3º ciclo

Plano do Camiño Inglés

Este venres o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiu un agasallo moi interesante de parte do Concello de Oroso. Trátase dun plano do Camiño Inglés no seu transcurso polo noso termo municipal. Nel recóllense, ademais do trazado do camiño, os principais elementos do noso patrimonio que ao seu paso se poden observar. Para entregárllelo, estiveron o concelleiro de Turismo, Antonio Leira, a concelleira de Ensino, Beatriz Rodeiro e o bibliotecario Manuel Pazos, responsable do deseño deste mapa coa colaboración de Xan Ferreiro.

 

A enerxía, as forzas e os cambios

O alumnado de 5º de Primaria sigue traballando as enerxías.

Aquí nos deixan unhas presentacións que realizaron.

 

Entrega de premios V Gala da Cultura

O pasado venres 1 de xuño tivo lugar a V Gala da Cultura no noso concello. Tres alumnas do CEIP de Sigüeiro resultaron premiadas nas categorías de traballos de investigación sobre o Camiño Inglés cunha carta a János Zádori (Laura Ruíz de 5ºB e Noa Ratón de 5ºA) e de Recoñecemento Especial á Promesa por despuntar nalgunha disciplina artística, neste caso o violín (Carla Veiga de 6ºB). Parabéns ás premiadas!!!

 

Máis fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> V Gala da Cultura

María Canosa visita o noso cole

No día de hoxe tivemos unha visita moi especial no noso colexio. Trátase de María Canosa, autora da obra Muriel que lemos os alumnos e alumnas de 5º curso este ano, e coa que se fixo merecedora do prestixioso Premio Merlín en 2017, despois de quedar finalista ata en 3 ocasións segundo nos relatou ela mesma.

Ela contounos, coa súa voz tenra, como comezou a escribir as historias que estaban na súa cabeza de xeito que non as esquecera. Ata a publicación do seu primeiro libro, escribía para sí mesma; despois comezou a escribir para nós, para os lectores. Nós tiñamos unha morea de preguntas sobre Muriel, en quen se inspirara para definir as personaxes, se ía ter unha 2ª parte, que pasou coa avoa Belinda... María contestounos algunhas, outras dixo, eramos nós quen as tiñamos que responder pois non tiñan unha única resposta senon tantas coma lectores. Antes de marchar, asinounos os nosos libros e ata nos estampou un bico de bolboreta! 

Que visita máis agaradable! Volve cando queiras!

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> María Canosa

Os nosos circuitos eléctricos

E despois da charla de Jose Manuel sobre a electricidade, en 5º animámonos a facer os nosos propios circuitos eléctricos. Sabiades que o limón produce electricidade como para facer alumear unha pequena lámpada? 

 

Coñece as túas institucións

O pasado venres o alumnado de 5º visitou as sedes dos poderes lexislativo e executivo de Galicia: o Parlamento e a Xunta dentro do programa "Coñece as túas institucións". Alí coñeceron de primeira man o funcionamento e as competencias de cada institución, así como a separación de poderes que garante a democracia. E algúns ata se sentiron deputados subindo ao estrado e pronunciando os seus discursos!

 

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Coñece as túas institucións

Para que uns piquen e outros non...

O alumnado de 5ºA estivo na horta plantando pementos, un dos produtos estrela da gastronomía galega. A tempada de cultivo do pemento arranca en maio e dura ata finais do verán. E sabedes por que uns pican e outros non? A resposta está na capsaicina, un composto que produce o propio pemento como método de defensa contra insectos e animais. Pero non todos os pementos conteñen esta substancia na mesma proporción. As horas de sol, o tipo de terra e os métodos de rego, entre outros factores, poden determinar o desenvolvemento da planta e, polo tanto, o seu posterior picor.

 

A electricidade

O martes estivo na aula de 5º B José Manuel, o pai de Laura. Con el aprendemos moitas cousas sobre a electricidade, e tamén nos ensinou a facer circuitos. Foi moi divertido!

 

Máis fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> A electricidade

Letras Galegas 2018: teatro e obradoiro de alfareiría

Seguimos coas actividades das Letras Galegas. Hoxe o alumnado de 5º de primaria representou no salón de actos as obras Brétema e A festa no faiado de Mª Victoria Moreno para os seus compañeiros/as. Máis fotos picando na foto.

E no patio 2, estiveron dous alfareiros de Buño levando a cabo un obradoiro co alumnado de 6º de Infantil e 4º e 6º de Primaria.

As fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Obradoiro "Alfareiro de Buño"

Leitugas para todos/as

A nosa horta segue medrando.

Hoxe tocoulle plantar aos nenos e nenas de 6ºA, temos leitugas para todos/as.