Saltar navegación.
Inicio

Educación física

CARREIRA SAVE THE CHILDREN

Con motivo da celebración do Dia da Paz organizamos,como outros anos, a carreira solidaria de Save the Children. Este ano o colexio recadou 772,20€ que foron ingresados como donativo.Gracias a todas as familias pola súa colaboración nas achegas!

 

Campo a través - Campionato Intercomarcal 2016

Na mañá do pasado venres 29 de xaneiro, celebrouse o campionato intercomarcal de campo a través. A proba tivo lugar no circuíto do Campamento Xuvenil Virxe do Loreto de Porto do Son.O Ceip San Vicenzo estivo representado por tres atletas: Lucía Roget Blanco, Ousmane Sarr María Villaverde Ameijeiras. Cunha climatoloxía perfecta para a práctica deste magnífico deporte, os/as tres representantes de Vimianzo, competiron de maneira sobresaínte acadando uns magníficos resultados. A primeira en participar foi a alumna de 5º Lucía Roget Blanco, a cal competíu en categoría alevín. Lucía realizou unha magnífica carreira. Dende a saída ata a chegada mantívose entre as quince primeiras clasificadas, entrando en meta nunha fantástica 12ª posición. O alumno de 4º, Ousmane Sarr, foi o segundo en competir, realizando unha moi boa carreira en categoría alevín. Ousmane saíu nos primeiros postos e foi quen de entrar en meta nunha moi meritoria 23ª posición, nunha proba con moitísimo nivel. A última das nosas representantes en tomar parte na proba foi a alumna de 6º María Villaverde Ameijeiras a cal acadou a medalla de prata na categoría infantil, realizando unha impresionante carreira. María situouse nas primeiras posicións dende a saída, manténdose nos tres primeiros postos ao longo de toda a proba. A falta de 300 metros para chegar á meta, María realizou un impresionante cambio de ritmo que lle servíu para acadar o subcampionato intercomarcal, véndose superada únicamente nos últimos metros por unha atleta da Atl.Barbanza.Con este resultado, María logra a clasificación para o campionato provincial que se celebrará o  vindeiro día 27 de febreiro en Narón. SORTE E A POR TODAS MARÍA e fagas o que fagas en Vimianzo estaremos moi orgullosos do teu resultado!.
 
Con estes magníficos resultados, os/as nosos/as representantes demostran o enorme potencial que teñen como atletas e que xa viñan mostrando nos últimos anos. E RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN,  O MÁIS IMPORTANTE É DESFRUTAR E APRENDER FACENDO DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.
 
 
OUSMANE, MARÍA E LUCÍA
 
 

 MARÍA NO PODIUM INFANTIL FEMININO

 

Campo a través - Campionato comarcal / Cee 2015

O pasado venres 4 de decembro, celebrouse o campionato comarcal de campo a través. Como ven sendo habitual nos últimos anos, a proba tivo lugar no Estadio Municipal San Paio Refoxo de Cee. Cunha climatoloxía perfecta para a práctica do atletismo, os/as 65 alumnos/as representantes do Ceip San Vicenzo desfrutaron practicando este magnífico deporte. Todos/as competiron de maneira fantástica esforzándose ao máximo dende o primeiro ata o último metro da carreira. Foi  unha gran expericiencia para todos/as eles/as na que ademais de correr tiveron a ocasión de facer novos/as amigos/as doutros colexios ou clubs de atletismo. Todos/as, dende o/a primeiro/a ata o/a último/a clasificado/a, son gañadores polo simple feito de participar e esforzarse ao máximo dentro das súas capacidades.

