Saltar navegación.
Inicio

Día das Letras Galegas

LETRAS GALEGAS 2020

Este ano o Día da Letras Galegas adícase ao escritor Ricardo Carvalho Calero:

 

  • O escritor, filólogo e lingüísta Ricardo Carvalho Calero naceu na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua... e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega. Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. Faleceu en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990.

Debido á situación que estamos a vivir, este ano non podemos levar a cabo a conmenoración no centro pero través do enlace Seminario Galán poden acceder a máis información e actividades que poden facer cos pequenos en familia mentras dure o cofinamento.

Vimianzo e Manuel Rivas

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o xoves 14 de maio na Casa da Cultura de Vimianzo tivemos a oportunidade de compartir con Manuel Rivas Barros o proxecto traballado ao longo deste curso sobre a súa vida e obra.

Dende a comunidade educativa do CEIP San Vicenzo queremos amosar o noso agradecemento pola súa presenza e a do alcalde Manuel Antelo Pazos.

Grazas polo voso agarimo.

 

  

 

 

Galería de vídeos e fotografías

 

 

OS NOSOS LIBROS, AS NOSAS LETRAS, A NOSA FALA

Para celebrar o DÍA DO LIBRO  (23 de abril) e o DÍA DAS LETRAS GALEGAS (17 de maio), no noso cole fixemos diferentes actividades.

  • Lectura/presentación de diferentes traballos sobre Rosalía.
  • Investigamos sobre distintos autores Galegos.
  • Apadriñamentos lectores.
  • Visita da escritora Fina Casalderrey.

DIA DAS LETRAS GALEGAS

O MÉRCORES 18 DE MAIO CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

ESTE ANO O AUTOR HOMENAXEADO FOI LOIS PEREIRO.


POLA MAÑÁ FOMOS Á CASA DA CULTURA ONDE OS NENOS  E NENAS DE 1º CICLO FIXERON UNHA LECTURA DE POEMAS DO AUTOR E OS DE 2º CICLO CONTÁRONNOS COUSAS DA SÚA VIDA.

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL CANTARON "VEN BAILAR CARMIÑA, CARMELA", E COMO REMATE TODOS XUNTOS CANTAMOS O HIMNO GALEGO.

COMO ERA FESTA AS COCIÑEIRAS PREPARARON UNHA COMIDA ESPECIAL, MOI TÍPICA DE GALICIA E AS SÚAS ROMERÍAS: EMPANADA E CHURRASCO.

POLA TARDE SEGUIMOS COA FESTA, PRIMEIRO CON XOGOS POPULARES NO PATIO E LOGO CON MÚSICA E BAILE TRADICIONAL. MOITAS GRAZAS Á ASOCIACIÓN TRUBISQUIÑA E Á ASOCIACIÓN DE PASARELA.

SE QUERES VER FOTOS DESE DÍA PINCHA AQUÍ, OU ENTRA NA GALERÍA.

o dia das letras galegas

No dia das letras galegas fomos a casa da cultura a celebrar ese dia tan especial.Este ano eleximos como autor deste dia tan especial a Lois Pereiro.Pasamolo moi ben so tuvemos 2 horas de clase por que as outras oras pasamolas xogando a xogos populares de Galicia e de outros moitos sitios e tamen fomos a casa da cultura a ver actuacions dos nenos pequenos uns cantaban outros bailaban e hasta alguns facian ambas cousas,foi un dia xenialGuay.

Teño que marchar hasta outra.Antes de marchar deixovos unha foto de Lois Pereiro para que vexades como era cando estaba vivo.

Power Point de Ramón Piñeiro

Achégase o día das letras galegas! Tedes este pequeno PWP para poder coñecer mais do autor homanxeado este ano.
 
 
RAMÓN PIÑEIRO (fai click)
Elaborado por
CPR La Merced (Sarria)
 
Distribuir contido