3º Ciclo
A viaxe de fin de curso de 3º ciclo
Enviado por Administrador o Ven, 13/05/2011 - 10:02Se queredes estar ao tanto de todo o que acontece na excursión que realizaron os nosos compañeiros e compañeiras do 3º ciclo a Cantabria, podes ver as novidades no blogue do Rino Vicentino.
Xa temos nova mascota para o blog de educación física
Enviado por Administrador o Mar, 29/03/2011 - 16:45Despois de un longo e duro proceso de selección de entre todas as mascotas elaboradas por alumnos/as do noso centro... xa temos representantre oficial do noso blog de educación física!
Coa axuda das vosas votacións finalmente resultou gañador o "Rino Vicentino", un super-rinoceronte futbolista que dende agora pasa a dar nome ao noso blog e ademais figura na barra esquerda da nosa web. Dende agora xa podedes visitar o sitio de educación física facendo click directamente nel.
Posta en marcha con éxito das I Xornadas de Convivencia Escolar.
Enviado por Administrador o Ven, 25/02/2011 - 13:20Este Martes 22 tivo lugar a primeira sesión de ponencias das I Xornadas de Convivencia Escolar cun balance moi positivo. Por motivos técnicos foi necesario introducir no programa un cambio: Comezando pola temática dos "riscos de internet", polo que a vindeira semana terá lugar, no seu defecto, as charlas específicas sobre "acoso escolar.
As charlas impartidas por un Sarxento da Guardia Civil especializado en delitos telemáticos foron ben
"As charlas do pasado luns supuxeron a estrea do novo equipamento da aula de audivosuais" |
recibidas polos alumnos/as do 3º ciclo, quenes ademais demostraron saber e usar internet moito mais do que imaxinabamos.
A charla orientada a pais e nais, pola contra, contaron cunha discreta asistencia resultando igual de interesante e reveladora. Ademais diso confirmounos a necesidade e responsabilidade dos adultos de involucrarnos nestes novos medios para poder educar aos cativos/as e previlos dos seus males.
A CINCENTA
Enviado por Administrador o Lun, 07/02/2011 - 13:52O pasado 2 de febreiro o 3º ciclo do Ceip San Vicenzo viaxaron ata Santiago para poder disfrutar dunha obra musical de ópera no Auditorio de Galicia.A interpretación de Cincenta correu a cargo dunha compañía teatral catalana.Foi unha experiencia extraordinaria, porque era a 1º vez que disfrutabamos dunha ópera dentro do programa de concertos didácticos que se veñen de realizar todos os anos.O día rematou cunha partida de bolos no centro comercial a máis dunha merendola.Unha xornada moi ben aproveitada. ¡Así da gusto!
Os alumnos/as do 3º ciclo do CEIP SAN VICENZO visitan a Coruña
Enviado por Administrador o Ven, 17/12/2010 - 15:30Os alumnos do 3º ciclo do CEIP SAN VICENZO disfrutan hoxe dun día de lecer na Coruña, visitando a fermosa torre de Hércules (declarada patrimonio da humanidade) e tamén dunha sesión de patinaxe sobre xeo no Coliseum. O regreso terá lugar arredor das 4:30.FELIZ DÍA A TODOS/AS ! |
Obradoiro de Instrumentos Musicales
Enviado por Torralba o Lun, 15/06/2009 - 14:35Ollade!
Os compañeiros/as de 6º participaron nun obradoiro de instrumentos musicais. Estes son algúns dos resultados obtidos...e soan bastante ben!!!
EXCURSIÓN DOS ALUMNOS DE 6º Á RIBEIRA SACRA
Enviado por Administrador o Sáb, 13/06/2009 - 22:31CHARLA SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO PARA ALUMNOS DE 6º
Enviado por Administrador o Ven, 05/06/2009 - 22:58ANTE A INFLUENCIA TAN PREXUDICIAL QUE O CAMBIO CLIMÁTICO ESTÁ A TER PARA O NOSO PLANETA, ESTASE PROCURANDO QUE TODOS NOS CONCIENCIEMOS E INTENTEMOS CAMBIAR "ESTE CAMBIO".
UNIÓNS AGRARIAS ACHEGOUSE AO NOSO CENTRO PARA MANTER UN CONTACTO CON ALUMNOS DE 6º, DONDE LLE EXPLICARON SOBRE O IMPACTO DO CAMBIO CLIMÁTICA NA PRODUCCIÓN AGRÍCOLA E FORESTAL, DEBIDO A UN CALENTAMENTO GLOBAL DO PLANETA.
