3º ciclo

ROTEIRO POLO CAMIÑO INGLÉS

O pasado venres, 17 de setembro, o alumnado e profesorado de 5º e 6º percorremos o tramo do Camiño Inglés, dende Carrás (Ordes) a Sigüeiro (Oroso).

Comezamos o roteiro con moita ilusión aínda que o tempo non nos acompañou.

Nos carteis puidemos ver os lugares por onde transcorreo o camiño.

Pasamos pola Fonte da Santiña

E aproveitamos o roteiro para mellorar a nosa contorna recollendo lixo (plásticos, latas, …)

Que como podedes comprobar non foron poucos.

Así non só gozamos da natureza, tamén a coidamos.

 

Reunión informativa 6º

28/09/2021 16:30

O martes 28 de setembro ás 16:30h terá lugar no Salón de Actos unha reunión informativa para as familias do alumnado de 6º de Primaria na que se falará sobre a organización do novo curso escolar. Para evitar aglomeracións, recomendamos puntualidade e asistencia dun único familiar por neno/a.

Reunión informativa 5º

05/10/2021 16:00

O martes 5 de outubro terá lugar no Salón de Actos unha reunión informativa para as familias do alumnado de 5º de Primaria na que se falará sobre a organización do novo curso escolar e sobre o proxecto eDixgal. Para evitar aglomeracións, esta farase en dúas quendas: ás 16:00 e ás 17:30. Enviarase información por AbalarMóbil a respecto das mesmas. Recoméndase puntualidade e asistencia dun único familiar por neno/a.

Selos de calidade para os nosos proxectos eTwinning

Estamos de noraboa! Os dous proxectos levados a cabo este curso en 5º de Primaria integrando as TIC na aprendizaxe do inglés recibiron o recoñecemento do Servizo Nacional eTwinning e, polo tanto, son merecedores do seu Selo de Calidade. Isto significa que ámbolos dous proxectos acadaron un nivel de eficiencia educativa e uns estándares de calidade grazas ao traballo levado a cabo polo alumnado e profesorado.

     

PARABÉNS!!!!!

REMATA O CURSO

Hoxe, día 22 de xuño de 2021, é o último día do curso. Un curso especial marcado polas restricións, no que todo o alumnado tivo un comportamento exemplar adaptándose á nova situación que tiveron que vivir. Parabéns polo ben que cumpristes as normas! E agora a disfrutar das merecidas vacacións!

E para celebrar o fin de curso continuamos coa diversión, agradecéndolle á ANPA e ao concello de Oroso a súa colaboración. Depois da festa de onte para Infantil e 1º e 2º, no día de hoxe tocoulle ao resto dos niveis. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º disfrutaron do teatro científico con Ciencia Divertida e do espectáculo de Jorge de Jaujarana. E por último os nenos e nenas de 4º A asombráronnos cun fantástico e inesperado baile. Día perfecto!!!

  

  

 

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Despedida 6º

GALICIENCIA

En 5º e 6º tivemos unha semana moi científica con Galiciencia. Participamos en dous talleres: CSI e Como pode voar un helicóptero en Marte .

No primeiro puidemos comprobar a relación entre a ciencia e a tecnoloxía e a investigación policial. Pois no taller convertémonos en policías da unidade CSI e resolvemos a misteriosa desaparición dunha torta. Para isto primeiro montamos a escena do crime e despois recollemos probas, sacamos pegadas dactilares, identificamos rastros ocultos con luz ultravioleta, análise de rastros de sangue (falsa) e pegadas de zapatos. Estas son algunha das imaxes da actividade.

O segundo taller inspírase na misión Mars2020 da NASA, que lanzou e aterrou con éxito o rover Perseverance en Marte. Comezamos comparando deseños de helicópteros habituais, do Ingenuity Mars e das sementes “helicópteros” dalgunhas árbores. Para pasar a facer a actividade actividade do helicóptero de papel e situarémola no contexto do deseño de enxeñería.

 

CHARLA CON LEDICIA COSTAS

 Este xoves os nenos e nenas de 5º e 6º tivemos a sorte de falar cunha das nosas escritoras favoritas:

Ledicia Costas. Falamos de Señorita Bubble, de Escarlatina, Esmeraldina, de todos os libros que lemos e

que moito nos gustaron. Contounos que empezou a escribir de moi nova, que a primeira novela que escribiu

foi Unha estrela no vento e moitas cousas máis porque foi moi amable e contestou a todas as nosas

preguntas. Gracias Ledicia, esperamos verte para o próximo curso de xeito presencial.

Regueifando de Correlingua

Este ano participamos no Regueifando de Correlingua co alumnado de sexto de primaria.

O noso reto era facer tres coplas, que se unirán as coplas doutros centros, para facer unha

regueifa colectiva que vai percorrer o noso país de lado a lado. Foi unha experiencia nova e divertida,

na que nos quedou claro que temos bos regueifeiros neste cole. Neste video popodes comprobalo.

Agora 5º e 6º con XELA

Na semana das Letras, seguimos a aprender máis cousas sobre Xela Arias. Hoxe fomos os nenos e nenas de 5º e 6º os participantes dun obradoiro que levou a cabo Xandobela por proposta do Concello. A través do xogo Quen dis que é? puidemos descubrir algo novo de Xela. Como nos divertimos!