 
En canto aos resultados, temos que destacar as 3 medallas acadadas polos/as nosos/as alumnos/as. A primeira delas chegaba na categoría alevín feminina, na cal, Lucía Roget Blanco(alumna de 5ºB), conseguía a medalla de bronce despois de realizar unha magnífica carreira na que foi de menos a máis, entrando en meta nunha extraordinaria terceira posición. A segunda medalla foi de prata e chegaba na categoría alevín masculino da man do alumno de 4ºA Ousmane Sarr. Ousmane fixo unha carreira fantástica, manténdose nos primeiros postos de carreira dende a saída e entrando en meta nunha impresionante segunda posición. Por último, na categoría infantil feminina, a alumna de 6º B, María Villaverde Ameijeiras acadaba nada máis e nada menos que a medalla de ouro. María realizou unha carreira perfecta, colocándose dende a saída nos primeiros postos e rompendo a carreira cun extraordinario cambio de ritmo a falta de 200 metros para facerse co campionato comarcal. Lucía, Ousmane e María serán os/as nosos/as representantes no campionato intercomarcal que se celebrará en Porto do Son o vindeiro 29 de xaneiro. En Vimianzo estamos moi orgullosos dos seus éxitos. Dende aquí queremos darlle a noraboa polos magníficos resultados acadados e deserxarlles moita sorte para a vindeira proba, na cal estamos seguros que o farán moi ben.
 
 
 
LUCÍA, MARÍA E OUSMANE
 
 
Ademais das tres medallas acadadas tamén temos que destacar os seguintes resultados :
 
BENXAMÍN FEMININO
 
  • UXÍA ALBORES CANOSA - 13ª
  • ANTÍA BUSTO LEMA - 21ª
  • EMMA PÉREZ GESTO - 23ª
  • AROA SENDÓN AMADO - 24ª
BENXAMÍN MASCULINO
  • HUGO CASTIÑEIRA SANTOS - 21º
  • MANUEL GÓMEZ LEMA - 37º
  • VALENTÍN ARIAS PARGA - 41º
  • JOSÉ ANTONIO ANDRADE CASTIÑEIRA - 51º
ALEVÍN FEMININO
  • LUCÍA ROGET BLANCO - 3ª
  • NEREA BLANCO RIAL - 15ª
  • NATALIA TORRER TRILLO - 17ª
  • ANGELA REY FIGUEIRA - 21ª
ALEVÍN MASCULINO
  • OUSMANE SARR - 2º
  • JULIÁN BLANCO ANDRADE - 20º
  • SAMUEL SUÁREZ GARCÍA - 30º
  • SAMUEL RODRÍGUEZ REGUEIRA - 34º
INFANTIL FEMININO
  • MARÍA VILLAVERDE AMEIJEIRAS - 1ª
  • ALEXIA CANOSA ROJO - 14ª
  • ANDREA MÉNDEZ ARJOMIL - 66ª
INFANTIL MASCULINO
  • FABIÁN SENDÓN AMADO - 21º
  • BRAIS SANTOS BARREIRO - 36º
  • VICTOR CANOSA GONZÁLEZ -39º
  • BRIAN CANOSA DA SILVA - 81º
 
Dende aquí queremos felicitar a tódolos/as alumnos/as que participaron polo ben que o fixeron e recordade que aínda que gañar está moi ben, O MÁIS IMPORTANTE É DESFRUTAR E APRENDER FACENDO DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.

Nos seguintes enlaces pódese consultar a clasificación e visualizar reportaxes fotográficas da proba.

 

Galería

 Clasificación da proba

 

Bádminton - Campionato comarcal infantil 2015-2016

O pasado xoves 26 celebrouse na Serra de Outes o campionato comarcal infantil de bádminton.O Ceip San Vicenzo estivo representando por 4 xogadores/as que competiron de maneira fantástica, e o que é máis importante, desfrutaron dunha magnífica xornada de deporte na cal ademais de xogar ao bádminton tiveron a oportunidade de facer novos/as amigos/as.
 
Cada xogador/a disputou 2 partidos. Na categoría feminina, Ainhoa Vigo Pérez Karina Mouzo Pazos de 6ºB, foron as nosas representantes. As dúas realizaron uns magníficos partidos. Karina demostrou un gran nivel de xogo gañando un dos seus partidos namentres que Ainhoa non foi quen de acadar a vitoria a pesar de xogar de maneira fantástica. Aníbal Calo Méndez e Brian Canosa da Silva de 6º A, foron os nosos representantes na categoría masculina. Brian competíu moi ben contra rivais con moito nivel ante os que non puido acadar o triunfo. Aníbal demostrou o seu alto nivel de bádminton logrando o triunfo nun dos seus partidos.Tanto Karina como Aníbal deberán esperar aos resultados finais para saber se están clasificados para a seguinte fase. Pase o que pase, debemos darlle a noraboa aos/ás nosos/as catro representantes polo ben que o fixeron e RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É DIVERTIRSE E APRENDER FACENDO DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.
 
