Saltar navegación.
Inicio

3º Ciclo

Actividades e novas do interese do 3º Ciclo

CONCURSO ECOVOZ DE RADIO VOZ

Dende o CEIP Plurilingüe San Vicenzo de Vimianzo queremos felicitar aos nosos alumnos e alumnas de 6º de primaria pola súa gran participación no concurso de Radio Voz, EcoVoz, no que o obxetivo principal é formar aos alumnos/as para defender e coñecer a natureza.

Despois de pasar a primeira fase, nesta ocasión competían polo paso a semifinais con alumnado do CEIP Luis Seoane, de Mera - Oleiros. A participación foi moi reñida, quedando ás portas unicamente por un punto. 

Noraboa a Leila Andrade, Brais Lema, Zoe Pérez, Iker Rodríguez, María Oreiro e Daniel Cambeiro e á súa titora Loly Lema, quen se encargou de coordinar e preparar ao equipo. 

 

Para poder acceder ao programa preme no seguinte enlace: selecciona 30 de abril (a partir do minuto 28 ).

 

CONCURSO ECOVOZ ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Alumnos e alumnas de 6º de primaria do centro participaron onte, 23 de febreiro, na nova edición do concurso de EcoVoz, programa de Radio Voz patrocinado por Sogama, que trata de profundizar no uso sostible e racional dos recursos naturais, educando á poboación nos valores do respeto e compromiso coa protección do medioambiente para mellorar o noso benestar e calidade de vida. No concurso participa alumnado de 6º de primaria de distintos puntos de Galicia que compiten en coñecementos sobre medio ambiente

Os nosos alumnos e alumnas de 6º de primaria conseguiron superar a primeira fase do concurso.

Parabéns ao alumnado e á titora!

 

  • Preme no seguinte enlace para escoitalos no programa: Benvidos a Radiovoz ( venres 12 -  minuto 26)

   

RULETA DE PALABRAS - ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

O alumnado de 6º de primaria utilizou unha forma orixinal e motivadora de aprender e repasar os contidos de distintas materias.

Anímaste a ver canto sabes ti? Pincha nas imaxes e ponte a proba!!

 

           

 

 

           

 

 

DÍA DO LIBRO: A MAXIA DOS LIBROS- ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Con motivo da conmemoración do Día do Libro e para fomentar a lectura, os alumnos e alumnas de 6º de educación primaria queren continuar contándolles, dende as súas casas, relatos curtos aos nenos/as do centro. Para iso inventaron as súas historias sobre o COVID-19 a partir de títulos de libros da nosa biblioteca. Podedes ver o ben que o fixeron nos seguintes vídeos:

CHARLA EDUCATIVA SOBRE O USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

O día 21 de xaneiro tivemos no centro unha charla sobre "os riscos asociados ás novas tecnoloxías e o uso das redes sociais" para o alumnado de 5º e 6º de primaria, impartida pola Garda Civil.

 

ZERO ADICCIÓNS

O xoves 22 de novembro, os alumnos de 6º participaron nunha charla-obradoiro na que coñeceron os perigos das adiccións. Forma parte dun programa da Deputación, proposto ao centro polo Concello , trata de incidir no perigo que supoñen todo tipo de adiccións, xa non só alcohol, drogas ou outras substancias, senón tamén as novas adiccións aos xogos on line, ou ao uso abusivo do móbil, das redes sociais, da play ...que acaban converténdose en adicción.

Animamos ás familias a participar nas actividades propostas para elas a través do Concello.

Visita á policía nacional e á bolera

 

Excursión a Santiago de Compostela

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS 2014-2015

Novo éxito en campo a través de María Villaverde Ameijeiras. A alumna e atleta de 5º de primaria realizou unha impresionante carreira no campionato galego celebrado en Monterrei (Ourense) o pasado sábado 21 de febreiro, no cal acadou o 5º posto. Cunha climatoloxía perfecta para a práctica do atletismo e nun circuíto inmellorable para unha proba de campo a través, María  realizou unha carreira perfecta. A pesar de esvarar na saída, conseguíu recuperar posicións durante toda a proba. Foi de menos a máis, superando atletas nas dúas voltas que tiñan que dar ao circuíto. Ao final da primeira volta ocupaba a 8ª posición, posto que mantiña a falta de 300 metros, momento no cal realizou un magnífico cambio de ritmo co cal conseguíu colocarse na 5ª posición que mantivo ata a meta. Con este excelente resultado, María cerra unha tempada de campo a través que se pode calificar de impresionante, na cal acadou o campionato comarcal, o subcampionato intercomarcal e a medalla de bronce no campionato provincial. Neste mes de marzo, María comezará xunto con outros/as alumnos/as do Ceip San Vicenzo, a súa participación nos campionatos de atletismo en pista. NORABOA POLOS ÉXITOS CONSEGUIDOS, SORTE PARA AS SEGUINTES COMPETICIÓNS E A SEGUIR DISFRUTANDO FACENDO DEPORTE!.

 
 
 
 
Distribuir contido