Saltar navegación.
Inicio

Samaín

SAMAÍN 2019/20

 

Así celebramos o SAMAÍN este curso no noso cole...

 

A Lingua no Samaín

Entre pantasmas,caveiras e arañas atoparonse pareados,varias adiviñas e algún que outro pareado.

 

TEMPO DE MAGOSTO, PEÓNS E SAMAÍN. PASÁMOLO DE MEDO!

       

 

 

 

 

O Samaín chegou ao San Vicenzo

SAMAÍN 2014

 

  

 

 

 

 

Xa estamos a preparar o Samaín!

Cancións para o Samaín

 

 

TEMPO DE OUTONO

UN ANO MÁIS E COMO SEMPRE POR ESTAS DATAS, NO NOSO COLE CELEBRAMOS O SAMAIN E O MAGOSTO.

OS NENOS E NENAS, COA AXUDA DAS SÚAS FAMILIAS, DECORARON UNHAS CABAZAS TERRORÍFICAS!! PARA ESPANTAR OS ESPÍRITOS. E CON ELAS FIXEMOS UNHA EXPOSICIÓN ESTUPENDA.

TAMÉN TROUXEMOS CASTAÑAS PARA CELEBRAR O MAGOSTO TODOS XUNTOS, E MENTRAS AS CASTAÑAS SE FACÍAN, DIVERTÍMONOS CON DIFERENTES XOGOS POPULARES.

O SAMAIN

Ante o éxito que tivo o ano pasado a exposición de cabazas, con motivo do SAMAIN, este ano queremos repetila.

Na semana do 7 ao 11 de novembro, na biblioteca do colexio faremos a exposición de cabazas e libros terroríficos, referentes á festividade.

Entre o luns e o martes os nenos que o desexen, poden traer unha cabaza decorada ao seu gusto.

Estades todos invitados a visitar a exposición neste horario:

Mércores: de 10h. a 10'20h. e de 16'30h. a 16'45h.

Xoves: de 10h. a 10'20h.

O xoves a última hora cada neno poderá recoller a súa cabaza.

Samaín de nivel

Finalmente o samaín pasou polo CEIP San Vicenzo, non sen poucos sobresaltos.

A nosa biblioteca convertiuse nun lugar lúgubre e desafiante no cal, todos aqueles/as que tiveron o coraxe de adentrarse tiveron a posibilidade de observar estranas transformacións dos cabácidos: marcianos de prata, subamarinistas, paisanos con boina, Frankestein, teteiras asesinas,etc.

     

Pero as sorpresas non remataron aquí, durante toda a xornada o centro veuse poseido polo escuro: estranos sons de portas que se abren, desgarradores gritos de horror, sobrecolledores tronos, berros de noxentas criaturas inimaxinables...Un senfín de sons inundaron os pasillos poñendolle boa dose de pánico ás clases hoxe.

Algúns alumnos/as levaron unha sorpresa ao comprobar que as súas clases se converteran da noite para a mañá na casa dos pesadelos.

O desenlace final foi verdadeiramente apocalíptico: como saída da mais terrible película de terror, unha bruxa sorprendeunos a todos e percorreu todas as aulas creando auténticas situacións de pánico.

 

Distribuir contido