3º ciclo

SAÍDA AO AUDITORIO DE GALICIA DE 5º A E 5º B DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

Hoxe venres  2 de febreiro asistimos a Santiago, a ver e escoitar o conto `` O gato con botas ´´, coa Real Filharmonia de Galicia, e os títeres Perpoc.

MURO DAS EMOCIÓNS

Hoxe comezamos no cole cun proxecto moi emocionante. Trátase da realización do "Muro das Emocións" dentro da liña Emociona-T do Contrato Programa CP-Inclúe. Comezamos coñecendo a apaixoada autora Clara Colorines, que nos leva ao mundo das cores, das formas e do noso estado de ánimo. Quedamos abraiados descubrindo a importancia das cores do noso entorno e de canto inflúen en nós e nas nosas emocións. Con este entusiasmo fixemos nós de artistas e levamos a cabo a nosa propia obra de arte chea de cores e formas. O proxecto rematará co pintado do muro exterior dianteiro do colexio con moitas cores e formas, para que cada mañá nos trasmitan enerxía positiva e entremos ao cole con ledicia e entusiasmo.

  

  

 

CHARLA VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, día 24 de novembro, víspera do Día Internacional contra a Violencia da Muller, acollemos no colexio a primeira das charlas do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos. Impartida por un garda civil, para o alumnado de 5º e 6º de Primaria, a temática foi A violencia contra a muller. Aprendemos e reflexionamos sobre aspectos importantes e saímos convencidos de que todos, mulleres e homes, somos iguais, e todos debemos respectarnos e ser tolerantes e empáticos.

 

 

Connecting with... Miami

Este curso retomamos o proxecto de intercambio virtual "Dos Orillas" co colexio Royal Palm Elementary School de Miami, en Florida, ao sureste dos Estados Unidos. Comezamos gravando e intercambiando uns videos de presentación e, esta semana, o alumnado de 5ºA realizou a primeira videoconferencia. 

Ás 2 en punto hora española (ou, o que é o mesmo, ás 8 da mañá en Miami) conectámonos por Zoom e coñecemos a Miss Alicia Ulloa, mestra de español en Estados Unidos, e aos seus alumnos de 4º e 5º grado. Para eles era a primeira clase da mañá, mentres que para nós era a última antes de ir xantar e/ou marchar para a casa.

Despois do saúdo e benvida das directoras de ambos centros, reproducimos algúns dos videos de presentación. Chamounos a atención que moitos dos rapaces norteamericanos tiñan orixe hispana. 

 

 

A continuación, compartimos unha presentación con imaxes e videos das celebracións de outono nos dous centros (a Hispanidade e o Halloween en Miami e o Samaín e o Magosto en Galicia). 

Encantounos ver como é unha clase en Estados Unidos, ensinarlles a nosa clase e, sobre todo, falar con eles polo micrófono e polo chat.

WOMBO COMBO

Hoxe o alumnado de 3º Ciclo asistiu a representación da obra Wombo Combo no Auditorio do Centro Cultural de Sigüeiro invitados polo concello. Nesta peza reflexiónase sobre a vida virtual e a sociedade na adolescenciaA súa protagonista, Sara, ten a sensación de que podería  desaparecer e ningúen se decataría. Ten outra vida na que xoga en liña con ducias de persoas e na que cada vez pasa máis tempo. Deixa de falar, de comer, de durmir... ata que entra nun videoxogo que lle propón retos que debe cumprir na vida real. Paula Carballeira, referente do teatro infantil en galego, é a autora do texto creado para a compañía Galeatro. 

   

 

 

SESIÓN 3 CLUB LECTURA E TEATRO

Novas sesións do club de lectura e teatro de 4º,5º e 6º.

   

  

EDIXGAL CURSO 2023/24.

Información para as familias de 5º de E.P.

 O CEIPP de Sigüeiro forma parte da rede de centros E-Dixgal de Galicia desde o curso 2018 -19.

Este proxecto desenvólvese dentro da Estratexia EDUDIXITAL 2020 que pretende garantir o acceso de todo o alumnado as ferramentas tecnolóxicas precisas para o desenvolvemento efectivo da Competencia Dixital favorecendo a adquisición das habilidades e destrezas que demanda a sociedade actual.

Para isto é imprescindible que todo o alumnado conte cun equipo que garanta a igualdade no acceso e participación no mesmo. A Consellería “CEDE” o uso dun equipo para cada alumno/a durante o tempo de permanencia en aulas Edixgal (no caso de E. Primaria nos niveis de 5º e 6º). 

Neste curso 2023 - 2024 comezamos cunha nova promoción Edixgal coa incorporación do alumnado de 5º de Ed. Primaria. Podedes consultar toda a información para as familias na seguinte ligazón https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal/informacion-para-familias

Ou descargando o folleto informativo

 

En breve teremos unha reunión informativa para que coñezades o funcionamento do proxecto.

Engadimos o enlace con información sobre ó seguro particular. 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO ÁS ILLAS ONS

 Este martes, 19 de xuño, tivemos unha xornada de convivencia de alumnado e profesorado de 5º e 6º  visitando as Illas

Ons.  

Comezamos coa viaxe en bus ata Bueu, alí collemos o catamarán ás Ons

  

 

Chegamos a Ons!

 

 

Comezamos o roteiro, visita ao Faro

  

Rematamos roteiro, xantamos, xogos, praia e volvemos para a casa.