ABERTO O PRAZO PARA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Enviado por MJVILLAVERDE o Mér, 18/05/2022 - 15:38
Hoxe, xoves 19 de maio, ábrese o prazo para a tramitación de solicitudes para o fondolibros e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar dirixidas ao alumnado matriculado en Ed. Primaria,ESO, EE e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
O prazo para a presentación de solicitudes na secretaría do centro rematará o día 17 de xuño de 2022, (co fin de poder completar no centro o proceso de rexistro na aplicación antes do 22de xuño, tal como dipón a convocatoria).
Poden consultar máis a información premendo AQUÍ.
Poden descargar os ANEXOS para a presentación da solicitude presencial a continuación:
Orde do 29 de abril de 2022 (convocatoria - DOG Nº 95)
* Nota: As rendas per cápitas superiores a 10.000 euros non serán beneficiarios da axuda para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de Ed. Primaria) e/ou material escolar, agás naqueles casos onde se acredite unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou equivalente de clases pasivas.
LETRAS GALEGAS 2022
Enviado por MJVILLAVERDE o Mér, 18/05/2022 - 13:25
Este ano con motivo da conmemoración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022 preparamos unha coreografía para a canción "Terra de Tanxugueiras" con todo o alumnado do centro.
Ademais coa axuda de familias voluntarias elaboramos un mural da bandeira de Galicia recollendo as nosas "palabras preferidas en galego" que recopilamos con axuda de alumnado e profesorado.
Queremos agradecer ás familias colaboradoras a súa participación, así como ás alumnas voluntarias o seu esforzo por facer de coreógrafas e ensinarnos os pasos de baile a tódalas clases.
PREMA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO DA COREOGRAFÍA
CAMPAMENTOS DE VERÁN 2022 - XUNTA DE GALICIA
Enviado por MJVILLAVERDE o Mér, 18/05/2022 - 13:06Preme no seguinte enlace para acceder á información sobre os CAMPAMENTOS DE VERÁN 2022 ofertados pola Xunta de Galicia para este ano:
PUBLICADA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
Enviado por MJVILLAVERDE o Mér, 18/05/2022 - 13:00Publicado no BOE o Extracto da Resolución do 13 de maio de 2022, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para Alumnos con Necesidad Específica de Apoio Educativo para o curso académico 2022-2023.
Para calquera dúbida poden contactar co Departamento de Orientación no teléfono do centro: 881 866 532
PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 13/05/2022 - 14:21Publicadas listaxes definitivas do alumnado admitido neste centro para o próximo curso 2022/23.
Poden consultar as listaxes no taboleiro de anuncios situado no interior do centro ou a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.
AGRADECEMENTO POLAS DONACIÓNS SAVE THE CHILDREN
Enviado por MJVILLAVERDE o Mér, 04/05/2022 - 14:11Dende Save the Children agradecen a toda a Comunidade Educativa a solidaridade mostrada na campaña programas contra a desnutrición infantil dos nenos e nenas do Corno de África. Este ano a donación foi de 1005 Euros, tal como se indica no certificado de agradecemento recibido dende Save the Children.
Gracias a todos pola súa colaboración!
PUBLICADAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023
Enviado por ROCÍO o Lun, 25/04/2022 - 13:26Publicadas listaxes provisionais do alumnado admitido neste centro para o próximo curso 2022/23.
Poden consultar as listaxes no taboleiro de anuncios situado no interior do centro ou a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.
SEMANA DO LIBRO: CONTACONTOS E MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS
Enviado por MJVILLAVERDE o Mér, 20/04/2022 - 17:10
O martes 19, por mor da Semana do Libro, os alumnos e alumnas do I.E.S Terra de Soneira agasalláronnos cunha escolma de contos clásicos. A representación tivo lugar na Biblioteca para o alumnado de 1º e 2º de primaria.
Por outra banda, dende o Departamento da Biblioteca do centro propuxéronnos para todo o centro unha actividade solidaria para conmemorar o Día do Libro (23 de abril) en colaboración coa asociación "Save the Children". Esta consistíu na decoración dun marcapáxinas, achegado dende a asociación, que posteriormente “venderon” a amigos e familiares para lograr recadar unha pequena axuda,destinada nesta ocasión a programas contra a desnutrición infantil dos nenos e nenas do Corno de África.
Para máis información sobre esta iniciativa poden acceder ao enderezo: https://www.savethechildren.es/marcapaginas-por-la-solidaridad-coles.
BIBLIOTECA: LECTURAS E ACTIVIDADES NO MES DE MARZO
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 01/04/2022 - 12:58Estes son algúns dos nenos e nenas que participaron nas actividades de Biblioteca no mes de Marzo:
ALUMNADO CON NEAE
Enviado por ROCÍO o Mar, 29/03/2022 - 13:51Mañán, 30 de marzo e ata o 12 de maio de 2022, estará aberto o prazo para solicitar axudas para o Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo para o curso 2022/2023.
Poden consultar toda a información na seguinte ligazón:
https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html
