3º ciclo

Visita de Héctor Cajaraville

Comezamos a Semana das Letras coa visita de Héctor Cajaraville ao alumnado de 6º de Primaria. Falounos do seu libro Kusuma, respondeu a todas as nosas preguntas e asinou os nosos exemplares.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Héctor Cajaraville

Visita ao CIFP Politécnico de Santiago (eduEmprende)

Hoxe o alumnado de 6º de Educación Primaria desprazouse ata o CIFP Politécnico de Santiago para asistir a unha charla didáctica sobre o emprendemento dentro do programa Atrévete de Eduemprende. Alí coñecemos a Ramón Lois, un empresario e emprendedor, da compañía madeireira Finsa que nos falou da importancia do traballo en equipo e de crer nos nosos soños.

Ademais recorremos as instalacións do centro, onde nos explicaron os diferentes ciclos formativos que alí se poden cursar: química, carpintería, mecánica, automoción, soldadura... 

Podedes ver as fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Visita ao CIFP Compostela

5º visita o Dolmen de Dombate

O martes 30 de abril, os alumnos/as de 5º xunto cos seus profes visitaron o Dolmen de Dombate.

Por grupos, realizaron a visita ao monumento megalítico onde descubriron pinturas e gravados e ata construíron un "teléfono" ou medio de comunicación da época neolítica. Trátase dun obxecto de madeira con forma ovalada atado cun fío. Ao xiralo, dependendo da lonxitude do fío, emite un son que os habitantes da época eran capaces de distinguir e co que comunicar mensaxes sinxelas como se hai caza ou non nun lugar concreto.

 

Foi unha xornada fantástica! Máis fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Dolmen de Dombate

SIGmakers: mBots, ozobots e ... impresión 3D!

Esta semana estanse levando a cabo as II Xornadas de programación, robótica e impresión 3D; desenvolvendo así as liñas do Contrato Programa de "Mellora da competencia matemática e ciencia e tecnoloxía".

Onte, luns, tocoulle o turno aos de 3º e 5º de Primaria, que experimentaron coas posibilidades dos mBots.

  

Hoxe, martes, obradoiros de impresión 3D con 4º e 6º de Primaria.

  

E o xoves, máis sesións de programación de ozobots con 1º e 2º de Primaria.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Robótica primaria

Camiño á Constitución

O alumnado de 5º e 6º achegámonos ao Centro Sociocultural Fernando Casas e Novoa para asistir á exposición "O Camiño á Constitución nas caricaturas de Siro" organizada pola Deputación para conmemorar os 40 anos da súa entrada en vigor.

 

 

 

 

5º e 6º visitan o Aeródromo de Santiago

Onte, xoves 14 os grupos de 6º, e hoxe, venres 15 os grupos de 5º visitamos as instalacións do Aeródromo de Santiago de Compostela en Lavacolla.

Alí puidemos acceder ás cabinas dunhas avionetas do aeroclub e sentirnos pilotos por uns instantes. Tamén vimos como actúan os bombeiros do aeroporto en caso de incendio nunha aeronave. Algúns ata nos mollamos un pouquiño!

 

Por último, tras uns videos explicativos do exército do aire, sacamos unhas fotos diante do helicóptero que empregaba salvamento marítimo en Galicia.

 

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Aeródromo de Santiago

Valentino Rufini e Akil Pillaban

  

O alumnado de 5º desprazouse ao Teatro Principal a Santiago para asistir a unha representación teatral.

Estamos seguros en internet?

Esta semana tivo lugar outra charla da Garda Civil para o alumndo de 5º e 6º, dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos. A temática xirou en torno á seguridade nas novas tecnoloxías e nas redes sociais. Foi moi interesante e aprendemos e reflexionamos sobre moitos riscos cos que nos atopamos a diario cando navegamos por internet. 

 

Vive le Vent - Jingle Bells

O alumnado de 6º de Primaria interpretou o xoves no Salón de Actos esta coñecida panxoliña en dúas linguas: francés e inglés.

Aquí vos vai un cachiño...

Joyeux Noel!

Menudos artistas!

O 20 de decembro, os nenos/as do noso cole disfrutaron das actuacións de teatro, contos e panxoliñas que tiñan preparadas os seus compañeiros de 4º, 5º e 6º.

       

Abriuse o telón coa representación teatral "Isto non é un conto" por parte do alumnado de 6º. Despois interpretarían a coñecida panxoliña "Vive le Vent" ou "Jingle Bells" nas dúas linguas estranxeiras que estudan este curso. 

  

A continuación, os compañeiros de 5ºB representaron "O misterio de Papá Noel" e relatáronnos o conto "Qué bonito é o Nadal!".

 

De seguido, un grupo de alumnas de 4º que acude os venres a Let's Sing A Song cantaron "We wish you a Merry Christmas"

 

O broche final puxérono os músicos do cole dirixidos pola profe Begoña con "Adestes Fideles".

Foi un gran día! Moi bo traballo rapazas e rapaces!