 
 
 
 
 

CAMPIONATO PROVINCIAL ATLETISMO EN PISTA 2014-2015 / FERROL

O sábado 30 de maio, celebrouse en Ferrol o campionato provincial de atletismo en pista. Cunha climatoloxía perfecta para a práctica do atletismo, os/as nosos/as 14 representantes (clasificados previamente das fases intercomarcais) competiron de xeito fantástico acadando uns resultados impresionantes, destacando os 4 atletas que acadaron medalla. Así, na categoría benxamín feminino, Paula Andújar Paz (alumna de 3º) proclamouse campiona provincial en lanzamento de pelota. Na categoría alevín feminino, María Villaverde Ameijeiras (alumna de 5º) acadou a medalla de bronce nos 500 m.l, mentres que o seu compañeiro de curso, Hugo Santos Pérez, conquistou o subcampionato provincial en lanzamento de pelota na categoría alevín masculino. Na categoría infantil masculino, Diego Romero Aguiar (alumno de 6º) proclamouse nada máis e nada menos que campión provincial en salto de lonxitude e en 150 m.l. Pero, ademais destes impresionantes resultados, temos que destacar que os/as demais representantes competiron tan ben que remataron como mínimo entre os/as 8 mellores atletas da provincia.








Os/as resultados de todos/as os/as nosos/as representantes foron: 
  • Ousmane Sarr :  benxamín, 4º en 50 m.l. cun rexistro de 8.49 e 7º en 500 m.l. cun tempo de 1.47.91.
  • Paula Andújar Paz : benxamín, 1ª en lanzamento de pelota cun rexistro de 22.17.
  • María Villaverde Ameijeiras : alevín, 3ª en 500 m.l. cun tempo de 1.36.08. e 6ª en salto de lonxitude cunha marca de 3.20.
  • Hugo Santos Pérez : alevín, 1º en lanzamento de pelota cun rexistro de 32.41.
  • Manuel Canosa Dopazo : alevín, 6º en lanzamento de peso cun rexistro de 7.33.
  • Carolina González Castro : infantil, 6ª en lanzamento de disco cun rexistro de 14.09 e 9ª en lanzamento de peso cunha marca de 5.53.
  • Marcos Esperante Varela : infantil, 7º en lanzamento de disco cun rexistro de 16.77 e 12º en lanzamento de peso cunha marca de 5.57.
  • Adrián Pereira Fernández : infantil, 8º en lanzamento de disco cun rexistro de 14.86.
  • Diego Romero Aguiar : infantil, 1º en salto de lonxitude cun mellor salto de 4.79 e 1º en 150 m.l. cun rexistro de 20.47.
  • Nerea Blanco Rial, Paula Pérez Espasandín, Andrea Méndez Arjomil e María Villaverde Ameijeiras : alevín, 5ª na final A de 4x60 m.l. cun rexistro de 44.90.
  • Diego Romero, Álvaro Quintáns García, David Villaverde Ameijeiras e Adrián Pereira Fernández : infantil, 3º na final B de 4x80 m.l.
Resultados completos no seguinte enlace:
 
 
Dende aquí queremos felicitalos/as a todos/as polos magníficos resultados acadados que demostran que con esforzo, gañas , ilusión e traballo todo se pode conseguir. Esperamos que continuedes facendo deporte e recordade que GAÑAR ESTÁ MOI BEN , PERO O MÁIS IMPORTANTE É PRACTICAR DEPORTE DISFRUTANDO E APRENDENDO XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.

 
 
 
 

Martín de Corme. Un TENISTA que xoga en cadeira de rodas

Este venres tivemos a grande honra de que nos visitara Martín Varela Dourado, Martín de Corme. Na súa carreira a #Río2016 fixo un oco na súa axenda para compartir connosco unha tarde que non esqueceremos.

