!

No momento no que se derramou a auga conseguimos romper a tensión superficial.

 

O 2º reto consistiu en colocar un clip nun repecente con auga e conseguir que flotara. Non resultou tan doado como parece... pero conseguímolo!!

   

E que dicir de quitar o clip sen que afundira... puuufff!! Que traballiño dou!

Club de Ciencia

Hoxe foi unha tarde moi emocinante! O noso compañeiro Lois de 6º e o seu irmán Martín de 3º foron os nosos científicos e amosáronnos uns experimentos increíbles!

O 1º experimento consistía en descubrir as bacterias que hai en diferentes tipos de auga a través dun raio láser:

          

                                                                                                 Auga de botella                    Auga do grifo

 

                          

                               Auga dunha pecera                Auga do fliro dunha pecera           Saliva dun compañeiro

 

Como 2º experimento, comprobamos a cantidade de almidón que hai nos xamóns que comemos habitualmente e para iso empregamos o iodo. Canta máis cor negra saia da reacción, máis almidón ten o xamón e menos san é para a nosa saúde.

 

Os xamóns están colocados de máis caro a máis barato.

 

Club de Ciencia

O primeiro que fixemos hoxe foi elaborar o noso caderno científico, o cal nos quedou moi chulo!

O reto desta semana foi: conseguir sacar un pauíño de madeira dunha botelliña de auga baleira. Isto conseguímolo introducindo auga na propia botella.

E para rematar... a refracción!

     

COMEZA O CLUB DE LECTURA

 

Hoxe,  no recreo,  comezamos o Club de lectura para sexto, primeiro presentamos o libro escollido   Pan con chocolate de Paula Carballeira. Despois

distribuimos grupos, días de reunión, escollemos nome para o club e empezamos a ler o primeiro capítulo. Para rematar marcamos ata onde imos ler para

comentar na próxima reunión e como o di o título merendamos unha barriñas de chocolate. Todo moi doce!

Charla Garda Civil

Hoxe, luns 28 de novembro, puxemos o broche final ás actividades da conmemoración do 25N. Ademais da obra de teatro representada polo alumnado de 6º "Pepe e Pepa" tivo lugar unha charla que nos ofreceu a Garda Civil, para o alumnado de 5º e 6º, dentro do "Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos". A temática xirou arredor da violencia de xénero. A educación é unha ferramenta fundamental para a eliminación da violencia contra as mulleres. Falouse de cuestións tan importantes como o respecto, a tolerancia, a confianza ... e comprendemos que mozos e mozas somos iguais e temos os mesmos dereitos.

 

Hoxe deu comezo o CLUB DE CIENCIA!!! Estamos moi entusiasmados con esta aventura científica! Seguro que aprendemos moito e o pasamos aínda mellor!

O primeiro reto que tivemos que resolver foi como inchar un globo sen soplar. Para isto soamente precisamos: unha botelliña de auga baleira, vinagre e bicabornato.

                                     

Para rematar, empregamos o aire que tiñamos no globo para apagar unha vela e demostrar así que o aire quedábase contido nun recipiente por un breve  espazo de tempo.

                                        

 

Visita ao Museo de Historia Natural

 

O pasado venres 18 de novembro, o alumnado de 5º de Primaria realizou unha visita guiada ao Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela. Nela puideron reforzar e adquirir novos coñecementos sobre os diferentes ecosistemas, así como coñecer algunhas curiosidades sobre os animais das nosas fragas.

Ao final, participaron nun taller moi interesante sobre a identificación de especies.

 

A Incubadora de Lois

Nas aulas do 3º ciclo de Educación Primaria temos claro que, como expón Edgar Dale na súa pirámide da aprendizaxe, aprendemos só un 5% do que nos din pero, pola contra retemos un 90% do que dicimos e facemos. 

Esta é unha das máximas que orientan as metodoloxías activas que empregamos no noso día na aula, xa que temos claro que a verdadeira aprendizaxe é aquela que nos obriga a activar tódolos nosos coñecementos e habilidades para dar resposta as cuestións cotiás.

Neste facer diario xorden iniciativas e proxectos tan interesantes e cargados de esforzo que nos gustaría compartir con todos vós.

Comezamos con "A Incubadora de LOIS", un alumno que, coa axuda do seu pai, construiu unha incubadora que montou na aula e que con traballo, coidado e algo de paciencia acabou aumentando a "ratio" da aula cunha ducia de pitiños.

Deixámosvos aqui o 1º vídeo do diario do proxecto que o propio alumnado gravou e editou. Si queredes ver o resto, están dispoñibles no enlace da nosa canle de Youtube.

Sabemos que non podedes gozar tanto véndoos como nós vivíndo o proceso, pero esperamos que vos gusten.