COMENTÁRONLLE ADEMÁIS EN QUE CONSISTÍA O EFECTO INVERNADOIRO E QUE TIPO DE GASES ESTABAN A PRODUCIR ESTE EFECTO, FALÁRONLLE SOBRE O DIÓXIDO DE CARBONO, NITRÓXENO, OSÍXENO ETC.
TODA ESTA CHARLA ESTIVO ACOMPAÑADA CON UNHA EXPOSICIÓN DE PANEIS DONDE SE MOSTRABAN ESTES IMPACTOS, E TAMÉN CON GRAN VARIEDADE DE GRÁFICAS.
OS ALUMNOS/AS ESTIVERON MOI ATENTOS E IMPRESIONADOS DA GRAVIDADE QUE PODE CHEGAR A TER ESTE CAMBIO SE NON LLE POÑEMOS REMEDIO XÁ.
fINALMENTE CONTESTARON A UNHA SERIE DE PREGUNTAS QUE AS PONENTES LLES FIXERON E PROMETERON QUE PARTICIPARÍAN NUN CONCURSO RELACIONADO CON TODO ESTO.
RESULTOU UNHA ACTIVIDADE MOI INTERESANTE.
Videoconferencia no Telecentro
Enviado por Administrador o Xov, 21/05/2009 - 13:03O pasado Venres 15 de Maio os compañeiros do 3º ciclo acudiron ao telecentro para realizar unha actividade moi interesante.
Mantiveron unha "videoconferencia" con alumnos do colexio de Abegondo.
A mais de 50 km de distancia, pero unidos por unha pantalla e unha conexión a internet, todos puidemos homenaxear a Ramón Piñeiro.
EXCURSIÓN DOS ALUMNOS 3º CICLO
Enviado por Administrador o Sáb, 11/04/2009 - 16:31
Ben, xa pasou o día 3 de abril e polo tanto tamén a excursión realizada polos alumnos/as do 3º ciclo á Zona do Grove, conseguindo os obxectivos programados con esta actividade extraescolar.
Comenzamos cunha viaxe en Catamarán pola ría de Arousa, sempre acompañados de guías ,que ademáis de disfrutar da paisaxe da ría, tamén se lles foi explicando a importancia das bateas de mexilóns, ostras e vieiras para a economía desta zona,unha das máis ricas de España en marisqueo. Rematada esta placenteira ruta pola ría, chega outra tan placenteira coma a anterior que é...COMER... todos/as o estabamos desexando, pois xa facía un tempo que os estómagos estaban dando alertas, pois ben comemos e disfrutamos ao aire libre, xa que ademáis o bo tempo nos acompañou.
Desprazámons hacia o Aquarium, tamén aquí contamos con guías dispostas a darlle aos rapaces/as. todo tipo de información sobre as diferentes especies de peixes que alí había, dende especies de pequeno tamaño ( lubinas, polbos, sargos...ata tartarugas, tiburóns, nutrias,e incluso unha foca) . Resultou unha actividade moi entretida e participativa onde respondían e facían todo tipo de preguntas ás guías.
De xeito totalmente particular penso, que se debería facer máis por modernizar este aquarium, xa que está nunha zona onde precisamente a variedade de especies non falta, sinceiramente pareceume un pouco anticuado nas súas instalacións.
Unha vez rematada esta actividade, dispoñémonos a subir ao autobús para realizar a última tarefa programada que foi:
O roteiro pola zona do complexo Ons- o Grove, cando chegamos xa nos estaban esperando dous guías, os cales recibiron aos rapaces con moita alegría e con gañas de que coñecesen esta zona protexida. Despois dun pequeno contacto comenzamos a camiñada de máis de 3km, onde a medida que iamos avanzando lles explicaban o tipo de flora que había, propia da zona litoral, ademáis da tan coñecida e tan perxudicial para a flora autóctona como é a unlla de gato,e ademáis dificil de extinguir.
En canto a fauna, poideron observar mediante prismáticos verdadeiras bandadas de mazaricos, ave tan típica deste litoral,de ahí a ruta dos mazaricos, así como algunha garza, gaivotas etc. Andando e andando chegamos ao final do roteiro, nova merendola. subida ao autobús e volta ao noso pobo.
E...chegamos a Vimianzo, cansos, moi cansos pero satisfeitos de pasar un día feliz.