Queremos agradecerlle a Martín que nos dera a oportunidade de aprender da súa experiencia de vida; un exemplo de superación onde as únicas limitacións están na nosa mente. Nas súas palabras;

"Recordade: non son un discapacitado que xoga ao tenis. Son un TENISTA que xoga en cadeira de rodas"

 

  

Máis información;

 

Os nosos mellores desexos no camiño aos Xogos Paralímpicos de Río 2016.

 

 

Aprendendo das persoas con disCAPACIDADE visual

Agradecerlle á ONCE e a Paula Vidal que nos prestaran este marabilloso material co que poder xogar e aprender a través do tacto, o oído e o olfato.

 

 

 

 

 

Galería fotográfica

 

 

 

 

CAMPIONATO INTERCOMARCAL ALEVÍN DE BÁDMINTON 2014-2015

O pasado martes 28 de abril celebrouse na Serra de Outes o campionato intercomarcal de bádminton na categoría alevín. O Ceip San Vicenzo estivo representado por 16 xogadores/as, 8 na categoría feminina e 8 na categoría masculina. A competición disputouse no formato de cadro eliminatorio, é dicir, os/as xogadores/as quedaban eliminados/as en caso de perder o seu partido e ían pasando rondas en caso de gañar. Os resultados acadados polos/as nosos/as representantes foron moi bos, tendo en conta que nestas fases moitos/as dos/as xogadores/as que compoñen os cadros de competición pertencen a equipos de bádminton.

                                 
 
XOGADORES E XOGADORAS DO CEIP SAN VICENZO
 
Na categoría feminina cun cadro de competición de 8 xogadoras, as nosas competidoras acadaron 3 medallas. Así :
  1. María Villaverde Ameijeiras de 5º, acadou a medalla de ouro.
  2. Nerea Suárez Calo de 6º, acadou a medalla de prata.
  3. Karina Mouzo Pazos de 5º, acadou a medalla de bronce.

 

PODIO ALEVÍN FEMININO

Estas tres xogadoras xunto con Laura Ramos Santos de 6º, que acadou a  posición neste campionato intercomarcal, conseguiron a clasificación para o campionato provincial que se disputará o vindeiro 16 de maio en Outes. NORABOA ÁS CATRO!.

Na categoría masculina, cun cadro de competición de 16 xogadores,  os nosos representantes fixeron un magnífico campionato, destacando a medalla de bronce conseguida por Fabián Sendón Amado de 5º. Con este gran resultado, Fabián acada a clasificación para o campionato provincial. NORABOA FABIÁN!. Ademais tamén destacamos o bo papel feito porÁlvaro Quintáns García e Adrián Pereira Fernández ámbolos dous de , que chegaron ata os cuartos de final.

       PODIO ALEVÍN MASCULINO

Dende aquí queremos felicitar a todos/as os/as nosos/as participantes que competiron de xeito fantástico deixando o nome do Ceip San Vicenzo de Vimianzo moi alto, e tamén queremos desexarlles moita sorte aos cinco xogadores/as que nos representarán o vindeiro 16 de maio no campionato provincial en Outes. Non temos ningunha dúbida que o farán xenial. NORABOA E MOITA SORTE !.
 
RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É XOGAR, DISFRUTAR E APRENDER XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS. 

 

 
 

CAMPIONATO INTERCOMARCAL ATLETISMO EN PISTA - 2ª XORNADA BENXAMÍN/ALEVÍN

O pasado sábado 18 de abril celebrouse na Pobra do Caramiñal a 2ª xornada do campionato intercomarcal de atletismo en pista nas categorías benxamín e alevín. O Ceip San Vicenzo estivo representado por 14 atletas que disfrutaron e competiron de maneira fantástica acadando uns magníficos resultados. Así :
 
