3º ciclo

Cociñando rosquillas

Hoxe o alumnado de 6º de Infantil e o de 6º de Primaria xuntáronse para unha misión moi doce: cociñar unhas rosquillas de Antroido.

Pero primeiro hai que lavar as mans, escribir a receita, procurar os ingredientes e preparar todos os utensilios.

  

Despois toca mesturar os ingredientes, amasar e facer as rosquillas. Por último fritir en abundante aceite e espolvorear con azucre moído. O resultado, unhas saborosas rosquillas!!!! 

 

Máis fotos no seguinte álbum

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Cociñando rosquillas

Invernadoiro listo!

Hoxe o alumnado do 3º ciclo estivo na horta preparando todo para comezar a usar o invernadoiro. Colocaron o plástico, sacharon e aboaron a terra e xa plantaron as primeiras leitugas.

 

 

Concerto didáctico 5º e 6º

O luns 29 de xaneiro, os alumnos/as de 5º e 6º achegámonos a Santiago de Compostela para asistir a un concerto didáctico no Conservatorio Histórico. Foi moi divertido e ata nos convidaron a subir ao escenario para participar nalgunha canción!

 

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Concerto didáctico 5º e 6º

Entrega de postais de Nadal en Correos

Este venres, parte do alumnado do CEIP de Sigüeiro achegouse ata a oficina de Correos da vila para non esquecerse dunha tradición propia desta época do ano e que, coa chegada das novas tecnoloxías, está quedando en desuso. Trátase do envío de postais de Nadal

Previamente na aula, o noso alumnado preparou cadansúa felicitación de Nadal, colocouna nun sobre escribindo o destinatario e o remitente e pegou o selo correspondente. Xa na propia oficina, depositaron os sobres nun buzón especialmente preparado para a ocasión. Os seus desexos para este Nadal chegarán próximamente aos seus destinatarios.

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Entrega de postais en Correos

Lapbook: As Plantas

O alumnado de 5º elaborou estes preciosos lapbooks sobre as plantas. Pero non só iso, despois pasou por outras aulas expoñendo todo o aprendido. Velaquí o resultado de tan fermoso traballo.

 

A seguir así!

Saída Exposición e Teatro

Este venres, 3 de novembro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria desprazámonos a Santiago para asistir a unha exposición de arte e a unha obra de teatro na Fundación e no Auditorio A Banca.

Na exposición, aprendemos que a arte se manifesta de moitas formas diferentes, que coa aparición da fotografía a arte comezou a explorar o abstracto, que moitas obras que a primeira vista semellan abstractas en realidade non o son ou o que nos transmiten as diferentes cores dunha obra. Tras recorrer as súas salas e observar cadros de diferentes pintores, chegou o momento de converternos en artistas e compoñer poemas visuais con imaxes do día a día.

 

 

Máis tarde desprazariamonos ao Auditorio, onde asistiriamos a representación dunha obra de teatro na que o seu protagonista, Teo, nos ensinou como afrontar os problemas do día a día grazas aos mitos gregos de Teseo e o minotauro, Narciso e o seu reflexo, as aventuras de Hércules ou as ás de Ícaro. Pero o que máis nos gustou foi cando os actores se converteron en rapeiros e cantaron arrancando os aplausos de todos nós.

Foi moi divertido! Máis fotos na Galería de Imaxes.

Aprendendo con tablets

Este curso estamos desenvolvendo unha proba piloto de aprendizaxe con tablets coa editorial dixital Snappet. O alumnado de 5º e 6º de Primaria aprende Matemáticas, Lingua, Ciencias ou Inglés coa axuda desta ferramenta.

 

 

Reunión coas familias do alumnado de 5º e 6º de E. Primaria

10/10/2017 16:30

martes 10 de outubro, ás 16:30, terá lugar no salón de actos do CEIP de Sigüeiro unha reunión informativa coas familias do alumnado que cursa 5º e 6º de E. Primaria. Agardámosvos.

XANTANDO XUNTOS NO DERRADEIRO DÍA NO COLE!

Remata o noso paso polo colexio, emprendemos outro camiño. Algúns seguiremos xuntos, pero outros separarémonos. Sabemos que este momento non se vai repetir e nada mellor que un xantar xuntos. Aínda que estabamos moi emocionados polas despedidas, pásamolo moi ben. A comida super rica; pizza, churrasco e xeado. E para acabar un baile. Adeus CEIP de Sigüeiro!!!