Saltar navegación.
Inicio

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2023/2024

Aberto o prazo para a tramitación de solicitudes para o fondo solidario de libros de texto e adquisición de libros de texto e material escolar dirixidas ao alumnado matriculado en Ed. Primaria, ESO, EE e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

O prazo para a presentación de solicitudes na secretaría do colexio rematará o día 16 de xuño de 2023, co fin de poder completar polo centro, o proceso de rexistro na aplicación antes do 21 de xuño, tal como dispón a convocatoria. (Horario secretaría: luns a venres, de 12:30h a 13:30h).

  *Nota: As rendas per cápitas superiores a 10.000 euros non serán beneficiarios da axuda para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de EP) e/ou material escolar, agás naqueles casos onde se acredite unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou equivalente de clases pasivas.

 

Poden acceder directamente nesta páxina web 

Para consultar máis información PREMA AQUÍ

 

Orde do 10 de maio de 2023 (Convocatoria - DOG nº 94)

 

FORMACIÓN PARA FAMILIAS: Educación Afectivo Sexual

A tarde do luns 22 de maio contamos no centro coa formación ofrecida para as familias sobre Educación Afectivo Sexual:

LECTURAS DESTA SEMANA

 

Esta semana recitamos os clásicos con "A casa de había unha vez" de Ana María Fernández:

 

LETRAS GALEGAS 2023: MÚSICA E TEATRO PARA CONMEMORALAS

O Concello de Vimianzo organizou no auditorio de Vimianzo unha representación de teatro con música da man de  Luis Valleciño :"Cantares das Letras", da que pudemos gozar todo o alumnado do centro:

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO. CURSO 2023/2024.

Publicadas listaxes definitivas de admisión de alumnado para o curso 2023/2024.

Todo o alumnado solicitante, obtivo praza neste centro para o vindeiro curso.

Poden consultar as listaxes definitivas, no taboleiro de anuncios situado no interior do colexio ou na aplicación admisionalumnado, accedendo coa chave 365.

Os interesados deberán formalizar a matrícula, do 20 ao 30 de xuño, data na que estará aberto o prazo de FORMALIZACIÓN.

VISITA AOS INVERNADOIROS DE PASARELA

O alumnado de 1º visitou os invernadoiros da mamá dun alumno deste curso, onde aprenderon sobre a semente, o rego e os coidados das hortalizas, así como sobre algunhas enfermidades das plantas e algunhas formas sostibles para combatilas.

XORNADAS DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL

Durante dúas xornadas os pais de dous alumnos de 1º que traballan no sector medioambiental acompañaron ao alumnado de 1º e 2º para explicarlles como é o seu traballo de loita contra algúns dos problemas aos que se enfrontan os nosos bosques, coma os incendios forestais, a deforestación ou a perda de biodiversidade. Grazas a eles e ao equipo que trouxeron consigo aprenderon de primeira man como se organiza este equipo humano e a importancia de que todos colaboremos na conservación das nosas árbores. Xunto a eles, as nenas e nenos de 1º plantaron no patio un freixo, un pradairo, unha sobreira e unha cerdeira e colgaron casiñas para os paxaros, facendo aínda máis inesquecible esta enriquecedora experiencia!

 

MAXIA NO SAN VICENZO

O alumnado de primeiro ciclo gozou do expectáculo de maxia: The Best Magic Trick in the World. Como lles gustou a todos!!

 

  

 

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Convócanse, para o curso 2023-2024, axudas individualizadas para os alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educativo.

Asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como, axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

  • Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

 

 

NOVO EQUIPAMENTO NAS AULAS DO SAN VICENZO

Esta semana viñeron instalarnos nas aulas de Educación Infantil e de 1º ata 4º de primaria PANEIS INTERACTIVOS. Estamos encantados con este novo recurso que nos permite: mellorar a nosa práctica educativa, deseñar propostas máis entretidas, atender mellor á diversidade da aula e ofrecer novas posibilidades ao noso alumnado.

Distribuir contido