blogue deMJVILLAVERDE
VISITA DE MAMÁS EN 4º DE PRIMARIA
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 30/03/2023 - 14:35No día de hoxe,algunhas mamás de 4º B viñeron a clase a contarnos de que traballaban. Aprendemos moitísimo sobre a xestión de comedores, sobre o coidado de persoas e sobre os laboratorios nos que analizan as nosas analíticas.
É un placer contar con familias tan implicadas!!
OBRADOIROS SOBRE NUTRICIÓN PARA 4º DE PRIMARIA
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 30/03/2023 - 10:25O día 28 de marzo, o alumnado de 4º de primaria, participou no obradoiro impartido pola nutricionista do centro de saúde de Vimianzo sobre a importancia de manter unha alimentación saudable.
OBRADOIRO "A XERACIÓN DA IGUALDADE"- Asociación Visibles
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 24/03/2023 - 11:25Esta semana levamos a cabo obradoiros para o alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria da man de Olalla Trigo, coordinadora e tallerista do programa "A Xeración da Igualdade" da Asociación Visibles. O obradoiro-contacontos "A Comunidade Vagalume" gustoulle moito aos nosos pequechos e pequechas.
OBRADOIROS SOBRE NUTRICIÓN PARA 1º E 2º DE PRIMARIA
Enviado por MJVILLAVERDE o Mér, 22/03/2023 - 10:53O día 21 de marzo, o alumnado de 1º e 2º de primaria participou nun obradoiro para tratar a importancia de manter unha alimentación saudable. Este foi impartido pola nutricionista do centro de saúde de Vimianzo.
TRABALLAMOS COA PRENSA:NOTICIAS DA NOSA COMARCA
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 13/03/2023 - 18:45PADRIÑOS LECTORES: "O libro dos Porcos"
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 10/03/2023 - 11:10
Esta semana os nosos padriños lectores, Saray e Román, prepararon " O libro dos Porcos" para os máis pequenos. Un contiño para reflexionar sobre o importante que é a colaboración para ter unha vida mellor!
