Bye-bye Maggie

Esta semana, entre apertas e bágoas, despedimos a Maggie, a nosa auxiliar de conversa americana que nos acompañou durante todo o curso. Estábamos tan contentos con ela que nos custou deixala ir. Os alumnos/as fixéronlle debuxos, escribíronlle tarxetas e sacaron as últimas fotos de recordo con ela. Ata houbo quen lle compuxo unha canción resumindo o seu paso polo colexio. Foron uns días moi emotivos.

Dende toda a comunidade educativa, desexámoslle que pase un bo verán e pronosticámoslle un futuro prometedor no ámbito educativo. As portas do noso centro sempre estarán abertas para ela.

Álbum: Curso 2021 - 2022 -> Bye-bye Maggie