Saltar navegación.
Inicio

CAMPIONATO INTERCOMARCAL ALEVÍN DE BÁDMINTON 2014-2015

O pasado martes 28 de abril celebrouse na Serra de Outes o campionato intercomarcal de bádminton na categoría alevín. O Ceip San Vicenzo estivo representado por 16 xogadores/as, 8 na categoría feminina e 8 na categoría masculina. A competición disputouse no formato de cadro eliminatorio, é dicir, os/as xogadores/as quedaban eliminados/as en caso de perder o seu partido e ían pasando rondas en caso de gañar. Os resultados acadados polos/as nosos/as representantes foron moi bos, tendo en conta que nestas fases moitos/as dos/as xogadores/as que compoñen os cadros de competición pertencen a equipos de bádminton.

                                 
 
XOGADORES E XOGADORAS DO CEIP SAN VICENZO
 
Na categoría feminina cun cadro de competición de 8 xogadoras, as nosas competidoras acadaron 3 medallas. Así :
  1. María Villaverde Ameijeiras de 5º, acadou a medalla de ouro.
  2. Nerea Suárez Calo de 6º, acadou a medalla de prata.
  3. Karina Mouzo Pazos de 5º, acadou a medalla de bronce.

 

PODIO ALEVÍN FEMININO

Estas tres xogadoras xunto con Laura Ramos Santos de 6º, que acadou a  posición neste campionato intercomarcal, conseguiron a clasificación para o campionato provincial que se disputará o vindeiro 16 de maio en Outes. NORABOA ÁS CATRO!.

Na categoría masculina, cun cadro de competición de 16 xogadores,  os nosos representantes fixeron un magnífico campionato, destacando a medalla de bronce conseguida por Fabián Sendón Amado de 5º. Con este gran resultado, Fabián acada a clasificación para o campionato provincial. NORABOA FABIÁN!. Ademais tamén destacamos o bo papel feito porÁlvaro Quintáns García e Adrián Pereira Fernández ámbolos dous de , que chegaron ata os cuartos de final.

       PODIO ALEVÍN MASCULINO

Dende aquí queremos felicitar a todos/as os/as nosos/as participantes que competiron de xeito fantástico deixando o nome do Ceip San Vicenzo de Vimianzo moi alto, e tamén queremos desexarlles moita sorte aos cinco xogadores/as que nos representarán o vindeiro 16 de maio no campionato provincial en Outes. Non temos ningunha dúbida que o farán xenial. NORABOA E MOITA SORTE !.
 
RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É XOGAR, DISFRUTAR E APRENDER XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.