3º ciclo

TERCEIRA SESIÓN CLUB DE LECTURA, GRUPO 1

 

Hoxe tivemos de novo reunión do club de lectura. O último día propuxémonos investigar sobre as mulleres que tiveron que vestirse de homes para facer o que querían : traballar, estudar ou escribir, saíron moitos exemplos. Despois lemos o capítulo "a Befana e a escola" e para rematar fixemos exemplos de binomios fantásticos.

TERCEIRA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA, GRUPO 1

Hoxe tivemos de novo reunión, do grupo 1, do club de lectura.  Xa temos mural para poñer o nome do noso club, e os traballos que imos

facendo. O último día propuxémonos investigar sobre mulleres que tiveron que vestirse de homes para facer o que querían: traballar,

escribir ou estudar, saíron moitos exemplos. Despois lemos o capítulo de "A Befana e a escola" e para rematar fixemos exemplos de

binomios fantásticos. 

 

 

SEGUIMOS COAS TAREFAS DA VIAXE!

Proseguimos cos traballos para desenvolver o noso proxecto. Despois de revisar o panel de tarefas pendentes localizamos unha etapa da nosa viaxe e sinalámola no mapa. Despois calculamos a distancia, comprobamos o relevo e eliximos o medio de transporte.

 

LECTURAS COMPARTIDAS

 

Hoxe,  Iria e Carmela quixeron  compartir a lectura de Avós no recreo da biblioteca cos seus compañeiros. O xoves teremos nova lectura.

 Esperámosvos!

  

CHARLA BULLYING E CIBERBULLYING

Este venres estivo con nós Aldara Tabarés, criminóloga e experta en ciberseguridade, para falarnos de bullying e ciberbullying. Gracias Aldara por compartir con nós esta mañá de xaneiro e por facernos reflexionar sobre temas tan importantes. Grazas ao Concello de Oroso por organizar estas actividades  que axudan a mellorar a convivencia e darlle visibilidade a problemas que nos afectan a todos.

       

Club de Ciencia

Na sesión que tivemos hoxe no club descubrimos, que son os ÁTOMOS! Resulta que... todo o que nos rodea está formado por eles! Alucinante!! Son tan tan tan pequeniños, que so se poden ver con microscopios súuuuper precisos. Isto descubrímolo no vídeo que nos puxeron.


Os átomos están formados por 3 elementos: os neutróns, os protóns e os electróns. Os átomos únense entre si a través de enlaces. Ao xuntalos obtemos moléculas e se xuntamos estas obtemos polímeros.

Nós hoxe formamos as nosas propias moléculas con ositos de chuches que simulaban átomos de osíxeno e hidróxeno para así formar unha molécula de "auga".

 

                                                                   Molécula (monómero)                               Polímero

 

E despois... poidemos comer os nosos átomos!!

VISITA Á XUNTA E AO PARLAMENTO DE GALICIA.

 O venres 13, o alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron unha mañá moi interesante! Visitaron a Xunta e o Parlamento de Galicia,

Ademais de ver as instalacións, puideron ser deputados por uns minutos e facer as súas proposicións de lei: máis tempo de recreo,

cambiar o son do timbre de entrada por música,..

 

          

Álbum: Sen categoría -> Visita Xunta e Parlamento de Galicia

PROXECTO "A VIRTUVOLTA AO MUNDO"

Damos comezo ao noso Proxecto "A Virtuvolta ao Mundo". A actividade base ou desafío é a elaboración dunha guía interactiva dunha viaxe. Para iso temos moitas actividades que levar a cabo: Crear a nosa ruta en MyMaps, elaborar etiquetas, xeolocalizar puntos de interese, programar itinerarios no Mboot, elaborar o diario de viaxe...

 

Secretaria e secretario do equipo organizando a carpeta e o portfolio dixital no DRIVE

 

Club de Ciencia

Despois das vacacións... tocaba volver ao noso Club de Ciencia. Que ganas tiñamos!

Esta semana estivemos traballando coas propiedades do aceite. Para isto, mesturámolo co vinagre e co bicarbonato.

    

Coa axuda das nosa pipetas, fomos introducindo nas probetas a mestura do vinagre co colorante no noso aceite, que contiña bicarbonato, para ver a reacción química que se producía. Que chulo nos quedou!

    

NOS VOEUX DE NOËL

O ALUMNADO DE FRANCÉS ELABOROU UNHA ÁRBORE DE NADAL COS SEUS DESEXOS PARA ESTE NOVO ANO.

 

JOYEUX NOËL!