O SAMAIN
Ante o éxito que tivo o ano pasado a exposición de cabazas, con motivo do SAMAIN, este ano queremos repetila.
Na semana do 7 ao 11 de novembro, na biblioteca do colexio faremos a exposición de cabazas e libros terroríficos, referentes á festividade.
Entre o luns e o martes os nenos que o desexen, poden traer unha cabaza decorada ao seu gusto.
Estades todos invitados a visitar a exposición neste horario:
Mércores: de 10h. a 10'20h. e de 16'30h. a 16'45h.
Xoves: de 10h. a 10'20h.
O xoves a última hora cada neno poderá recoller a súa cabaza.