Lingua Estranxeira (Inglés)

Welcome Chloe!

Esta semana coñecemos á auxiliar de conversa que, este curso, nos axudará a mellorar a nosa expresión oral en inglés. Chámase Chloe e, igual que Hailey e Maggie, tamén é dos Estados Unidos; máis concretamente de Nova York onde se atopa o Empire State Building, Central Park ou a Estatua da Liberdade.

       

Falounos do seu país, da súa cultura, da súa familia, dos seus amigos/as, das súas mascotas, das súas afeccións... Nós fixémoslle unha morea de preguntas e coloreamos unhas bandeiras americanas para que se sentira coma na casa.

Álbum: Curso 2023 - 2024 -> Auxiliar de conversa

We keep SINGING on Fridays!

Today is FRIDAY! We can sing during break!

  

  

Let's sing a song

Singing and learning English on Fridays!!!

   

 

WE LEARN ENGLISH PRONUNCIATION SINGING!

We learn English pronunciation in an enjoyable way while we sing our favourite songs!

  

  

SINGING EVERY FRIDAY

Children singing at break time for Let´s sing a song Project. In Christmas month, December, Christmas songs. Alicia sings "All I want for Christmas is you" by Mariah Carey. Excellent!!! 

 

We keep singing and learning

Seguimos cos venres de karaoke en inglés para disfrutar cantando, ao mesmo tempo que melloramos a nosa pronunciación e léxico en inglés. Desta volta, foron os maiores do cole os que pasaron pola aula de inglés no recreo e, micrófono en man, deleitáronnos cos seus temas favoritos.

 

 

Let's get started! (V EDITION)

Este curso retomamos o proxecto "Let's Sing A Song" no que cada venres, durante o recreo, podemos cantar as nosas cancións favoritas en inglés.  Os primeiros en cantar foron os rapaces do 1º e 2º ciclo de Primaria. 

Dous novos selos de calidade para o noso centro!

Para despedir o curso 21/22, chéganos esta fantástica nova. Acábannos de conceder dous novos Selos de Calidade do Servizo Nacional eTwinning polos proxectos "Languages Are Visions Of Life" e "Unidos por nuestras lenguas" nos que participou o alumnado de 6º de Primaria dende a materia de Lingua Estranxeira (inglés). Parece que xa nos habituamos a recibir estes recoñecementos, que cos dos últimos cursos suman xa 6 a nivel nacional e 3 a nivel europeo, pero detrás destes proxectos hai moito traballo levado a cabo polo alumnado e profesorado. Parabéns! 

 

Entrega de diplomas "Dos Orillas"

Como remate ao proxecto "Dos Orillas" que este curso uniu as dúas beiras do Atlántico, fixemos entrega dos diplomas ao alumnado de 5º de Primaria participante e tomamos esta instantánea para a posteridade. Un proxecto que non esqueceremos nunca!  

E se queredes ver todas as actividades levadas a cabo ao longo deste proxecto, convidámosvos a visitar o noso espazo web:

 

 

Bye-bye Maggie

Esta semana, entre apertas e bágoas, despedimos a Maggie, a nosa auxiliar de conversa americana que nos acompañou durante todo o curso. Estábamos tan contentos con ela que nos custou deixala ir. Os alumnos/as fixéronlle debuxos, escribíronlle tarxetas e sacaron as últimas fotos de recordo con ela. Ata houbo quen lle compuxo unha canción resumindo o seu paso polo colexio. Foron uns días moi emotivos.

Dende toda a comunidade educativa, desexámoslle que pase un bo verán e pronosticámoslle un futuro prometedor no ámbito educativo. As portas do noso centro sempre estarán abertas para ela.

Álbum: Curso 2021 - 2022 -> Bye-bye Maggie