Saltar navegación.
Inicio

Magosto

SAMAÍN E MAGOSTO 2022

Xa chegou o Samaín e o magosto ao noso cole. 

Hoxe estivemos gozando dunha xornada marabillosa, aínda que o tempo non nos acompañou como nos gustaría. 

A continuación podedes ver o ben que o pasamos. 

 

(PREMA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO)

Mércores, sol, castañas e peóns

 Este curso gozamos dun San Martiño solleiro onde non faltaron os peóns e as castañas.

 

 

Fotografías

 

 

Magosto

Este ano fixemos unha celebración conxunta... que mellor idea que comer castañas mentres xogamos ao peón??? Aquí vos deixamos algúns dos bos momentos que pasamos!!! O MAGOSTO E O DÍA DO PEÓN INFANTIL

 

O MAGOSTO E O DÍA DO PEÓN INFANTIL on PhotoPeach

 

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN 1º ciclo on PhotoPeach

 

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN 2º e 3º ciclo on PhotoPeach

 

ENTREGA DE DIPLOMAS DO CAMPIONATO DE PEÓNS on PhotoPeach

Celebración do Magosto

Este venres 28 de outubro, se o tempo nolo permite, celebraremos o Magosto no noso cole.

A partir das 14:45 aproximadamente faremos distintos xogos onde as castañas dun xeito ou outro van a estar presentes. Os xogos serán distintos en función de cada ciclo e haberá que desmostrar habilidade e precisión en moitos deles. Algúns destes xogos serán: o xogo da rá, encestar a castaña, carreiras de castañas...

Para repoñer forzas despois do duro esforzo, cada neno/a encherá o seu cucurucho ou brick con castañas das que disfrutará ata encher ben a barriga.

En caso de choiva ou mal tempo, os xogos non se poderían levar a cabo de xeito que desfrutaríamos das castañas nas propias aulas.

Un saúdo e Feliz Magosto a todos/as!

 

Exitosa camapaña de recollida de castañas

Foi todo un éxito! a saída para recoller castañas por parte dos nenos e nenas de infantil durante o pasado xoves 21 de outubro deu abondosos froitos.

O traballo duro verase recompensado e este ano, se o tempo nos axuda, poderemos gozar dun bo magosto con unha morea de castañas.

 

 

 

Distribuir contido