Lingua Estranxeira (Inglés)

Room on the broom

Esta semana, os alumnos/as de 1º baixamos á biblioteca na sesión de inglés para escoitar o conto Room on the broom contado por Maggie, a nosa auxiliar de conversa americana.

 

Despois sacamos unhas fotos co chroma subidos á vasoira. E aquí tedes o resultado...

 

 

Álbum: Curso 2021 - 2022 -> Room on the broom

Miami - Galicia connection!

Hoxe foi unha mañá moi intensa no cole. Ademais de coñecer á nova auxiliar de conversa, o alumnado de 5ºC de Primaria conectouse por videoconferencia con alumnos/as do Royal Palm Elementary School de Miami, en Florida, ao sureste dos Estados Unidos.

  

Nós prepararamos a aula con bandeiras de Galicia, España e Europa. Ás 2 en punto hora española (ou, o que é o mesmo, ás 8 da mañá en Miami) conectámonos por Zoom e coñecemos a Miss Alicia Ulloa, mestra de español en Estados Unidos, e aos seus alumnos de 4º e 5º grado. Para eles era a primeira clase da mañá, mentres que para nós era a última antes de ir xantar e/ou marchar para a casa. Comezamos presentándonos por turnos. Moitos dos rapaces norteamericanos comentáronnos que tiñan orixe hispana. Despois vimos uns videos que nos prepararan e rematamos bailando ao son de Jerusalema

  

E así gozamos dunha estupenda sesión na que nos presentamos, bailamos, rimos e... sobre todo entendemos que, malia a distancia que nos separa, non somos tan distintos dunha e doutra beira do Atlántico. 

Álbum: Curso 2021 - 2022 -> Dos Orillas (Galicia - Miami)

Welcome Maggie!

Hoxe coñecemos á nova auxiliar de conversa que nos axudará a mellorar a nosa expresión oral en inglés. Chámase Maggie e vén dos Estados Unidos, máis concretamente do estado de Virxinia onde se atopa Washington D.C. (a capital do país); a Casa Branca (onde reside o presidente) ou o Capitolio (onde se reúne o Parlamento).

  

Falounos do seu país, da súa cultura, da súa familia, dos seus amigos/as, da súa mascota, das súas afeccións... Nós fixémoslle unha morea de preguntas e regalámoslle uns debuxos de benvida.

 
Álbum: Curso 2021 - 2022 -> Maggie, our language assistant

European Day of Languages

Este ano, con motivo do 20 aniversario do Día Europeo das Linguas, o alumnado de 6º de Primaria xunto cos seus socios europeos do proxecto "Languages are Visions of Life" elaboraron este video dicindo "ola" e "feliz aniversario" en diferentes linguas. Esperamos que vos guste.

Proxectos internacionais 21/22

Dende hai uns cursos vimos realizando diferentes proxectos de colaboración con centros educativos de todo o mundo. Este curso, gracias ao proxecto eduExchanges e tamén á plataforma eTwinning, levaremos a cabo os seguintes proxectos:

  • Unidos por nuestras languas LAL (learning Alive Languages): proxecto de colaboración eTwinning entre diferentes centros de toda España para promover a diversidade cultural e lingüística do noso país.
  • Languages are Visions of Life: proxecto de colaboración eTwinning entre diferentes centros de toda Europa sobre a diversidade lingüística que nos rodea e o seu valor para unir culturas e xentes.
  • Dos Orillas: proxecto de intercambio educativo promovido pola Agregaduría de Educación da Embaixada Española en USA co centro Royal Palm Elementary School de Miami, Florida (USA).
  •           

Tres de tres!

Se hai uns meses despedíamos o curso compartindo con vós os dous selos de calidade nacionais obtidos polos proxectos levados a cabo en 5º curso de Primaria na materia de inglés, agora tócalle o turno ao proxecto desenvolvido polo alumnado de 6º na mesma materia. Este levaba por título "Languages 4 all" e trataba de amosar e poñer en valor a diversidade lingüística do continente europeo. Aínda que se fixo esperar, alegrámonos moito de recibir novamente este recoñecemento ao traballo de todo un curso. 

Selos de calidade para os nosos proxectos eTwinning

Estamos de noraboa! Os dous proxectos levados a cabo este curso en 5º de Primaria integrando as TIC na aprendizaxe do inglés recibiron o recoñecemento do Servizo Nacional eTwinning e, polo tanto, son merecedores do seu Selo de Calidade. Isto significa que ámbolos dous proxectos acadaron un nivel de eficiencia educativa e uns estándares de calidade grazas ao traballo levado a cabo polo alumnado e profesorado.

     

PARABÉNS!!!!!

Farewell

Chegamos á fin do proxecto eTwinning "L@ngu@ges 4 all", un proxecto no que nos achegamos ás diferentes linguas de Europa, sen esquecernos das linguas de signos e, dende esa diversidade lingüística, aprendemos a apreciar e valorar a nosa propia lingua. Coñecemos moitos alumnos/as e profes de distintas puntas do continente, vimos como todos afrontaban un curso cheo de incertidumes e dificultades a raíz da pandemia e atopamos puntos de encontro a través das redes. 

Non quixemos despedirnos sen conectarnos unha última vez mediante videoconferencia e poñer en práctica todo o aprendido nun Quizizz online en directo sobre o dicionario multilingüe que creamos entre todos como produto final. As primeiras posicións ocupáronas os nosos veciños portugueses, cun 100% de acertos, pero tras eles atopabamonos nós cunha puntuación nada desprezable de 93%. 

Esperamos poder seguir participando en proxectos europeos no futuro!

 

Our multilingual dictionary is finished!

Y6 have been working with many languages throughout this school year in our eTwinning project "L@ngu@ges4all". Not only the languages studied at school like Galician, Spanish, English or French, but also languages close to us like Portuguese, Italian and Romanian and others not similar at all like Turkish, Arabic, Armenian, Macedonian or Croatian. Here you can see the result.

 

 

LIVES, BOMBS AND CANONS

Before leaving, our language assistant Abdul made this game for us. The class was divided into 4 teams. We took turns in saying sentences about the grid on the interactive board. For example, "On Wednesdays I've got history" and got a heart (an extra life), a bomb (we lost a life) or a canon (we could take one life from other team). The winner was the group with more hearts or lives at the end of the game. We played with subjects and days of the week and also with verb tenses (present simple, present continuous, past simple and be going to). It was fun!