-Paula Andújar Paz: benxamín, 1ª en lanzamento de pelota cun rexistro de 16.8 e 2ª na súa serie de 50 m.l. cun tempo de 9.53.
-Ousmane Sarr: benxamín, 1º na súa serie de 50 m.l. cun tempo de 8.69 e 2º na súa serie de 500 m.l. cun tempo de 1.47.79.
-Alonso de Vicente Martínez: benxamín, 2º na súa serie de 50 m.l. cun tempo de 9.39 e 4º na súa serie de 500 m.l. cun rexistro de 1.51.45.  
-Fabián Sendón Amado: alevín, 7º en lanzamento de pelota cun rexistro de 20.12 e 10º en salto de lonxitude con 2.92.
-Hugo Santos Pérez:  alevín, 1º na súa serie de 60 m.l. cun tempo de 10.42 e 1º en lanzamento de pelota cun rexistro de 28.94.
-Manuel Canosa Dopazo: alevín, 4º en lanzamento de peso cun rexistro de 7.80 e 18º en lanzamento de pelota con 13.81.
-Brais Santos Barreira: alevín, 4º na súa serie de 60 m.l. cun tempo de 10.97 e 17º en lanzamento de pelota cunha marca de 14.07.
-Paula Pérez Espasandín:  alevín, 20ª en salto de lonxitude cun rexistro de 2.28 e 12ª en lanzamento de pelota con 9.33.
-Nerea Blanco Rial: alevín, 3ª na súa serie de 60 m.l. cun tempo de 10.70 e 10ª na súa serie de 500 m.l. cun tempo de  2.03.77.
-Natalia Torres Trillo: alevín, 4ª na súa serie de 60 m.l. cun tempo de 11.47 e 12ª  na súa serie de 500 m.l. cun tempo de 2.02.81.
-Lucía Roget Blanco: alevín, 2º na súa serie de 60 m.l. cun rexistro de 10.29  e 6ª na súa serie de 500 m.l. cun tempo de 1.48.67.
-Andrea Méndez Arjomil: alevín, 5ª na súa serie de 60 m.l. cun tempo de 11.34 e 10ª en lanzamento de peso cun mellor rexistro de 5.03.
-Nerea Rojo Arjomil: alevín, 2º na súa serie de 60 m.l. cun tempo de 10.27. e 11ª na súa serie de 500 m.l. cun tempo de  2.06.04.
-María Villaverde Ameijeiras: alevín, 2ª na súa serie de 500 m.l. cun tempo de 1.40.67  e 5ª en  salto de lonxitude cun rexistro de 2.99.

Pódense consultar os resultados completos no seguinte enlace:
 
 
AGORA SOAMENTE QUEDA  AGARDAR A QUE REMATEN OS CAMPIONATOS INTERCOMARCAIS DA ZONA NORTE DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA COÑECER AOS 16 PRIMEIROS DO RANKING DE CADA PROBA  QUE SE CLASIFICAN PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL.
NORABOA POLOS MAGNÍFICOS RESULTADOS ACADADOS E RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DISFRUTAR E APRENDER FACENDO DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.
 
 

 

 

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS 2014-2015

Novo éxito en campo a través de María Villaverde Ameijeiras. A alumna e atleta de 5º de primaria realizou unha impresionante carreira no campionato galego celebrado en Monterrei (Ourense) o pasado sábado 21 de febreiro, no cal acadou o 5º posto. Cunha climatoloxía perfecta para a práctica do atletismo e nun circuíto inmellorable para unha proba de campo a través, María  realizou unha carreira perfecta. A pesar de esvarar na saída, conseguíu recuperar posicións durante toda a proba. Foi de menos a máis, superando atletas nas dúas voltas que tiñan que dar ao circuíto. Ao final da primeira volta ocupaba a 8ª posición, posto que mantiña a falta de 300 metros, momento no cal realizou un magnífico cambio de ritmo co cal conseguíu colocarse na 5ª posición que mantivo ata a meta. Con este excelente resultado, María cerra unha tempada de campo a través que se pode calificar de impresionante, na cal acadou o campionato comarcal, o subcampionato intercomarcal e a medalla de bronce no campionato provincial. Neste mes de marzo, María comezará xunto con outros/as alumnos/as do Ceip San Vicenzo, a súa participación nos campionatos de atletismo en pista. NORABOA POLOS ÉXITOS CONSEGUIDOS, SORTE PARA AS SEGUINTES COMPETICIÓNS E A SEGUIR DISFRUTANDO FACENDO DEPORTE!.

 
 
 
 
Distribuir contido